Sebastián I de Portugal

político portugués

Sebastián I de Portugal, nado en Lisboa o 20 de xaneiro de 1554 e finado en Alcácer Quibir (Marrocos) o 4 de agosto de 1578, foi Rei de Portugal. Por mor de ser o herdeiro esperado para dar continuidade á dinastía de Avis, foi alcumado de "O Desexado" é tamén lembrado como "O Cuberto" ou "O Durmido", debido á lenda que se refire ao seu regreso do campo de Batalla de Alcácer Quibir nunha mañá de neboeiro, para salvar a nación.

Modelo:BiografíaSebastián I de Portugal

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de xaneiro de 1554 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Pazo da Ribeira, Portugal Editar o valor en Wikidata
Morte4 de agosto de 1578 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (24 anos)
Ksar El Kebir, Marrocos Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorto en combate Editar o valor en Wikidata
Monarca de Portugal
11 de xuño de 1557 – 4 de agosto de 1578
← Xoán III de PortugalHenrique I de Portugal →
Gran Mestre da Orde da Torre e Espada
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesO Desejado Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoBatalla de Alcazarquivir Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei de Portugal Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía de Avis Editar o valor en Wikidata
PaisJoão Manuel, Príncipe de Portugal Editar o valor en Wikidata  e Xoana de Habsburgo Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
nacemento póstumo Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of African Biography,
Obálky knih,
Dicionario Enciclopédico Granat Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Aviz-30 Find a Grave: 7643125 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Era neto de Xoán III, a quen sucedeu aos tres anos. Ata os 14 anos, o reino tivo como rexentes a Catarina de Austria e o seu tío avó Cardeal Henrique de Évora. Aos 14 anos, D. Sebastián asume o goberno. Soñaba con batallas, conquistas e a expansión da fe, profundamente convencido de que sería o capitán de Cristo nunha nova cruzada contra os musulmáns do Norte de África.

Na batalla de Alcácer-Quibir, o campo dos tres reis, os portugueses sufriron unha derrota nas mans do sultán Ahmed Mohamed de Fez e perderon unha boa parte do seu exército. En canto a Sebastián, probabelmente morreu na batalla ou foi morto despois desta rematar. Pero para o pobo portugués de entón o rei só desaparecera. Este desastre tería as peores consecuencias para o país, poñendo en perigo a súa independencia. O rescate dos superviventes agravou aínda máis as dificultades económicas do país.

Tornouse entón nunha lenda do gran patriota portugués - o rei dormente "(ou un Mesías) que ía regresar para axudar a Portugal nas súas horas máis sombrizas, unha imaxe semellante á que o Rei Artur ten en Inglaterra ou Frederico Barbarroxa en Alemaña.

Como morreu sen descendencia, sucedeulle o seu tío avó Cardeal Henrique de Évora.

Rei de Portugal

Segue a:
Xoán III de Portugal
Sebastián I de Portugal
Precede a:
Henrique I de Portugal
Dinastía de Avis-Bexa