Esciurinos
Esciurinos Sciurinae Rango fósil: finais do Eoceno - Actualidade | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Sciurus vulgaris | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Tribos e Xéneros | |||||||||||||||||
|
A dos esciurinos (Sciurinae) é unha das cinco subfamilias nas que se divide a familia dos esciúridos, mamíferos da orde dos roedores e suborde dos esciuromorfos.[1]
As especies desta subamilia denomínanse vulgarmente esquíos, incluíndo os chamados esquíos voadores.
Efectivamente, a este taxon pertencen os esquíos arbóreos —cuxo representante máis coñecido é o esquío vermello eurasiático— e os esquíos voadores. Debido a que, mediante o seu pataxio, os esquíos voadores poden voaren, nas antigas clasificacións situánanos nunha subfamilia distinta, mentres que os esquíos arbóreos clasificáronse xunto cos terrestres. As análises de ADN, porén, mostraron que os esquíos arbóreos e os terrestres son grupos parafiléticos, o que significa que inclúen especies derivadas dun antepasado común, pero non a todos os seus descendentes; pero, grazas a estudos xenéticos descubriuse que os esquíos voadores e os arbóreos forman un clado común.
As fontes antigas, en efecto, situaban aos esquíos voadores nunha subfamilia separada (Pteromynae), e a todos os demais en Sciurinae, pero isto foi rebatido grazas a modernos estudos xenéticos.[2]
Taxonomía
editarDescrición
editarA sufmalilia foi descrita en 1820 polo naturalista alemán Wilhelm Hemprich, nun traballo publicado en Adversaria zoologica: 408.[1]
Etimoloxía
editarO nome científico Sciurinae está formado, segundo a norma, pola unión dos elementos Sciur- e -inae.
O primeiro é a raíz do seu xénero tipo, Sciurus, e o segundo é o sufixo utilizado en zooloxía para formar os nomes das subfamilias dos animais.
Clasificación
editarA subfamilia subdivídese en cinco tribos, cos xéneros que se indican:[1]
Subfamilia Sciurinae
- Tribo Sciurini
- Tribo Pteromyini
- Tribo Xerini
- Tribo Protoxerini
- Tribo Marmotini
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Sciurinae Fischer de Waldheim, 1817 no MSW.
- ↑ Steppan, S. J. B. L. Storz & R. S. Hoffmann (2004): "Nuclear DNA phylogeny of the squirrels (Mammalia: Rodentia) and the evolution of arboreality from c-myc and RAG1". Molecular Phylogenetics and Evolution 30: 703-719.
Véxase tamén
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Esciurinos |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Esciurinos |
Bibliografía
editar- McKenna, M. C. & S. K. Bell (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-2311-1012-X.
- Nowak, R. M. editor (1991): Walker's Mammals of the World. Fifth Edition. Baltimore, Maryland: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-3970-X.
- Wilson, Don E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.