Saxicola torquatus

Saxicola torquatus

Macho adulto en Suráfrica
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Muscicapidae
Xénero: Saxicola
Especie: Saxicola torquatus
Subespecies

13-17 subespecies

Sinonimia
  • Muscicapa torquata Linnaeus, 1766
  • Pratincola pallidigula Reichenow, 1892
  • Saxicola axillaris (Shelley, 1884)
  • Saxicola torquata (lapsus)

Saxicola torquatus é unha especie de chasco da familia dos muscicápidos, que habita na África subsahariana e rexións adxacentes. Durante longo tempo estivera clasificado na familia dos túrdidos, con cuxos membros os chascos presentan evolución converxente. O seu nome científico significa "habitante das rochas con colar" (do latín saxum, 'rocha', incola, 'o que vive nun lugar' e torquatus, 'con colar'. A taxonomía desta especie pasou por varias vicisitudes e antes mesmo incluía poboacións europeas.

Macho adulto S. t. axillaris de Kenya

No pasado S. torquatus (sinónimo S. torquata, con erro no latín) adoitaba a referirse á superespecie completa do "chasco común" e algunhas fontes[2] aínda seguen considerándoo así, pero todas as evidencias dispoñibles actualmente apoian fortemente darlle un status de especie separada ás poboacións europeas antes incluídas (hoxe denominadas S. rubicola, ou chasco común en sentido estrito, que vive en Galicia) e ás poboacións da Eurasia temperada (S. maurus), así como ás poboacións canarias endémicas da illa de Fuerteventura (S. dacotiae) e as da illa de Réunion (S. tectes); estas dúas últimas nunca foran de forma inequívoca aceptadas como pertencentes ao antigo S. torquata. Tamén se considera diferente o chasco de Madagascar (S. sibilla). Ademais, as ben distinguibles poboacións das terras altas do corno de África poderían considerarse tamén unha especie separada.[3][4][5]


Sistemática e taxonomía

editar

En 1760 o zoólogo francés Mathurin Jacques Brisson incluíu unha descrición deste chasco africano na súa obra Ornithologie baseándose nun espécime recollido no cabo de Boa Esperanza en Suráfrica. Utilizou para el o nome francés gobe-mouche à collier du Cap de Bonne Espérance e en latín Muscicapa Torquata Capitis Bonae Spei.[6] Aínda que Brisson acuñou un nome en latín, este non estaba conforme coas normas da nomenclatura binomial e non é recoñecido pola Comisión Internacional da Nomenclatura Zoolóxica.[7] Cando en 1766 o naturalista sueco Carl Linnaeus actualizou o seu Systema Naturae sacando a duodécima edición, e engadiu 240 especies que foran descritas previamente por Brisson.[7] Unha delas era este chasco africano. Linnaeus incluíu unha breve descrición, acuñou o nome binomial, Muscicapa torquata, e citou os traballos de Brisson.[8] O nome específico procede do latín torquatus, 'con colar'.[9] Esta especie está agora situada no xénero Saxicola, que foi introducido polo naturalista alemán Johann Matthäus Bechstein en 1802.[10]

Os parentes máis próximos desta especie aparentemente non son as poboacións de Eurasia, senón o chasco da illa Réunion (S. tectes), pero aínda así o Saxicola "de colar branco" forma un grupo distinto no xénero. S. torquatus e S. tectes forman unha liñaxe subsahariana que diverxeu da eurasiática no Plioceno tardío, aproximadamente hai uns 2,5 millóns de anos. A illa de Réunion foi colonizada por estas aves pouco despois, indicando unha rápida expansión ao longo das costas africanas do océano Índico. Cando se secou o Sáhara na subseguinte glaciación cuaternaria, as poboacións de África e Eurasia quedaron illadas para sempre.[5]

A separación recente como especie foi proposta despois de facer análises das secuencias do citocromo b do ADNmt e da pegada xenética do microsatélite do ADN nuclear de espécimes da subespecie Saxicola torquatus axillaris mais non da S. t. torquatus, e, por tanto, esta especie foi durante un breve tempo coñecida como S. axillaris.[5]

Subespecies

editar

Hai 13 subespecies recoñecidas.[11] Difiren lixeiramente en tamaño, e máis na extrensión da cor laranxa-vermella no peito sperior dos machos, e en se o peito inferior é branco cun límite nítido co peito superior ou se é laranxa claro sen un límite nítido co peito superior escuro. A extensión de laranxa-vermello tamén varía coa época do ano, e esténdese a miúdo ao ventre fóra da estación reprodutora.[12]

Peito superior negro, non laranxa-vermello.[13]
  • S. t. jebelmarrae Lynes, 1920 – do leste do Chad e oeste do Sudán.
  • S. t. moptanus Bates, 1932 – o Senegal e sur de Malí.
É a subespecie menor.
Ampla zona laranxa-vermella no peito e tamén nos flancos.
Área moi limitada laranxa-vermella só na parte máis superior do peito.
  • S. t. salax (Verreaux, J & Verreaux, E, 1851) – no leste de Nixeria ao noroeste de Angola, illa de Bioko.
  • S. t. stonei Bowen, 1931 – do leste e sur de Angola ao suroeste de Tanzania e ao sur ata ao norte de Suráfrica e Botswana.
  • S. t. clanceyi Courtenay-Latimer, 1961 – costas occidentais de Suráfrica.
  • S. t. torquatus (Linnaeus, 1766) – Sur de África central.
  • S. t. oreobates Clancey, 1956 – Lesotho.
  • S. t. voeltzkowi Grote, 1926 – Gran Comora.

Descrición

editar

Os machos teñen a cabeza negra, un medio colar branco, un dorso negro, unha mitra branca, e unha cola negra; as ás son negras con grandes manchas brancas na parte superior da á interna. O peito superior é xeralmente laranxa escuro-vermello, cunha transición nítida ou gradual ao branco ou laranxa claro no peito inferior e ventre, dependendo da subespecie. Nalgúns, o negro substitúe ao laranxa nas plumas do peito en parte ou completamente.[12]

As femias teñen cor marrón en vez de negra na parte superior e na cabeza cunha pouco visible liña superciliar clara, é castaño-beixe en vez de laranxa, e con menos branco nas ás que os machos. A plumaxe de ambos os sexos é algo máis clara e con liñas fóra da estación reprodutora.[12]

Distribución e hábitat

editar

Vive en África e Arabia. Ten unha distribución moi espallada por gran parte da África subsahariana, aparecendo loclmente polo norte ata o Senegal e Etiopía. Poboacións periféricas encóntranse nas montañas do soroeste da península Arábiga e en Madagascar e a Gran Comora. Non é unha ave migratoria e só se move localmente como moito. Como resultado, desenvolveu moitas variacións rexionais, polo que foi dividida en varias subespecies.[12]

  1. "Saxicola torquatus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 November 2013. 
  2. E.g. BLI (2008)
  3. Wittmann et al. (1995), Urquhart & Bowley (2002)
  4. Woog, F.; Wink, M.; Rastegar-Pouyani, E.; Gonzalez, J.; Helm, B. (2008). "Distinct taxonomic position of the Madagascar stonechat (Saxicola torquatus sibilla) revealed by nucleotide sequences of mitochondrial DNA". Journal of Ornithology 149: 423–430. doi:10.1007/s10336-008-0290-1. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Wink, M.; Sauer-Gürth, H.; Gwinner, E. (2002). "Evolutionary relationships of stonechats and related species inferred from mitochondrial-DNA sequences and genomic fingerprinting" (PDF). British Birds 95: 349–355. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de xuño de 2022. Consultado o 28 de novembro de 2018. 
  6. Brisson, Mathurin Jacques (1760). Ornithologie, ou, Méthode contenant la division des oiseaux en ordres, sections, genres, especes & leurs variétés (en French e Latin). Volume 3. Paris: Jean-Baptiste Bauche. pp. 379–380, Plate 36 fig 4.  Brisson baseou a súa descrición no exame dun espécime.
  7. 7,0 7,1 Allen, J.A. (1910). "Collation of Brisson's genera of birds with those of Linnaeus". Bulletin of the American Museum of Natural History 28: 317–335. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2012. Consultado o 28 de novembro de 2018. 
  8. Linnaeus, Carl (1766). Systema naturae : per regna tria natura, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis (en Latin). Volume 1, Part 1 (12th ed.). Holmiae (Stockholm): Laurentii Salvii. p. 328. 
  9. Jobling, J.A. (2018). del Hoyo, J.; Elliott, A.; Sargatal, J.; Christie, D.A.; de Juana, E., eds. "Key to Scientific Names in Ornithology". Handbook of the Birds of the World Alive. Lynx Edicions. Consultado o 10 May 2018. 
  10. Bechstein, Johann Matthäus (1802). Ornithologisches Taschenbuch von und für Deutschland, oder, Kurze Beschreibung aller Vögel Deutschlands für Liebhaber dieses Theils der Naturgeschichte (en German). Leipzig: Carl Friedrich Enoch Richter. p. 216. 
  11. Gill, Frank; Donsker, David, eds. (2018). "Chats, Old World flycatchers". World Bird List Version 8.1. International Ornithologists' Union. Consultado o 10 May 2018. 
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 Urquhart & Bowley (2002)
  13. Clement & Rose 2015, pp. 122-123, 484.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar
  • Wittmann, U., Heidrich, P., Wink, M. & Gwinner, E.(1995) Artigo sobre Saxicola torquatus (en inglés)