Fagundo e Primitivo
San Fagundo[1] e San Primitivo viviron durante o século IV, na Gallaecia asturicense.[1] Eran fillos do centurión san Marcelo e irmáns xemelgos.[1] Os tres foron mártires durante os tempos do emperador romano Marco Aurelio.[1] Adoitan considerarse uns dos santos máis antigos do culto hispánico.[1] Do nome de San Fagundo deriva o nome da vila leonesa de Sahagún.[1]
Biografía | |
---|---|
Grupo | dupla (pt) |
Fagundo (León, século III - Sahagún, 27 de novembro de 304) Primitivo (León, século III - Sahagún, 27 de novembro de 304) | |
Nacemento | Século IV Gallaecia |
Morte | Século IV Sahagún, León |
Relixión | Cristianismo |
Día de festividade relixiosa | 27 de novembro |
Historia
editarOs datos históricos sobre estes mártires son confusos debido a que supostamente viviron entre os séculos III e IV. Crese que san Marcelo e santa Nonia eran os pais destes dous irmáns que viviron nos arredores do río Cea, situado na actual provincia de León.
Os testemuños conservados sobre a data do seu martirio difiren, dado que O Breviario de Sahagún dita que os feitos sucederon durante o reinado de Marco Aurelio entre os anos 161 e 180, cando Ático era cónsul en Hispania. Con todo un pergamiño do século XI sitúa o martirio no século III sendo cónsules en Hispania, Ático e Pretextato.[2]
Todos os testemuños recolleitos sobre o seu martirio concordan en que un día, o cónsul Ático, da gornición romana de Cea, mandou publicar un edicto polo cal todos os moradores daquelas comarcas debían ofrecer sacrificio a un famoso ídolo romano. Ao negarse os dous irmáns, dicindo que profesaban a relixión de Xesucristo, foron encarcerados. Os seus corpos foron guindados ao río. Enterráronos no mesmo lugar en que os atoparon e nel, máis tarde, haberían de edificarse o Mosteiro de san Fagundo e Primitivo, pertencente á Orde dos Bieitos, e a vila de Sahagún. Segundo a primeira Crónica anónima de Sahagún hai dous feitos haxiográficos. O primeiro é o martirio dos santos, e o segundo móstranos a liberación dun prisioneiro, por parte de Fagundo, nos tempos difíciles que seguiron a morte de Afonso VI.
Dende 1835, coa Desamortización, as súas reliquias pasaron a seren custodiadas na Igrexa de San Xoán de Sahagún, na citada vila, e tamén en Ourense.[3][4]
Galería de imaxes
editar-
Igrexa de San Fagundo de Cea
-
Igrexa de San Fagundo de Busto, Lalín
-
Igrexa de San Fagundo e San Primitivo, en Cisneros
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-11-03.
- ↑ Cuenca Coloma, Juan Manuel (1993). Sahagún: monasterio y villa, 1085-1985. Estudio Agustiniano.
- ↑ "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-11-04.
- ↑ Ríos Rodríguez (2001), p. 269 (citado na nota 44).
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Ríos Rodríguez, María Luz (2001). "Capillas y capellanías en la ciudad de Ourense según el memorial-tumbo de 1849". En Balboa López, Xesús; Pernas Oroza, Herminia. Entre nós: estudios de arte, xeografía e historia en homenaxe ó profesor Xosé Manuel Pose Antelo. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións e Interecambio científico da Universidade. ISBN 84-8121-969-X.