Santa Marta de Tormes
Santa Marta de Tormes é un municipio na provincia de Salamanca, na Comunidade Autónoma de Castela e León, España. Está a unha distancia de 3 km de Salamanca, a capital provincial.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Castela e León | ||||
Provincia | provincia de Salamanca | ||||
Capital | Santa Marta de Tormes | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 14.683 (2023) (1.471,24 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 9,98 km² | ||||
Altitude | 779 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Javier Cascante Roy (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 37900 e 37194 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 37294 | ||||
Sitio web | santamartadetormes.es |
Xeografía
editarO termo municipal ocupa unha superficie de 10,01 km², situado ao sur do río Tormes. Limita ao norte con Salamanca e Cabrerizos, separado de ambas polo río Tormes que establece a división. Ao oeste, limita con Carbajosa de la Sagrada, e ao sur e ao leste con Pelabravo. O municipio está dividido pola autovía da estrada N-501, que comunica Salamanca con Madrid. Esta estrada de circunvalación separa o núcleo urbano da cidade de Santa Marta de Tormes do núcleo de urbanizacións de vivendas unifamiliares, a maior das cales é Valdelagua, á que se engadiron varias urbanizacións residenciais máis. Ademais, tamén se pode acceder ao municipio desde o sur pola estrada C-510, se se fai desde pobos como Alba de Tormes ou Piedrahíta. A altitude media do municipio é de 784 m sobre o nivel do mar.