Sant Climent de Llobregat
Sant Climent de Llobregat é un municipio da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca do Baix Llobregat. Limita ao norte con Torrelles de Llobregat e Santa Coloma de Cervelló, ao leste con Sant Boi de Llobregat, ao sur con Gavà e Viladecans, e ao oeste con Begues.
Epónimo | Clemente I | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | provincia de Barcelona | ||||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | ||||
Comarca | Baix Llobregat | ||||
Capital | Sant Climent de Llobregat (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.190 (2023) (387,96 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 20 (1553) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 10,8 km² | ||||
Altitude | 87 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Isidre Sierra i Fusté (en) (2023–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 08849 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 08204 | ||||
Código territorial IDESCAT | 082042 | ||||
Sitio web | santclimentdellobregat.cat | ||||
Trátase dunha vila milenaria, que xa aparece en documentos do ano 970. Destaca a súa igrexa do século X, aínda que reformada en varias ocasións, a última no século XVIII, que conserva o único campanario románico da comarca. Tamén o Museo de Eines del Pagès, con diferentes ferramentas de traballo tradicionais do mundo rural. A actividade máis destacable é o cultivo de cerdeiras, apreciadas pola súa calidade. Na primeira fin de semana de xuño celébrase a "Festa de les Cireres".
Tiña en 2017 unha poboación de 4.038 habitantes.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sant Climent de Llobregat |