San Pedro del Pinatar
San Pedro del Pinatar é un municipio da Rexión de Murcia, en España, pertencente á comarca do Mar Menor.
Epónimo | Pedro | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Rexión de Murcia | ||||
Capital | San Pedro del Pinatar (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 27.691 (2023) (1.240,64 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 22,32 km² | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
Altitude | 13 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Pedro | ||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | María Visitación Martinez Martinez (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 30740 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 30036 | ||||
Sitio web | ayto.sanpedrodelpinatar.es | ||||
Ao atoparse nas ribeiras do mar Mediterráneo e do mar Menor dispón de grande atractivo turístico e ecolóxico. Ao norte do municipio atópase o parque natural das Salinas e Areais de San Pedro del Pinatar.[1] Nun raio de menos de 50 km pódense atopar tres núcleos urbanos de máis de cen mil habitantes: Torrevieja, Cartagena e Murcia.
Características
editarA pesar de ser un municipio relativamente pequeno a súa situación estratéxica na costa e as súas calidades ambientais orixinaron un crecemento moi rápido da poboación e un aumento da actividade comercial e económica. Ao mesmo tempo produciuse unha gran presión urbanística que minimizou o chan dedicado ás tarefas agrícolas.[2]. Dese modo, a pesca e a explotación das salinas deixaron de ser as súas actividades económicas case exclusivas.
As actividades relacionadas co lecer ocupan un destacado papel. O seu clima adecuado para actividades ao aire libre, as súas oito praias, tres portos deportivos, instalacións de talasoterapia, itinerarios ecolóxicos, zona de copas en la Curva de Lo Pagán etc, proporcionan unha oferta diversificada na zona; aínda que existen conflitos de intereses.[3]. As festas tradicionais realízanse no verán, o que fai que poidan participar moitas persoas que veranean na zona.
Notas
editar- ↑ "Plan de ordenación dos recursos naturais" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de decembro de 2004. Consultado o 13 de xuño de 2009.
- ↑ Problemas no litoral murciano
- ↑ Construcións ilegais na Curva