Convento de San Paio de Antealtares
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2016.) |
San Paio de Antealtares é un convento do século IX de monxas beneditinas de clausura. Está situado no casco vello de Santiago de Compostela, fronte á cabeceira da catedral de Santiago de Compostela, pechando a praza da Quintana.
Convento de San Paio de Antealtares | |
---|---|
Fachada que dá á Praza da Quintana. | |
Datos xerais | |
País | España |
Rexión | Galicia |
Tipo | Convento bieito de monxas de clausura |
Advocación | San Paio |
Localización | Santiago de Compostela |
Coordenadas | 42°52′50″N 8°32′35″O / 42.88055556, -8.54305556 |
Culto | |
Diocese | Diocese de Santiago de Compostela |
Arquitectura | |
Construción | orixe: século IX, actual: 1793 |
Arquitectos | Frei Gabriel de Casas (igrexa), Melchor de Velasco, Mateo López, Jácome Fernández Fillo, Bartolomé Fernández Lechuga, Lucas Ferro Caaveiro, Francisco de Lens, Fernando de Casas Novoa. |
Estilo | Barroco, neoclasicismo |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarMosteiro primitivo
editarO primeiro mosteiro foi fundado por volta do 830 por Afonso II o Casto e ocupárono unha ducia de monxes bieitos comunidade que tiña como misión atender e manter o culto ás reliquias do apóstolo Santiago o Maior. A esta primeira comunidade entregou o rei un pequeno couto que pouco despois ampliou ata chegar ás 3 millas desde a igrexa de Santiago. Levantouse o mosteiro ao leste do mausoleo romano onde se atoparon os restos apostólicos, en fronte da súa porta de acceso, o que fixo que o mosteiro recibise a denominación de Antealtares. Ningún vestixio ten chegado ata os nosos días daquela primeira construción xa que desde o século IX ao XI estivo contiguo ao testeiro da igrexa de Santiago, no lugar que ocupou a cabeceira do templo románico da catedral que substituíu a antiga igrexa.
En 1077, o abade Faxildo e o bispo Diego Páez chegaron, na Concordia de Antealtares, a un acordo sobre q nova localización do mosteiro, que se situaba diante dos tres altares, na honra do Salvador, de San Pedro e de San Xoán. Neste mosteiro disque compuxo o bispo San Pedro de Mezonzo o himno "Salve Regina". Nos anos de decadencia, os monxes bieitos abandonárono case en ruínas (derrubouse en 1256) e instaláronse en San Martiño Pinario.
O Estudio de Gramática
editarO 4 de setembro de 1495 outorgáronse as escrituras de doazón de tódalas dependencias do mosteiro agás a igrexa para que Lopo Gómez de Marzoa funde nel un colexio para estudantes pobres, o coñecido como Estudio de Gramática, xermolo da Universidade de Santiago de Compostela.
En 1499 foi ocupado por unha comunidade de monxas bieitas de clausura, que nel permanece até hoxe.
Descrición
editarA igrexa
editarA construción da igrexa, encetada en 1700, durou nove anos e iniciouna frei Gabriel de Casas, no ano 1699, coa demolición da anterior igrexa. En 1703 a comunidade beneditina retirou a súa confianza o arquitecto (pola lentitude das obras) e foi Pedro García quen continuou as obras, seguindo as trazas xa iniciadas. O novo templo inaugurarase solemnemente no ano 1707.
A fachada é sinxela pero monumental e mostra a San Paio mártir. A planta é de cruz grega e está recuberta con bóvedas de canón con casetóns. A cúpula elévase sobre pendentes moi decorados e remata nunha lanterna que ilumina o interior.
Imaxinería
editarO retablo maior é obra de Francisco Castro Canseco (1714) e nel aparecen tres santos, San Bieito, San Plácido e San Mauro e tres santas, Santa Escolástica, Santa Xertrude e Santa Francisca Romana, conducindo a imaxe de San Paio, arrodeado por Santiago e San Fernando montados a cabalo (inspirados no baldaquino catedralicio). O conxunto complétase cunha Asunción da Virxe, acompañada polos apóstolos Pedro e Paulo. O órgano, construído en 1782 polo mestre Alberto de la Peña, foi restaurado recentemente.
Convento actual
editarDo mosteiro primitivo só se conservan uns capiteis e unha ara de mármore branco. O actual comezouse a construír no século XVI e rematouse só en 1793. A renovación comezouse no ano 1600. Encargóuselle a Mateo López a traza da zona occidental, cara á praza da Quintana e construíuse un lenzo monumental e austero. No 1641 Jácome Fernández Fillo rematou parte deste lado trazado por Bartolomé Fernández Lechuga. Entre 1653 e 1657 construíuse un pasadizo que enlaza esta parte coa igrexa.
A fachada que dá á praza da Quintana, é sobria e utiliza exclusivamente liñas rectas. A súa monumentalidade provocou os celos do arcebispado e foi a principal causa da remodelación da cabeceira románica da Catedral, obra que deu como resultado o aspecto que posúe actualmente.
A fachada que dá á Vía Sacra, obra de Melchor de Velasco comezada cara ao ano 1658, presenta unha portada, a Portería, enmarcada nun arco de medio punto baixo un friso de tríglifos e métopas entre dúas xigantes columnas dóricas. Na parte superior sitúase un frontón curvo partido cun escudo imperial. Todo iso realizado en claro estilo clasicista.
A partir de 1744 construirase o espazo ao longo da Vía Sacra que vai desde a portería ata a chamada Porta dos Carros, no que destaca o conxunto de chemineas que rematan o edificio e a estrutura da Porta dos Carros. Esta é froito de dúas etapas e trazas ben distintas; a primeira relacionada con Fernando de Casas Novoa, e unha segunda, na que a partir de 1749 Lucas Ferro Caaveiro aumentaralle a altura cun miradoiro sobre a balaustrada.
A porta presenta unha escena da Fuxida a Exipto relacionada co facer de Francisco de Lens.
Situación actual
editarNa actualidade atópase en bo estado de conservación.
Desde a igrexa pódese acceder ao Museo de Arte Sacra de Antealtares, inaugurado en 1873 e que ofrece unha colección de obxectos litúrxicos.
Ademais, hoxe en día pódense mercar nel doces elaborados polas monxas que o habitan.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Monasterio de San Paio de Antealtares, 24 de junio-31 de diciembre 1999 (catálogo de exposición) (en castelán). Xunta, Consellería de Cultura. 1999. ISBN 84-453-2448-9.
- Castillo, Ángel del (1987) [1972]. Inventario monumental y artístico de Galicia. A Coruña: Fundación Barrié. p. 552. ISBN 84-85728-62-9.Castillo&rft.btitle=Inventario monumental y art�stico de Galicia&rft.date=1987&rft.genre=book&rft.isbn=84-85728-62-9&rft.pages=552&rft.place=A Coruña&rft.pub=Fundación Barrié&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Convento de San Paio de Antealtares |