Capela de San Miguel de Celanova
A Capela de San Miguel de Celanova é unha construción prerrománica de estilo mozárabe, ou de repoboación,[1] a carón do mosteiro de San Salvador de Celanova. Foi declarada Monumento Nacional en 1923.[2]
Capela de San Miguel de Celanova | |
---|---|
Capela de San Miguel de Celanova | |
Datos xerais | |
País | Galicia |
Tipo | Igrexa |
Advocación | San Miguel |
Localización | Celanova |
Coordenadas | 42°09′08″N 7°57′23″O / 42.152352, -7.956489 |
Catalogación | Monumento Nacional |
Culto | |
Culto | Igrexa católica |
Diocese | Ourense |
Arquitectura | |
Construción | 937-942 (Antigo Reino de Galiza ) |
Fundador | San Rosendo |
Estilo | Mozárabe, Arte de repoboación |
[ editar datos en Wikidata ] |
Descrición
editarDa época da fundación do mosteiro só resta, na horta, esta pequena capela prerrománica de influencia mozárabe consagrada a San Miguel (coñecida como Capela de San Miguel), única no seu estilo en Galicia. Foi construída entre os anos 937[3] e 942[4] e ergueuna San Rosendo como santuario-oratorio e hospedería para peregrinos[5] dedicado ao seu irmán o conde Froilán Gutiérrez, creador do mosteiro de San Salvador, nas proximidades.
O material é perpiaño granítico[3] de gran calidade.
O templo consta de tres espazos que están delimitados por arcos de ferradura: a nave ou vestíbulo, o espazo central e a ábsida. O primeiro, presenta unha entrada lateral e sobre o lintel aparece unha inscrición en latín, na que se menciona ao conde Froilán. Está cuberta, interiormente, por unha bóveda de canón e o seu muro refórzase con contrafortes e, exteriormente, está cuberto por un tellado a dúas augas. Tamén contén unha pequena fiestra cun arco de ferradura.
Inscrición no lintel | Placa conmemorativa coa tradución |
---|---|
† Auctor huius operis tu Deus esse crederis: dele pe-
cata omnibus te Christe pie orantibus: instat præseis memoria indigno famulo Froila: que obtat et in Domino te coniurat o bone dilecte qui legis ut me pec- catore memoria habeas sacra et oratione |
Ti, oh Deus, autor desta obra es crido
Ti, oh Cristo, borra os pecados dos que rezan: O presente recordo recomenda a Froila, o teu indigno servo quen desexa e no señor vos conxura, oh ben amado, que les isto para que te lembres de min, pecador, na sagrada oración . |
O corpo central, ou cruceiro, tamén leva contrafortes no muro exterior, tellado a catro augas que se apoia sobre unha cornixa decorada con modillóns ou canzorros de rolos con baixorrelevos nos que alternan espirais e rosetas de seis pétalos, semellantes aos de Santiago de Peñalba (León)[6]. Interiormente, garda unha bóveda de arestas que se apoia sobre arcos de ferradura que caen sobre canzorros lobulados.
A ábsida está cuberta por un tellado a dúas augas e a menor altura có primeiro corpo. Interiormente ten unha planta case circular, moi pequena, de 1’35 m. de diámetro, separada do resto da construción por un arco de ferradura enmarcado por un alfiz, e está cuberto por unha cúpula galonada.[6]
A orientación, cara ao leste, está pensada para que o sol nacente atravese, nos equinocios, as fiestras do corpo central.[7]
Medidas euclidianas
editarSegundo o investigador da Universidade de Vigo Roberto Vázquez Rozas a capela foi construída segundo as proporcións matemáticas de Euclides[8]. O módulo central ten 3,836 metros de longo, o duplo da lonxitude do rectángulo da ábsida (1,915 m x 2,31 de ancho). Estas proporcións están relacionadas coas medidas árabes, que posiblemente determinaron o tamaño da edificación. Así, na capela aparece a relación de proporción de 6, 9 e 12 pés árabes na ábsida, a nave e o espazo cadrado central. Isto responde aos principios da sección áurea expostos por Euclides cara ao século III a. C.
Galería de imaxes
editar-
Planta
-
Vista exterior
-
Arco de ferradura e alfiz
-
Modillóns ou canzorros interiores.
-
Ábsida
-
Modillóns ou canzorros exteriores con espirais alternando con rosetas de 6 pétalos.
-
Detalle das xaneliñas
Notas
editar- ↑ Freire Fernandez, Rubén - Carlos. "Celanova". revistaiberica.com. Consultado o 20-7-2019.
- ↑ "Celanova". revistaiberica.com. Consultado o 17-12-2017.
- ↑ 3,0 3,1 "Guía monumental (arte e historia) de Celanova, Orense". arteguias.com. Consultado o 18-12-2017.
- ↑ "San Miguel de Celanova". udc.es. Consultado o 18-12-2017.[Ligazón morta]
- ↑ "Capilla de San Miguel de Celanova". artehistoria.com. Arquivado dende o orixinal o 06-09-2017. Consultado o 18-12-2017.
- ↑ 6,0 6,1 "San Miguel de Celanova". arquivoltas.com. Consultado o 18-12-2017.
- ↑ Rodríguez, Maite (20-03-2014). "El espectáculo del equinoccio de primavera desde la capilla mozárabe de San Miguel de Celanova". lavozdegalicia.es. Consultado o 18-12-2017.
- ↑ "Descobren que a capela de Celanova segue a xeometría de Euclides", La Voz de Galicia, 3 de agosto de 2009.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Capela de San Miguel de Celanova |
Bibliografía
editar- Barral Rivadulla, Mª Dolores (2009)."Diálogos artísticos en el siglo X. La imagen arquitectónica de San Miguel de Celanova" en Cuadernos de Estudios Gallegos, vol. 56, nº 122, pp. 93–111. ISSN 0210-847X.
- Castillo, Ángel del (1987) [1972]. "cap. 152". Inventario Monumental y Artístico de Galicia (2ª ed.). A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza. p. 121. ISBN 84-85728-62-9.Castillo&rft.btitle=Inventario Monumental y Art�stico de Galicia&rft.date=1987&rft.edition=2�&rft.genre=bookitem&rft.isbn=84-85728-62-9&rft.pages=121&rft.place=A Coruña&rft.pub=Fundación Pedro Barrié de la Maza&rft_id=http://www.fundacionbarrie.org/publicacions-detalle?576&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- Cobreros Aguirre, Jaime (2005). Guía del Prerrománico en España. Madrid. ISBN 84-9776-215-0.Cobreros Aguirre&rft.btitle=Gu�a del Prerrománico en España&rft.date=2005&rft.genre=book&rft.isbn=84-9776-215-0&rft.place=Madrid&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- Vázquez Rozas, Roberto (2008). "Análisis constructivo de S. Miguel de Celanova: identificación de dos maestros de obras"Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine.. Minius nº 16. pp. 293-306. Universidade de Vigo.
- Villa-amil y Castro, José (1904 -facsímile: 2005-). Iglesias gallegas de la Edad Media (en castelán). Madrid: Imprenta de San Francisco de Sales (facsímile: Ed. Órbigo, A Coruña). pp. 1–7. ISBN 84-934081-5-8.Villa-amil y Castro&rft.btitle=Iglesias gallegas de la Edad Media&rft.genre=book&rft.isbn=84-934081-5-8&rft.pages=1-7&rft.place=Madrid&rft.pub=Imprenta de San Francisco de Sales (facs�mile: Ed. Órbigo, A Coruña)&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Capela de San Miguel en Turismo.gal. Xunta de Galicia.