Samuel de Champlain
Samuel de Champlain, nado en Brouage, Charente-Maritime, entre 1567 e 1580, e finado na rexión canadense do Quebec, o 25 de decembro de 1635, foi un navegante, cartógrafo, debuxante, militar, explorador, xeógrafo, etnógrafo, diplomático e cronista francés que fundou a cidade de Quebec o 3 de xullo de 1608 e está considerado o "pai da Nova Francia".[1]
(1613) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 13 de agosto de 1567 Hiers-Brouage, Francia |
Morte | 25 de decembro de 1635 (68 anos) Quebec, Canadá |
Causa da morte | ictus |
Lugar de sepultura | Quebec |
Governor of New France (en) | |
1 de marzo de 1633 – 25 de decembro de 1635 ← Émery de Caen (en) – Marc-Antoine Bras-De-Fer de Chateaufort (pt) → Nomeado por: Lois XIII de Francia | |
Governor of New France (en) | |
agosto de 1626 – 22 de xullo de 1629 ← Émery de Caen (en) – Lewis Kirke (en) → Nomeado por: Lois XIII de Francia | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | explorador, político, diplomático, militar, xeógrafo, soldado |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Hélène Boullé |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Obálky knih, The Nuttall Encyclopædia >>>:Champlain, Samuel de |
Nado nunha familia de mestres mariñeiros, Champlain, sendo aínda novo, participou na exploración de Norteamérica en 1603 baixo a dirección de François Gravé du Pont (1560 - ca. 1629) e ao servizo do gobernador de Dieppe, que tiña nese momento o monopolio para explotar a incipiente industria de peles en Nova Francia.[2][3] No período 1604-1607, Champlain participou na exploración e colonización de Acadia (hoxe Nova Escocia) e logo, en 1608, estableceu a colonia francesa que agora é a cidade de Quebec.[4] Champlain foi o primeiro europeo que explorou e describiu a rexión dos Grandes Lagos e publicou mapas das súas viaxes e as cousas que aprendeu dos indíxenas e dos franceses que vivían entre os nativos. Estableceu relacións coas tribos innu locais, e máis tarde con outros máis ao oeste, na rexión do río Ottawa, o lago Nipissing e a baía Georgian), e acordou brindarlles apoio nas súas guerras contra os iroqueses.
En 1620, Lois XIII de Francia encomendoulle a Champlain pór fin á exploración e regresar a Quebec e dedicarse á administración do país.[5] Malia carecer do título formal, por non pertencer á nobreza, Samuel de Champlain serviu como gobernador de Nova Francia.[6] Estableceu ligazóns comerciais froito das cales se enviaron mercadorías, principalmente pel, a Francia, e supervisou o crecemento de Nova Francia no val do río San Lourenzo ata a súa morte en 1635.
Champlain lémbrase como "Pai da Nova Francia" e na súa lembranza erguéronse moitos monumentos e bautizáronse numerosos lugares, rúas e infraestruturas no nordés de América do Norte. O máis notable deles é o lago Champlain, situado na fronteira entre os Estados Unidos e o Canadá. En 1609 dirixiu unha expedición augas arriba polo río Richelieu e explorou un lago longo e estreito situado entre as Montañas Verdes, no actual Vermont, e as Adirondack, no actual estado de Nova York. Déuselle o seu nome ao lago por ser o primeiro europeo en cartografalo e describilo.
Traxectoria
editarPrimeiros anos
editarÉ moi probable que Samuel Champlain nacese na cidade portuaria de Brouage, preto de Rochefort na antiga provincia de Saintonge, fillo de Antoine Champlain (tamén escrito Anthoine Chappelain nalgúns rexistros) e de Marguerite Le Roy.[7] A data e o lugar de nacemento exactos descoñécense, xa que todos os rexistros civís de Brouage se perderon nun incendio en 1969. No seu libro de 1851, Pierre Damien Rainguet, un sacerdote católico de Saintonge, calculou o ano de nacemento de Champlain en 1567, sen dar ningunha referencia dos datos usados para a súa estimación.[8] Na primeira metade do século XX algúns autores optaron por outras datas, como 1570 ou 1575. En 1978 Jean Liebel publicou unha investigación innovadora sobre estas estimacións do ano de nacemento de Champlain e concluíu que "Samuel Champlain naceu cara a 1580 en Brouage".[9] Liebel afirma que algúns autores, incluídos os sacerdotes católicos Rainguet e Laverdière, tiñan preferencias polos anos nos que Brouage estivo baixo control católico (como os anos 1588, 1510 e 1866).[10]
Champlain dicía ser de Brouage no título do seu libro de 1603 e ser Saintongeois no título do seu segundo libro, de 1613. O sentimento relicxioso da súa familia podía ser tanto protestante como católica tolerante, xa que Brouage foi a maior parte do tempo unha cidade católica nunha rexión protestante, e o seu nome (Samuel), procedente do Antigo Testamento, non se lle daba xeralmente aos nenos católicos.[11][12]
A súa infancia é pouco coñecida, pero sábese que naceu nunha familia de mariñeiros (o seu pai e o seu tío político eran mariñeiros ou navegantes) e que gozou dunha boa formación como navegante e cartógrafo, así como debuxante e redactor de textos.
A súa educación non incluíu nin o grego antigo nin o latín, polo que non podía ler a literatura antiga. Entre as súas obras salientan varias crónicas de Nova Francia, Voyages, publicadas en 1603, 1613, 1619 e 1632, e o Traité de la marine et du devoir d'un bon marinier ("Tratado da mariña e do deber dun bo mariñeiro", de 1632. Atribúseselle tamén outra obra non publicada e escrita pouco antes de 1603, titulada Brief discours des choses plus remarquables que Samuel Champlain de Brouage a reconnues aux Indes Occidentais ("Breve discurso das cousas máis salientables que Samuel Champlain Brouage coñeceu nas Indias Occidentais"), na que se dá luz ao período da súa vida que abrangue entre 1595 e 1601.[Laverdière 1][coll 1][coll 2]
No exército do rei da Bretaña (1595-1598)
editarDado que cada frota francesa tiña que asegurarse a súa propia defensa no mar, Champlain tratou de aprender loitando coas armas de fogo do seu tempo e adquiriu ese coñecemento práctico ao servir no exército do rei Henrique IV durante as derradeiras etapas das guerras de relixión de Francia. Samuel Champlain uniuse ao exército real, baixo a dirección dos mariscais d'Aumont, de St. Luc e, a continuación, Brissac en Blavet, na Bretaña.[Nota 1] O exército fora reunido coa intención de someter o duque de Mercoeur, gobernador de Gran Bretaña, que ofrecera refuxio a un corpo expedicionario español e ás derradeiras tropas rebeldes da Santa Liga durante a oitava guerra relixiosa (1585-1598).
Champlain serviu neste exército durante tres anos, ata a Paz de Vervins (1598). Alí labrou unha boa reputación entre os seus superiores.[Nota 2]
Durante ese tempo, segundo el, participou nunha viaxe secreta para o rei e entrou en combate (talvez no asedio da fortaleza Crozon, a finais de 1863).[Fischer 1][Fischer 2] Cara a 1597, era xa capitán dunha compañía que servía nunha gornición preto de Quimper.
Primeiras viaxes
editar1599-1601: no golfo de México
editarEn 1598 o seu tío político, Guillaume Allène, alcumado "o capitán provenzal", navegante, deulle a oportunidade de que o acompañase, xa que o seu barco, o Saint-Julien, fora fretado para transportar as tropas españolas a Cádiz de conformidade co Tratado de Vervins. Logo dunha pasaxe difícil, permaneceron algún tempo en Cádiz antes de que o seu tío conseguise unha nova fretaxe para acompañar unha gran frota española ás Indias Occidentais. O seu tío, que permanecerá en Cádiz, ofreceulle novamente un lugar no seu barco, esta vez ao mando de Jerónimo de Vallebrera, e instruíu o mozo Champlain para velar polo buque como encargado de seguridade.[14] Esta viaxe durou dous anos e permitiulle a Champlain ver e escoitar moito acerca das explotacións españolas no Novo Mundo, desde o Caribe ata Cidade de México. Informado ou asesorado por españois, Champlain participaría na exploración de México e ata o que hoxe é Panamá, que el recoñeceu por si mesmo.
No camiño tomou notas detalladas e escribiu un informe sobre o que aprendeu nesa viaxe, e deulle ese informe en segredo ao rei Enrique, que o recompensou cunha pensión anual desde 1603 (e que en 1618 foi aumentada a 600 libras por ano).[15][coll 3][coll 4][Nota 3]
Dado que era secreto, este informe non foi publicado por primeira vez ata moi tarde, en 1870, por Laverdière: Brief Discours des Choses plus remarquables que Sammuel Champlain de Brouage a reconneues aux Indes Occidentalles au voiage qu'il na faict en icettes en l'année 1599 et en l'année 1601, comme ensuite (e en inglés como Narrative of a Voyage to the West Indies and Mexico 1599–1602). A autenticidade deste relato como obra escrita por Champlain foi cuestionada adoito, por mor das imprecisións e as discrepancias con outras fontes nunha serie de puntos importantes; con todo, estudos recentes apuntan a que a obra fose escrita por Champlain.[16]
Tras o regreso de Champlain a Cádiz en agosto de 1600, o seu tío, que caera enfermo, requiriuno para que coidase dos seus negocios. Champlain fíxoo e, cando o seu tío Guillaume Allène morreu en xuño de 1601, Champlain pasou a herdar os seus bens, que incluían un terreo preto de La Rochelle, propiedades comerciais en España, e un barco mercante de 150 toneladas.[Fischer 3] Esta herdanza, combinada coa pensión anual do rei, deulle ao mozo explorador unha gran independencia, xa que non dependería do apoio financeiro de comerciantes nin doutros investidores.[Fischer 4]
Desde 1601 ata 1603 Champlain serviu como xeógrafo na corte do rei Enrique. Como parte das súas funcións, viaxou aos portos franceses e aprendeu moito sobre Norteamérica dos pescadores que estacionalmente viaxaban ás zonas costeiras desde Nantucket a Terra Nova para capitalizar as ricas pesqueiras de alí. Tamén fixo un estudo dos anteriores fracasos franceses na colonización da zona, incluído o de Pierre de Chauvin de Tonnetut (antes de 1575-1603) na colonia fundada en 1600 en Tadoussac, na boca do río San Lourenzo, na que soamente cinco dos 16 colonos lograron sobrevivir ao duro inverno (e na que participou tamén François Gravé).[Fischer 5]
1603: no río San Lourenzo
editarCando en 1602 Chauvin perdeu o monopolio sobre o comercio de peles, o rei decidiu outorgarlle ese monopolio comercial coa Nova Francia a Aymar de Chaste, daquela gobernador de Dieppe. Champlain achegouse a De Chaste para lograr ocupar un lugar na primeira viaxe que se realizase a Norteamérica, intención que recibiu a aprobación do rei cando Champlain se comprometeu a darlle un informe detallado de tal expedición.[Fischer 6] Recomendado por De Chaste a un dos seus capitáns, Francois de Grave, que lideraría a seguinte expedición de comercio de peles a Nova Francia, Champlain logrou ser admitido e viaxar en condición de observador. François Gravé du Pont era xa un navegante, explorador e comerciante experimentado nesas rexións e, cada verán, desde uns 20 anos atrás, remontaba o río San Lourenzo en barco ata Trois-Rivières. [Nota 4][17][18] Champlain logrou establecer unha sólida amizade para sempre con Gravé, que o educaría sobre a navegación en América do Norte e en particular no río San Lourenzo e que, ademais, o instruíu no trato cos nativos de alí (e en Acadia despois).
O 15 de marzo de 1603 Champlain partiu do porto normando de Honfleur a bordo de La Bonne Renommée. O 24 de maio a frota ancorou en Tadoussac. O 27 de maio, Champlain e Gravé atravesaron en barco a desembocadura do río Saguenay e descenderon en Pointe aux Alouettes.[19] Renderon tamén visita ao xefe local Anadabijou, que acampaba preto, con quen fixeron acordos que marcaron toda a política indiana francesa do seguinte século, incluíndo a participación francesa nas guerras contra os iroqueses.
A expedición seguía os pasos de Jacques Cartier. Querían chegar ao lugar que Champlain describiu como o Grand Sault Saint Louis» (os rápidos de Lachine), que Cartier chamara Ochelaga e que non lograra franquear o 2 de outubro de 1535.[Nota 5][Laverdière 2] Champlain describiu as fortes correntes que facían que fose difícil a navegación nas súas canoas, e que os obrigou a completar a súa viaxe por terra.[Laverdière 3][Laverdière 4] Demasiado ansioso por chegar a ese Grand Sault, que esperaba franquear, Champlain apenas se decatou de dous importantes lugares estratéxicos, onde máis tarde se establecerán postos de comercio e que serán os futuros asentamentos de Quebec e Trois-Rivières.
Champlain non tiña nomeamento oficial nesa viaxe nin labor ningún máis que elaborar un informe e debuxar con precisión un mapa de La Grande Rivière de Canadas (o río San Lourenzo), desde a súa embocadura ata o Grand Sault Saint-Louis. Tras o seu regreso a Francia na compaña dalgúns nativos —chegou a Honfleur o 20 de setembro— presentoulle o seu informe ao rei e publicou un relato da expedición, titulado Des Sauvages: ou voyage de Samuel Champlain, de Brouages, faite na France nouvelle l'an 1603 , con debuxos e mapas, un deles do río San Lourenzo.[Laverdière 5]
1604-1607: en Acadia e ata o futuro Boston
editarDe novo coa promesa a Henrique IV de Francia de informar sobre as novas descubertas, Champlain uniuse a unha segunda expedición a Nova Francia na primavera de 1604, no que participou como explorador, xeógrafo e cartógrafo. Esta viaxe de exploración durou varios anos e centrouse nas zonas ao sur do río San Lourenzo, no que despois chegou a coñecerse como Acadia (hoxe Nova Escocia). Foi dirixido por Pierre Dugua de Mons (ca. 1560-1628), un nobre e comerciante e protestante ao que o rei nomeara "lugartenete xeral na América Septentrionale" e lle concedera o monopolio do comercio de peles en Nova Francia, para compensar os gastos de establecer unha colonia. A expedición estivo pilotada tamén por François Gravé; aparellouse en Havre-de-Grâce e contou con dous barcos, Le Bonne Renommée, ao mando de Gravé, e Le Don de Dieu, onde viaxaban Dugua de Mons, Jean de Biencourt, Orville e Samuel Champlain.
Tras cruzar o Atlántico, o 4 de maio arribaron ao sur da Acadia. Dugua encomendoulle a Champlain atopar un sitio para dispor o campamento de inverno. Champlain emprendeu unha navegación costeira, en barca, con dez homes. Despois de explorar os posibles lugares na Baie Française (hoxe baía de Fundy), Champlain seleccionou unha insua no río Sainte-Croix, no que será o primeiro asentamento francés no Novo Mundo. Procederon a explorar para atopar minas e outro sitio para unha colonia máis sustentable, entrando nos ríos Penobscot e Kennebec e recoñecendo máis de 200 km de costa, dos que Champlain proporcionou unha descrición exacta. Despois de soportar un duro inverno na illa, no que faleceron case a metade dos cidadáns franceses, a mediados de xuño regresou de novo Gravé du Pont, cunha corentena de homes e novas provisións.
Buscaron outro lugar máis ao sur do Kennebec, que tivese bo solo, mellor clima e boas relacións cos autóctonos, visitando a baía das Sete Illas (baía Casco), a baía Chouacouët (baía Saco), o cabo das Illas (cabo Ann), a baía das Illas (baía de Boston), o porto de San Luís (baía de Plymouth), o cabo Branco (cabo Cod) e Mallebarre (Nauset Harbour). Volveron de regreso o 3 de setembro e Champlain deixou da viaxe unha descrición moi precisa.
O 21 de setembro trasladaron a colonia a Port Royal, nun lugar protexido dos ventos do noroeste e na beira dun lago, no fondo da Baie Française (no val de Annapolis Royal, en Nova Escocia). Dugua viuse obrigado a deixar o asentamento para regresar a Francia en setembro de 1605, porque se decatou de que o seu monopolio estaba en risco, e designou ao mando a Orville e despois a Gravé du Pont.
O 5 de maio de 1606 regresou o buque Jonas con novos colonos, aínda sen ningunha muller nin neno. O 26 de xullo partiu de regreso o barco, ao mando de Gravé e con cincuenta colonos, substituíndo John Biencourt Poutrincourt a Gravé du Pont como comandante da colonia. Marcos Lescarbot e o boticario Luís Hebert, curmán alemán de Poutrincourt, permaneceron na colonia. Ese outono, Champlain e Poutrincourt dedicáronse de novo á exploración, ao sur de Acadia e o cabo Cod, en busca doutro lugar para establecer unha colonia permanente. Atoparon boas baías e bautizaron varios lugares, pero a presenza británica na zonae as malas relacións cos indios leváronos a renunciar á súa instalación na costa. O 14 de novembro estaban de regreso en Port Royal, onde foron ben acollidos pola pequena colonia.
A finais de maio de 1607 chegoulles a noticia de que os privilexios do comercio de Dugua de Mons foran revogados, baixo a presión doutros comerciantes e os defensores do libre comercio. Champlain volveu explorar a costa cara ao sur, desde a illa do Cabo Bretón ata o sur do cabo Cod, en Massachusetts), en busca de sitios máis doados de defender e adecuados. Pequenas escaramuzas cos residentes nausets disuadírono da idea de establecer un asentamento preto da actual Clatham e bautizou a zona como Mallebar ("Mala Barra").[20][21] Champlain cartografou toda esa costa, o que lle valeu o título de "xeógradfo do rei", atribuído par Marc Lescarbot. O 3 de setembro todos os membros da colonia partiron a bordo do Jonas de Port Royal e a expedición regresou a Francia. Chegaron a Saint-Malo o 30 de setembro. Esa mesma primavera, o 13 de maio, os ingleses fundaron, con 105 colonos, Jamestown.
1608-1609: fundación da cidade de Quebec
editarChamplain non quedou moito tempo en Francia, xa que Dugua de Mons, que lograra mentres unha prórroga do monopolio por un único ano, quería que Champlain viaxase de novo coa tarefa de preparar o establecemento dunha colonia permanente francesa nun lugar adecuado ao longo da Grande Rivière de Canada (hoxe en día, o río San Lourenzo). Dugua correu cos custos do equipamento dunha frota de tres barcos con traballadores (aínda non ían nin mulleres nin nenos), que saíu do porto francés de Honfleur. A nave principal, novamente o Le Don de Dieu, estaba baixo o mando de Champlain, como tenente de Dugua de Mons, que permaneceu en Francia. Outro buque, o Lévrier, ía dirixido polo seu xa amigo Du Pont.
O pequeno grupo de colonos chegou a Tadoussac, no curso baixo do río San Lourenzo, o 3 de xuño. Por mor da perigosa forza do río Saguenay acabaron alí a viaxe nos barcos e continuaron río arriba polo gran río en pequenos botes, con homes e materiais.[22]
O 3 de xullo Champlain desembarcou en Point of Quebec (hoxe o cabo Diamant) e dedicouse a fortificar a zona erixindo tres edificios principais de madeira, cada un de dous pisos de altura, que colectivamente bautizou como Habitation ("vivenda"), cun valo de madeira e un foxo de catro mentros de ancho arredor deles. Esta instalación converteuse na semente da primeira colonia francesa ás beiras do río San Lourenzo e foi o comezo da Cidade de Quebec. Cultivar a terra, explorar e fortificar este lugar convertéronse nas grandes paixóns de Champlain para o resto da súa vida.
1609: no lago Champlain
editarO 28 de maio de 1609 Gravé du Pont regresou a Tadoussac con reavituallamentos. Desde a primavera e durante o verán de 1609, Champlain encargouse de establecer mellores relacións coas tribos nativas locais. Fixo alianzas cos wyandot (chamados Huron polos franceses) e os algonquinos e, como en Tadoussac seis anos antes, renovou as alianzas coas tribos que vivían ao norte do río San Lourenzo.[Nota 6]
Champlain partiu, con nove soldados franceses e 300 nativos, o 28 de xuño para explorar a rivière des Iroquois (agora río Richelieu) e converteuse no primeiro europeo que cartografou o lago que nomeou co seu propio nome, que se prolonga no actual estado de Vermont).
O 29 de xullo, nalgún lugar da zona próximo a Ticonderoga e Crown Point, Champlain e o seu equipo atoparon un grupo de iroqueses. Ao día seguinte, douscentos iroqueses avanzaban sobre a súa posición. Un guía indíxena sinalou os tres xefes iroqueses: Champlain inmediatamente matou dous deles á vez cun só disparo de arcabuz, que tamén provocou a rápida fuxida de todos os iroqueses. Esta acción deu comezo a un longo período de relacións hostís entre a confederación das cinco nacións iroquesas contra os colonos franceses, que durará o resto de século.[23]
1609-1610: ida e volta Francia-Quebec
editarO 5 de setembro, Champlain regresou a Francia acompañando a Gravé du Pont, despois de deixar ao mando da colonia a Pierre Chauvin, para informar o señor de Mons, e despois o rei, en Fontainebleau, e tratar con el de renovar o seu monopolio sobre o comercio de peles. Moitos comerciantes opuxéronse a iso e as negociacións fracasaron, pero Champlain e Mons conseguiron convencer a algúns distribuidores de Rouen para formar unha asociación con eles. O obxectivo era converter unha parte do asentamento de Quebec nun almacén para o seu uso exclusivo, en virtude do cal os comerciantes se comprometeron a apoiar a colonia.
O 8 de abril de 1610 Champlain partiu de Francia no Loyale, con Gravé du Pont e acompañados por artesáns, e o 28 de abril estaba de regreso no Quebec, tras a súa cuarta travesía. Ao chegar, os seus aliados indios requirían a súa axuda noutro episodio na guerra contra os iroqueses. Durante a batalla, na desembocadura do río dos iroquesess (agora Richelieu), Champlain recibiu unha frecha que lle atravesou o lóbulo da orella e lle causou feridas no pescozo. Outra vez vitorioso, regresou a Quebec e viu que o comercio de peles fora desastroso para os comerciantes que o apoiaban. Alí coñeceu a noticia do asasinato do rei francés por François Ravaillac, un católico fanático, e que o imperio recaera na súa esposa, María de Médici, como rexente, dada a minoría de idade de Lois XIII de Francia. María era unha católica acérrima, con pouco interese pola Nova Francia, e a moitos protestantes, partidarios financeiros de Champlain negóuselles o acceso á corte, incluíndo a Dugua, que debeu renunciar ao título de "lugartenente xeral para a Nova Francia".
Champlain, ao saber tales noticias, embarcou o 8 de agosto para Francia, acompañado entre outros do hurón Savignon, deixando 16 homes no Quebec, con Jean de Godet du Parc ao mando, para establecer novas conexións políticas de apoio aos esforzos de colonización.[Fischer 8] O 27 de setembro Champlain arribou a Honfleur e axiña fixo saber á raíña nai que o 24 de xuño dese mesmo ano se produciran os primeiros bautismos cristiáns en Nova Francia, o do xefe Membertou e 20 membros da súa familia.
A exploración da Nova Francia
editar1611: exploración da illa de Mont Royal
editarUn dos mandatos que Samuel de Champlain levaba era atopar, na illa de Mont Royal, sexa na beira do río das Pradarías ou ben preto do salto San Luís, o lugar máis propicio para o establecemento dunha futura colonia. En honra da súa nova esposa, bautizou como illa de Santa-Helena unha grande illa que se atopa ao pé do gran salto de San Luís e que mantén o nome hoxe en día.
1611-1612: regreso a Quebec
editarChamplain regresou ao posto de Quebec o 21 de maio de 1611. Durante o verán, foise a Montreal, aos pés do grand salto de San Luís, onde aclarou un terreo e construíu un muro para ver de soportar o inverno e as inundacións da primavera. Logo, co fin de aumentar o seu prestixio entre os nativos, aceptou descender con eles nunha canoa de cortiza o salto de San Luís (os rápidos de Lachine): unha proeza realizada antes soamente por outro europeo.
Ese outono regresou novamente a Francia para asegurar o futuro do seu proxecto. Perdendo o apoio dos comerciantes, escribiu informes, debuxou un mapa (que é o máis antigo hoxe existente) e pediulle ao novo rei, Lois XIII, intervir. O 8 de outubro de 1612 Lois XIII nomeou a Carlos de Borbón, conde de Soissons tenente xeneral da Nova Francia. Champlain recibiu o título de "lieutenant", con poder para exercer o mando no nome do tenente xeneral, nomear capitáns e tenentes, instruír os funcionarios na administración da xustiza e o mantemento da autoridade policial, de regulamentos e ordenanzas, para celebrar tratados, facer a guerra cos indíxenas e reter os comerciantes que non formen parte da empresa. As súas funcións incluían a tarefa de atopar o camiño máis curto cara á China e as Indias e a maneira de descubrir e explotar minas de metais preciosos.
A principios dese ano publicou unha relación de acontecementos entre os anos 1604 e 1612, titulado Voyages [...] e o 29 de marzo de 1613 arribou de regreso a Nova Francia, asegurándose primeiro de que a súa nova comisión real fose proclamada. Moitos nativos estaban desgustados polas tácticas dos comerciantes non acreditados. O comercio de peles, unha vez máis, achegou pouco. Champlain partiu o 27 de maio para continuar a súa exploración do país dos huróns coa esperanza de atopar o mer du nord ("mar do norte") do que oíra falar (probablemente a baía de Hudson). Viaxou polo río Ottawa e deu máis tarde a primeira descrición desta zona.[24] En xuño reuniuse con Tessouat, o xefe dos algonquinos de Isle-aux-Allumettes, e ofreceuse a construír unha fortaleza para a tribo se eles se movían da zona que ocupaban, cos seus pobres solos, aos rápidos de Lachine.
Exploracións cara ao oeste (1613 e 1615-1616)
editar1613: primeira exploración ao "mer douce"
editarNa súa primeira viaxe nas illas de Pays d'en Haut, en maio de 1613, Champlain comezou a explorar o río Ottawa (rivière des Outaouais).
Remontou o río cara ao país dos huróns. Detívose nun campamento dunha tribo algonquina, os kichesippirini, na Isle-aux-Allumettes, e, despois dun par de agasallos e intercambios diplomáticos, o explorador volveuse e regresou a Quebec. No camiño, Champlain perdeu o seu astrolabio.[Nota 7]
1615-1616: primeiras incursións nos Grandes Lagos
editarChamplain realizou a continuación a súa segunda viaxe ao Pays d'en Haut. O 9 de xullo de 1615 Champlain deixou Quebec e chegou á baía Xeorxiana na compaña de dous franceses, dos cales probablemente un fose Étienne Brûlé. Usando o camiño real da trata de persoas, Champlain accedeu ao corazón do país dos huróns. Explorou o país e mantívose leal aos aliados indios, os algonquinos e os huróns-wendat. Viaxou de pobo en pobo ata Cahiagué, unha comunidade dos huróns situada nas beiras do lago Simcoe e lugar de nomeamentos militares. Aquí un grupo de guerreiros indíxenas, con Étienne Brûlé, dirixiuse cara ao sur para entrar en combate contra os susquehanoques e os iroqueses. Decidiu continuar a guerra contra os iroqueses.
O 1 de setembro, en Cahiagué, Champlain e as tribos do norte comezaron unha expedición militarcontra os iroqueses. A partida pasou o lago Ontario polo seu extremo oriental, onde esconderon as súas canoas e continuaron a súa viaxe por terra. Seguiron o río Oneida (Onneiout) ata chegaren a un forte iroqués situado entre os lagos Oneida e Onondaga, o 10 de outubro de 1615. Champlain atacou a estacada do pobo indíxena Oneida. Estivo acompañado por 10 franceses e 300 indios huróns. Presionado polos huróns para atacar antes de tempo, o asalto fracasou. Champlain foi ferido dúas veces na perna polas frechas, unha no xeonllo. O conflito terminou o 16 de outubro, cando os franceses e os huróns se viron obrigados a fuxir.[25] Os huróns devolvérono ao seu pobo cargándo con el nas súas costas.
Champlain desexaba logo volver ao salto San Luís, pero os huróns negáronse a continuar ata a primavera seguinte e insistiron en que Champlain pasase o inverno con eles. Empregou a súa longa estadía na rexión para explorar o suroeste. Durante a súa estadía partiu con eles na súa cazaría do gran venado, durante a que se perdeu no bosque e se viu obrigado a vagar durante tres días, vivindo ao aire libre e durmindo baixo as árbores. Todos o creron morto, tanto en Huronia como no Quebec. Con todo, atopouse casualmente cun aborixe e incorporouse ao seu grupo. Pasou o resto do inverno aprendendo sobre "o seu país, os seus modais, costumes e modos de vida", e tomou tempo para escribir unha descrición detallada de todo iso. Marabillouse da beleza da paisaxe e dos lugares fértiles que observou. Adquiriu, con todo, pouca información do oeste misterioso, xa que como consecuencia das guerras que existían entre as distintas nacións, viaxaran pouco nesa dirección. O 22 de maio de 1616 deixou o país dos huróns e a finais de xuño estaba de volta no salto San Luís, onde se atopou con Gravé du Pont. Ambos partiron despois, o 2 de xullo, de regreso a Francia.
Constitución de sociedades
editarO 26 de agosto de 1616 Champlain estaba de volta en Saint-Malo. Alí escribiu un relato da súa vida desde 1604 ata 1612 e a súa viaxe polo río Ottawa, titulado Les voyages du Sieur de Champlain, Saintangeois, capitaine ordinaire pour le Roy en la Marine, e publicou outro mapa de Nova Francia. En 1614 formou a Compagnie des Marchands de Rouen et de Saint-Malo e a Compagnie de Champlain, que obrigaban os comerciantes de Ruan e Saint-Malo durante once anos. Champlain embarcouse de novo en Honfleur cunha frotiña de tres barcos, o Saint-Étienne, o Don de Dieu e o Loyal. Regresou a Nova Francia na primavera de 1615 con catro irmáns recoletospara promover a vida relixiosa na nova colonia. Á Igrexa católica, finalmente, déronselle en réxime de señorío (concesión, non cesión) grandes e valiosas extensións de terra, estimadas en case o 30 % de todas as terras concedidas pola Coroa Francesa en Nova Francia.[26]
Champlain continuou traballando para mellorar as relacións cos nativos coa promesa de axudalos nas súas loitas contra os iroqueses. Cos seus guías nativos explorou máis arriba no río Ottawa e chegou ata o lago Nipissing. Logo seguiu o río dos Franceses (Rivière des Français) ata alcanzar o lago Hurón.
Champlain informouse de que en Franciao príncipe de Condé fora detido e o mariscal de Thémines fora ascendido a vicerrei. Champlain escribiu un informe ao rei de Francia e á Cámara de Comercio, para aumentar o apoio polos seus esforzos na Nova Francia.
Afirmou que Francia controlaba un "país de preto de mil oitocentas millas de lonxitude, bañado polos ríos máis leais do mundo" e que moitas almas se podían converter ao cristianismo. Para alcanzar estes obxectivos, Champlain suxeriu que se fundase "unha cidade tan grande como Saint-Denis, que debería ser designada, se lle prouguer a Deus e ao rei, Ludovica".
Pediu que Francia enviase 15 recoletos, 300 familias de catro persoas e 300 soldados. Canto ao comercio, Champlain estimaba que a colonia podería producir un ingreso anual de aproximadamente 5,4 millóns de libras, principalmente da pesca, a minaría, as peles e os beneficios como resultado do acurtamento da ruta cara á China). A Cámara de Comercio quedou convencida de inmediato e Champlain recuperou o seu monopolio sobre o comercio de peles. O rei encargou aos seus accionistas "continuar todo o traballo que se considere necesario para establecer as colonias que queiran atoparse no citado país". Champlain partiu a Nova Francia na primavera de 1618 e chegou o 28 de agosto.
O duque de Montmorency, novo vicerrei, confirmou a Champlain na súa función e o 7 de maio de 1620 Lois XIII solicitoulle que mantivese o país da Nova Francia "en obediencia a min, facendo vivir a xente de alí en tan estreita conformidade coas leis do meu reino como vostede poida". Champlain concentrouse a partir de entón na xestión do país en lugar de na súa exploración.
Mellora da administración en Nova Francia
editarChamplain dedicou o resto da súa vida á administración do territorio. Pasou o inverno de 1620 construíndo o forte San Luís, no alto do cabo Diamond. Tamén continuou traballando nas relacións cos nativos, logrou imporlles un xefe da súa elección e negociou un tratado de paz cos iroqueses.
Champlain continuou traballando nas fortificaciones do que se converteu na cidade de Quebec, da que puxo a primeira pedra o 6 de maio de 1624. O 15 de agosto volveuse de novo a Francia, onde foi alentado a continuar o seu traballo, así como a seguir na procura dunha pasaxe para a China, algo que se cría que existía nese momento. O 5 de xullo estaba de volta no Quebec e continuou expandindo a colonia.
En 1627 o cardeal Richelieu (que se uniu ao Consello Real en 1624 e ascendeu rapidamente a unha posición de dominio na política francesa, que mantivo ata a súa morte en 1642) constituíu a Compagnie des Cent-Associés ("Compañía dos Cen Asociados") para administrar o comercio de peles. Champlain foi un dos 100 investidores, e a súa primeira frota, cargada con colonos e subministracións, fíxose ao mar en abril de 1628.[Fischer 9] Este novo réxime levou a Champlain a converterse, o 21 de marzo de 1629, en "comandante na Nova Francia na ausencia de Cardeal Richelieu".
Caída de Quebec
editarOs comerciantes ingleses saquearon Cap Tourmente a principios de xullo de 1628.[Fischer 10] A guerra anglo-francesa estalou e Carlos I de Inglaterra emitiu patentes de corso que autorizaban a captura dos armadores franceses e das súas colonias en América do Norte.[Fischer 11] Champlain recibiu unha comminación para renderse o 10 de xullo ante algúns comerciantes ingleses fortemente armados: Gervase Kirke e os seus fillos Lewis, Thomas e David. Champlain negouse a tratar con eles e enganounos facéndolles crer que as defensas de Quebec eran mellores do que realmente eran (Champlain tiña só 50 libras de pólvora para defender a comunidade). O engano tivo éxito e os ingleses retiráronse, pero atopáronse coa frota francesa de abastecemento e capturárona, cortando as subministracións do ano da colonia.[Fischer 12]
Na primavera de 1629 as subministracións eran perigosamente escasas e Champlain viuse obrigado a enviar persoas a Gaspé e ás comunidades indíxenas para conservar as racións.[Fischer 13] O 19 de xullo, os irmáns Kirke arribaron fronte a Quebec despois de interceptar unha petición de Champlain en busca de axuda, e Champlain foi obrigado a entregar a colonia.[Fischer 14] Moitos colonos volvéronse, primeiro a Inglaterra e logo a Francia, cos Kirkes, pero Champlain quedou en Londres para comezar o proceso de recuperación da colonia. En abril de 1629, tres meses antes da rendición, asinouse un tratado de paz (Tratado de Susa) e, nos termos dese tratado, Quebec e os premios doutra índole adquiridos polos Kirkes despois do tratado tiñan que ser devoltos.[Fischer 15] Finalmente, en 1632, tras a sinatura do Tratado de Saint-Germain-en-Laye, Quebec volveu formalmente a Francia.
Champlain reclamou o seu papel como comandante da Nova Francia en nome de Richelieu o 1 de marzo de 1633, servindo nos anos da intervención como comandante en Nova Francia "en ausencia do meu señor, o cardeal Richelieu", desde 1629 ata 1635.[27] En 1632 Champlain publicou Voyages de La Nouvelle France ("Viaxes da Nova Francia"), que foi dedicada ao cardeal Richelieu, e Traitté de la marine et du devoir d’un bon marinier, un tratado sobre o liderado, a náutica e navegación (Champlain, ao longo da súa vida, logrou realizar máis de vinte e cinco viaxes de ida e volta no Atlántico sen perder nin unha soa nave).[Fischer 16]
Derradeiro regreso a Quebec
editarChamplain regresou a Quebec o 22 de maio de 1633, despois dunha ausencia de catro anos. Richelieu mantívolle o cargo de tenente xeneral da Nova Francia, xunto con outros títulos e responsabilidades, pero non lle deu o de gobernador. Malia esta falta de recoñecemento oficial, moitos colonos, comerciantes franceses e indios tratábano como se tivese o título; nalgúns escritos que sobreviven refírense a el como "o noso gobernador".[Fischer 17] O 18 de agosto de 1634 envioulle un informe a Richelieu no que indicaba que reconstruíra sobre as ruínas de Quebec, ampliado as súas fortificaciones e establecido dúas vivendas máis. Unha estaba 15 leguas río arriba e a outro estaba en Trois-Rivières. Tamén comezou unha ofensiva contra os iroqueses, e informou que buscaba aniquilalos ou "traelos á razón".
Matrimonio
editarUnha das formas que Champlain parece que elixiu para mellorar o seu acceso á corte da rexente foi a súa decisión de contraer matrimonio cunha moza de doce anos, Hélène Boulle, filla de Nicolás Boulle, axente xudicial da corte ("secrétaire de la chambre du roi"). O contrato de matrimonio asinouse en París o 27 de decembro de 1610 en presenza de Dugua, que tratara co pai (protestante, coma el), e a parella casou tres días despois, o 29 de decembro, en Saint-Germain-l'Auxerrois, en París. Os termos do contrato establecían que a cohabitación dos cónxuxes, debido á curta idade da noiva, sería dous anos máis tarde, pero Champlain, tras a firma recibiu xa 4.500 das 6.000 libras do dote, unha cantidade que garantía a súa seguridade financeira sen arruinar a familia da súa esposa.[Fischer 18][28][Nota 8][29] Nada calvinista, Helen Boulle faríase católica no transcurso deses dous anos.[Nota 9]
O matrimonio foi ao principio moi difícil, xa que Hélène se rebelouse cando se lle dixo que debía de reunirse con Champlain en agosto de 1613. A súa relación, que aparentemente carecía de conexión física, recuperouse e foi boa durante moitos anos.[Fischer 19] En 1620, Hélène acompañou a Champlain a Quebec, onde viviu durante varios anos, aínda que se aburría, malia a presenza do seu irmán Eustache Boullé, que levaba vivindo no Quebec desde 1618 ao servizo de Champlain.[Fischer 20] En 1624 Hélène regresou a París. En 1633, Champlain deixou de novo Francia, esta vez sen ela. Foi o final, xa que quedou no Quebec, onde morreu no Nadal de 1635, sen descendencia, aínda que Champlain adoptara tres nenas indíxenas chamadas Fe, Esperanza e Caridade no inverno de 1627.[Fischer 21]
Dez anos máis tarde, Hélène Boullé entrou no convento das Ursulinas de París efíxose monxa, baixo o nome de Hélène de Saint-Augustin. Cedeu todos os seus bens á comunidade, para construír un novo convento en Meaux, onde se instalou con catro relixiosas. Permaneceu alí durante seis anos antes de morrer o 20 de decembro de 1654, á idade de cincuenta e seis anos.[Nota 10][30][Nota 11]
Doenza, derradeiras vontades, morte e enterro
editarChamplain sufriu un grave ataque cerebrovascular en outubro de 1635 e morreu o 25 de decembro dese ano, sen deixar herdeiros directos. Os rexistros dos xesuítas din que morreu ao coidado do seu amigo e confesor Charles Lallemant.
O seu derradeirotestamento (asinado o 17 de novembro de 1635) concedíalle gran parte das súas propiedades francesas á súa esposa Hélène e facía legados importantes para as misións católicas e ás persoas da colonia de Quebec. Con todo, unha curmá desafiou a súa vontade en París e impugnouna con éxito. Non está claro que pasou exactamente cos seus bens.[Fischer 22][31][32][33]
Foi enterrado temporalmente na igrexa, entantoque se construía unha capela independente para albergar os seus restos na parte alta da cidade. Este pequeno edificio, como moitos outros, foi destruído por un grande incendio en 1640. Hoxe descoñécese o seu lugar exacto de enterramento, malia as numerosas investigacións emprendidas xa desde 1850, incluíndo varias escavacións arqueolóxicas na cidade. Acéptase comunmente queo restos de Champlain, etán nalgún lugar preto da catedral de Notre-Dáme de Quebec.[34][35]
Obras de Champlain
editar- Brief Discours des Choses plus remarquables que Sammuel Champlain de Brouage a reconneues aux Indes Occidentalles au voiage qu'il en a faict en icettes en l'année 1599 et en l'année 1601, comme ensuite (primeira publicación en francés en 1870; primeira publicación en inglés en 1859 como Narrative of a Voyage to the West Indies and Mexico 1599–1602).
- Des Sauvages: ou voyage de Samuel Champlain, de Brouages, faite en la France nouvelle l'an 1603 (primeira publicación en francés de 1604, primeira publicación en inglés de 1625).
- Voyages de la Nouvelle France (primeira publicación en francés en 1632).
- Traitté de la marine et du devoir d’un bon marinier (primeira publicación en francés de 1632),
Notas e referencias
editarNotas
editar- ↑ Os mariscais, comandantes en Blavet, foron os seguintes: Jean d'Aumont (1595), François I d'Espinay (1596-1597), Charles de Cossé-Brissac (1597-1598).
- ↑ No contexto, o título de «maréchal des logis» (sarxento de intendencia) designa probablemente un alabardeiro, responsable das cortes: un «maréchal des logis de cavalerie» (un sarxento de intendencia de cabalaría), que comanda os fourrieres.
- ↑ Nesa época, os mares estaban cheos de piratas e o rei de Francia aínda non tiña Mariña de Guerra.
- ↑ Antes de 1633, os navíos franceses de máis de 100-300 toneladas permanecían ancorados mar adentro, na baía de Moulin Baude, a unha milla ao leste (a uns 5 km augas abaixo) de Tadoussac.
- ↑ Un sault, que é como se denomina en francés, designa un rápido, unha fervenza ou unha caída de auga: calquera ruptura da pendente dun curso de auga.
- ↑ Os europeos tiñan sobre os pobos indíxenas, e durante moito tempo, a superioridade das armas de fogo; canóns, arcabuces e pistolas contra arcos e frechas ou xavelinas.
- ↑ A finais do verán de 1867, preto de Cobden, Ontario, un adolescente atopou o que lle pareceu un pequeno disco de latón. Tiña un aroo de suspensión, un apuntador móbil, graduacións...: era un astrolabio pequeno, e gravado cun...«1603». Quen o vía concluía que era o astrolabio de Champlain. Pero... con este vello astrolabio en miniatura, atopouse unha cadea oxidada, pequenos vasos de bronce e dúas copas de prata gravadas. [...] En 2004, o investigador Douglas Hunter ofreceu outra conclusión que reflicte o conxunto de todos os datos, e do que o xornalista Jean-François Nadeau informou baixo o título «Est-ce bien l'astrolabe de Samuel de Champlain?» (Le Devoir, xoves, 30 de decembro de 2004). Véxase en liña Nadeau, Jean-François (30 de decembro de 2004). "Est-ce bien l'astrolabe de Samuel de Champlain?". Vigile (en francés). Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2009. Consultado o 10 de xullo de 2019.. — Outros autores seguen a pasar por alto esta cuestión, mesmo o Musée de l'Amérique Française (de Quebec) ou o Musée Canadien des Civilisations (Ottawa), o custodio actual deste obxecto que nomea, pero con cautela «l'astrolabe dit de Champlain».
- ↑ A Compagnie des Marchands, da que Champlain era accionista, pagáballe un salario, para el e o seu persoal: cociñeiro, servintes, soldados e traballadores.
- ↑ Actas existentes relativas a Hélène Boullé: o contrato de matrimonio (27 de decembro de 1610 ante os notarios Nicolas Chocquillot e Loys [Louis] Arragon, rexistro das Insinuacións, Secretaría do Chatelet Châtelet, París), desherdamento de Hélène Boullé, a muller de Champlain, polos seus pais Nicolas Boullé e Marguerite Alix (10 de xaneiro de 1614) e a revogación do acto (23 de maio de 1636), testamento de Marguerite Alix, muller de Nicolas Boullé, desherdando a súa filla Hélène (14 de febreiro de 1614) e a revogación do acto (23 de maio de 1636), derradeiro testamento de Champlain (1635, en Quebec), recepción de Hélène Boullé no convento das Ursulinas da rúa St-Jacques (20 de marzo de 1646).
- ↑ Cyprien Tanguay, Dictionnaire généalogique des familles canadiennes [du régime français (1608-1760)] (Montréal, Eusèbe Sénécal, 1871-1890, 7 vol.).
- ↑ Fyfe-Martel, Nicole (2003-2007). Hélène de Champlain (triloxía de novela histórica) (en francés). Montréal: Hurtubise HMH. ISBN 9782894286425. OCLC 51631339.
Referencias
editar- Champlain. Oeuvres de Champlain. Ed. Charles-Honoré Laverdière. Texto íntegro en liña en Gutemberg.org.
- Marcel Trudel. Champlain: texte, Montréal: Fides, 1956, 94 páxinas.
- Denis Vaugeois et alii. Vaugeois, Denis; Litalien, Raymonde (Eds.); Roth, Käte (trad.). Champlain: the birth of French America. McGill-Queen's University Press. 2004. [ISBN 0-7735-2850-4]
- ↑ Gagnon, ibid.:: Le Brief discours [...] é unha das copias dun manuscrito orixinal non atopado.
- ↑ Gagnon, François-Marc, Le Brief Discours est-il de Champlain ?, Páxina. 83-92.
- ↑ Gilles Herman, «Chronologie de Champlain».
- ↑ Gagnon, ibid. páx. 86
- David Hackett Fischer. Chmplain's Dream. Knopf. Canadá. 2008. 848 páxinas. [ISBN 978-0-307-39766-9]
- ↑ Op. cit., páx. 62.
- ↑ ibid., páx. 65.
- ↑ ibid., páx. 98-99.
- ↑ ibid., páx. 100.
- ↑ ibid., páx. 100-117.
- ↑ ibid., páx. 121-23.
- ↑ ibid., pag. 3.
- ↑ Ibid., páx. 282-85.
- ↑ ibid., pag. 404-10.
- ↑ Ibid., páx. 410-12.
- ↑ Ibid., páx. 409.
- ↑ Ibid., páx. 412-415.
- ↑ Ibid., páx. 418-20.
- ↑ Ibid., páx. 421.
- ↑ Ibid., páx. 428.
- ↑ Ibid., páx. 447.
- ↑ Ibid., páx. 445-446.
- ↑ Ibid., páx. 287-88.
- ↑ Ibid., páx. 313-16.
- ↑ Ibid., páx. 374-75.
- ↑ Ibid., pax. 399-400.
- ↑ Ibid., páx. 520.
- Outras referencias
- ↑ Champlain non comezou a usar o honorífico de no seu nome polo menos ata 1610, cando casou, o ano en que o rei Henrique IV foi asasinado. [1]
- ↑ Champlain et les fondateurs oubliés, les figures du père et le mythe de la fondation. Les Presses de l'Université Laval (PUL).
- ↑ Denis Vaugeois (durante o «123e congrès du comtié des travaux historiques et scientifiques» (CTHS) en Quebec, 2 de xuño de 2008.
- ↑ Grazas a Pierre Dugua, sieur de Mons, que financiou enteiramente —e con perdas— o primeiro ano de ambos os asentamentos franceses en Norteamérica (primeiro Acadia, logo Quebec).
- ↑ Segundo Trudel, Luís tiña 18 anos, unha minoría sen experiencia (a maioría de idade era 25 anos), e Champlain foi lugartenente de Henrique II de Borbón-Condé, o vicerrei de Nova Francia desde 1612, que, como escribe Trudel: was liberated [from jail, where he been for 3 years] in October 1619, and yielded his rights as viceroy to Henri II de Montmorency, admiral of France.
- ↑ Algúns din que o rei de Francia o fixo o seu "xeógrafo real", pero non está comprobado e só pode vir dos libros de Marc Lescarbot: Champlain nunca usou ese título.
- ↑ A localización exacta do seu nacemento tampouco se sabe con certeza, pero no momento do seu nacemento os seus pais vivían en Brouage.
- ↑ Pierre Damien Rainguet, Biographie saintongeaise ou Dictionnaire historique de tous les personnages qui se sont illustrés dans les anciennes provinces de Saintonge et d'Aunis jusqu'à nos jours, 1851, Páxinas: 140-141.
- ↑ Liebel, Jean (1978).
- ↑ Liebel. Páxinas 229-37.
- ↑ Consonte os historiadores modernos, como Alain Laberge, presidente no ano 2008 do Departamento de Historia da Universidade de Laval de Quebec, especialista en historia da Nova Francia, Champlain puido ter nacido protestante.
- ↑ Porén, Champlain nacieu en, ou preto dun tempo en que a cidade estivo tomada polos protestantes, pero Brouage converteuse en fortaleza real e o seu gobernador, desde 1627 ata a súa morte en 1669, foi o cardeal Richelieu, un forte antiprotestante, querendo deter as guerras de relixión en Francia, e elixido para promover o catolicismo só porque o rei de Francia tiñ que ser un católico, mesmo aínda que antes fose protestante, como o último rei Henrique.
- ↑ Samuel de Champlain, (sculpture).
- ↑ Vaugeois, páx. 87.
- ↑ Aínda sobreviven tres copias manuscritas diferentes deste informe.
- ↑ Para un tratamento detallado das reclamacións contra a autoría de Champlain, ver o capítulo de François-Marc Gagnon en Vaugeois, páx. 84ff.
- ↑ Moulin-Baude, en L'historique de Tadoussac
- ↑ Jean Glénisson. Ministère Français de la Culture, ed. "Célébrations nationales 2003 - Samuel Champlain et François Gravé, sieur du Pont, remontent le Saint-Laurent".
- ↑ "Pointe-aux-Alouettes (à Baie-Sainte-Catherine)". Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2014. Consultado o 06 de xullo de 2017.
- ↑ "USA National Park Service Archeology Program: Visit Archeology". National Park Service.
- ↑ "Mapa das viaxes de Samuel de Champlain". Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2010.
- ↑ Só na súa última chegada (1633), Champlain non deixou os barcos en Tadoussac, senón que chegou directamente á cidade de Quebec con eles.
- ↑ En 1701, asinouse en Montreal o Gran Tratado de Paz, que abranguía os franceses e todas as nacións nativas das ribeirasdo río San Lourenzo.
- ↑ En 1953 achouseunha rocha coa inscrición Champlain juin 2, 1613, nun lugar agora coñecido como o "mirador de Champlain".
- ↑ Véxase: NY Historic Marker under County: MADISON Town: FENNER http://www.nysm.nysed.gov/historicmarkers/hisaction.cfm Arquivado 05 de agosto de 2012 en Archive.is.
- ↑ Dalton, Roy.
- ↑ Trudel.
- ↑ Lemieux, Raymond, Les années Champlain in Québec - La grande aventure, Québec Science, Especial 400º aniversario. Verán de 2008, páxina 50.
- ↑ Robert Le Blant, "La famille Boullé 1586-1639", en Revue d'Histoire de l'Amérique Française, vol. 17, n° 1, 1963, páx. 55-69. En liña.
- ↑ René Jetté, Dictionnaire généalogique des familles du Québec, des origines à 1730 (Montréal, Les Presses de l'Université de Montréal, 2002 (1ª édit. 1983), 1206 p.
- ↑ Fotocopia do derradeiro testamento de Champlain (6 páxinas) Arquivado 25 de xullo de 2011 en Wayback Machine. Archives Canada-France Arquivado 15 de setembro de 2014 en Wayback Machine..
- ↑ "Conrad E. Heidenreich: Who was Champlain? ". Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2013. Consultado o 06 de xullo de 2017.
- ↑ Robert Le Blant: "Le triste veuvage d’Hélène Boullé". En Revue d'histoire de l'Amérique française, 18 (3), 1964, pp 425-437.
- ↑ "Time Periods - Life and Death of Champlain". Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2011. Consultado o 06 de xullo de 2017.
- ↑ La chapelle et le tombeau de Champlain: état de la quesion Arquivado 04 de setembro de 2015 en Wayback Machine..
Véxase tamén
editarBibliografía
editarEn francés
editar- "Biography of Samuel de Champlain". Dictionary of Canadian Biography Online., Marcel.
- Mathieu d'Avignon, Champlain et les fondateurs oubliés. Les figures du père et le mythe da fondation, 2008, Quebec, Les Presses de l'Université Laval, 558 páxinas. [ISBN 978-2-7637-8644-5]
- Eric Thierry, La France de Henri IV en Amérique du Nord. De la création de l'Acadie à la fondation de Québec, París, Edit. Honoré Champion, 2008, 502 p.
- Raymonde Litalien e Denis Vaugeois (dir.) Champlain: La naissance de l'Amérique française Sillery (Quebec): Septentrion; París: Nouveau monde éd.; La Rochelle: Conseil Général de La Charente-Maritime, 2004. 397 p., 34 cm. [ISBN 2-84736-079-4]
- Émile Cappella, Champlain, le fondateur de Québec. París: Magellan & Cie, coll. «Traces & fragments», 2004. 125 p. [ISBN 2-914330-49-9]
- Caroline Montel-Glénisson. Champlain: La découverte du Canada. París: Nouveau Monde éditions, 2004, 188 páxinas.
- La Grosse Aventure des marins saintongeais dans les terres neuves et Le Grand Livre des voyages de Champlain - Bernard Mounier, Patrick Henniquau, Ed. Bonne Anse e CDA, 2005.
- Yves Cazaux. Le rêve américain, de Champlain à Cavelier de La Salle, Albin Michel, 1988, 544 páxinas.
- Rosario Bilodeau. Champlain, Montréal: Éditions HMH limitée, 1961, 198 páxinas.
- Marcel Trudel. Champlain: texte, Montréal: Fides, 1956, 94 páxinas.
- Paul Bouchart d'Orval. Le mystère du tombeau de Champlain, Montréal, Société Nationale Samuel de Champlain. 3ª edición 1951, 125 páxinas.
- Maurice Besson. Champlain, París: Éditions de l'Encyclopédie de l'Empire Français, 1946, 156 páxinas.
- Constantin-Weyer. Champlain, París: Plon, 1931, 241 páxinas.
- Étienne Micard. L'Effort persévérant de Champlain, París: Éditions Pierre Roger, 1929, 281 páxinas.
- Léon Lle Clerc. Champlain célébré par les Normands et les Canadiens: mémorial des fêtes données à Honfleur les 13, 14 & 15 août 1905, Honfleur: Imprimerie R. Sescau, 1908, 128 páxinas.
- Abbé Silvio Corbeil. Chomedey de Maisonneuve: drame chrétien en trois actes; Samuel de Champlain: pages oratoires; trois auréoles!, Montréal: Cadieux & Derome, 1899, 115 páxinas.
- Henri-Raymond Casgrain. Champlain: sa vie et son caractère, Quebec: Imprimerie de L.-J. Demers & frère, 1898, 60 páxinas.
- Champlain et son œuvre: une page d'histoire, Quebec: A.E. Talbot, éditeur, 1898, 107 páxinas.
- Hubert Deschamps, Les voyages de Samuel Champlain, París, PUF, 1951.
- Narcisse-Eutrope Dionne. Samuel Champlain, fondateur de Québec et père da Nouvelle-France. Histoire de sa vie et de ses voyages, s.é., Quebec, 2 tomos de 430 e 559 páxinas,
En inglés
editar- Champlain, Samuel de; Biggar, H. P.;Langton, H. H.; Ganong, William Francis; Cameron, John Home (1922-1936). The works of Samuel de Champlain. Champlain Society. OCLC 4530824.
- Conrad Edmund Heidenreich. Champlain and the Champlain Society: an early expedition into documentary publishing, Toronto: The Champlain Society, 2006, 130 páxinas
- Raymonde Litalien e Denis Vaugeois. Champlain: the birth of French America, Montreal: McGill-Queen's University Press; Sillery: Septentrion, 2004, 397 páxinas.
- Joe C.W. Armstrong. Champlain, Toronto: Macmillan of Canada, 1987, 318 páxinas.
- Conrad Edmund Heidenreich. Explorations and mapping of Samuel de Champlain, 1603-1632, Toronto: B. V. Gutsell: Department of Geography, York University, 1976, 140 páxinas.
- Samuel Eliot Morison. Samuel de Champlain: Father of New France (Little Brown, 1972). [ISBN 0-316-58399-5]
- George MacBeath (ed.). Champlain and the St. John, 1604-1954, Saint John, N.B.]. New Brunswick Historical Society, 1954, 80 páxinas.
- Morris Bishop. Champlain: the life of fortitude. Nova York: Alfred A. Knopf, 1948, 364 páxinas.
- Louise Hall Tharp. Champlain Northwest voyager, Boston: Little Brown & CO., 1944, 250 páxinas.
- Henry Wayland Hill. The Champlain tercentenary: final report of the New York Lake Champlain Tercentenary Commission', Albany: Lyon Co., 1913, 325 páxinas.
- Narcisse-Eutrope Dionne, N.-E. Champlain, Toronto: Morang, 1905, 299 p. (na serie The Makers of Canada; v. 1)
- John Murdoch Harper. Champlain: a drama in three acts; with an introduction entitled Twenty years and after, Toronto; Quebec: the Trade Publishing Company: T.J. Moore & Company, 1908, 296 p.
- Edwin Asa Dix. Champlain, the founder of New France, Nova York: D. Appleton, 1903, 246 páxinas. Texto completo en liña
- Francis Parkman. Champlain and his associates: an account of early French adventure in North America, Nova York: Charles E. Merrill, 1890, 64 páxinas
Filmografía
editar- 1963 - Champlain, por Denys Arcand, ONF
- 1988 - En quête d'un pays, por Robert Doucet, ONF
- 2008 - Enquête Champlain, por Marie Nadeau, Les Productions Hyperzoom.
- 2008 - Champlain retracé, une œuvre en 3 dimensions, por Jean-François Pouliot, ONF [2]