Sam Raimi
Samuel M. Raimi,[1] nado en Royal Oak (Míchigan) o 23 de outubro de 1959,[2] é un director, produtor e guionista estadounidense.[3] Raimi é recoñecido polo seu traballo na dirección na triloxía sobre a personaxe de Spider-Man, estreada durante a década de 2000, ademais de polo seu labor como director de filmes de terror de baixo orzamento como a triloxía de The Evil Dead, que foi un dos seus primeiros proxectos.[3]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de outubro de 1959 (65 anos) Royal Oak, Estados Unidos de América |
Relixión | Xudaísmo |
Educación | Universidade Estatal de Míchigan Birmingham Groves High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | actor, montador, actor de cinema, produtor delegado, produtor de cinema, guionista, director de cinema, realizador |
Período de actividade | 1977 - |
Partido político | Partido Republicano |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Gillian Greene (1993–2024), divorcio |
Fillos | Lorne Raimi, Henry Raimi, Oliver Raimi |
Irmáns | Ted Raimi |
Parentes | Lorne Greene, husband's father |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Tamén participou en filmes realizados por colegas seus,[3] como os irmáns Coen, para os que tamén foi axudante de dirección. Na década de 1990 tamén traballou para a televisión, como produtor de series como Hercules: The Legendary Journeys e Xena: Warrior Princess.
Traxectoria
editarPrimeiros anos
editarRaimi naceu no seu dunha familia de emigrantes xudeus de Rusia, por liña paterna, e de Hungría, pola materna.[4] Foi educado no xudaísmo conservador.[5][6] Raimi ten un irmán máis vello, o guionista Ivan Raimi,[4] e un máis novo, o actor Ted Raimi.[7] A súa irmá máis vella Andrea Raimi Rubin, é reporteira de tribunais.[8] Outro irmán máis vello, Sander, faleceu afogado con quince anos; Raimi dixo que o trauma uniu fortemente o resto da familia.[9] Raimi tamén mencionou que Sander foi que lle amosou a Spider-Man, iniciando o seu amor polas bandas deseñadas.[10]
Sam Raimi comezou a afeccionarse á realización aos 13 anos, grazas a unha primitiva cámara de vídeo que tiña un amigo seu. Ata a edición de The Evil Dead, gravara uns trinta filmes de prácticas.[5] O máis coñecido entre os seus amigos foi The Happy Valley Kid: The Story of a Sudden Driven Mad, a historia dun universitario que é humillado polos seus compañeiros e abandonado pola súa moza ata que tolea e acaba con todos eles.[5]
Carreira
editarEn 1978, rodou unha curtametraxe de 32 minutos titulada Within the Woods que foi protagonizada polos seus amigos da Universidade de Míchigan Bruce Campbell e Ellen Sandweiss. Está considerada unha precuela de The Evil Dead. Un sólido apoio por parte da crítica e o permiso de varios exhibidores para amosar a curta axudaron a consolidar a validez do proxecto.[11] Como resultado, Raimi comezou a traballar na longametraxe.
En 1981 escribiu e dirixiu unha das obras máis innovadoras da serie B, The Evil Dead, unha acertada combinación de humor negro, terror sobrenatural e cinema gore. Igual que Within the Woods, foi protagonizada por Bruce Campbell e Ellen Sandweiss e participaron tamén Richard DeManincor, Betsy Baker e Theresa Tilly. Nela, Raimi creou a icónica personaxe da saga Ash Williams, personificada por Bruce Campbell.
Tralo fracaso do seu filme Crimewave, Raimi rodou a secuela Evil Dead II (1987). Os primeiros minutos do filme volven contar a historia da primeira parte cambiando algúns elementos. O plan de Raimi era utilizar escenas de The Evil Dead, mais debido a problemas coas distribuidoras tivo que rodar de novo as escenas.[12] A secuela contou cun orzamento de 3,6 millóns de dólares,[13] case dez veces maior ca o de The Evil Dead.
Unha terceira parte da saga, titulada Army of Darkness, foi estreada en 1992. A historia está ambientada no ano 1300, época á que foi transportado Ash tras ser atrapado por un portal creado ao final de Evil Dead II. A diferenza das dúas primeiras partes, esta caracterizouse por ser máis cómica que terrorífica. O proxecto tivo un orzamento estimado de 13 millóns de dólares.[14]
Ao longo da súa traxectoria como realizador, Raimi creou unha gran variedade de filmes que van desde a comedia de slapstick[15][16] ata o terror máis gore. Entre elas esta a saga de éxito Spider-Man, protagonizada polo actor Tobey Maguire, que contou con cameos de Bruce Campbell e do creador do superheroe Stan Lee, con quen Raimi trabou unha grande amizade. Ademais, Raimi é un activo produtor.
Vida persoal
editarRaimi casou en 1993 con Gillian Greene, filla do actor Lorne Greene. Teñen cinco fillos, dos cales tres (Emma Rose, Lorne e Henry) apareceron como extras en Drag Me to Hell e na batalla final do filme Spider-Man 3.[17]
Filmografía
editarAno | Título | Director | Guionista | Produtor | Notas |
---|---|---|---|---|---|
1977 | It's Murder! | Si | Si | Si | Filme afeccionado Tamén montador e mesturador de son sen acreditar |
1981 | The Evil Dead | Si | Si | Executivo | |
1985 | Crimewave | Si | Si | Non | Coescrito cos irmáns Coen |
1987 | Evil Dead II | Si | Si | Non | Coescrito con Scott Spiegel |
1989 | Easy Wheels | Non | Si | Non | Coescrito con Ivan Raimi e David O'Malley (acreditado como "Celia Abrams") |
1990 | Darkman | Si | Si | Executivo | Coescrito con Chuck Pfarrer, Ivan Raimi, Daniel Goldin e Joshua Goldin |
1992 | The Nutt House | Non | Si | Non | Argumento co escrito con Scott Spiegel e Ivan Raimi Guión coescrito con Bruce Campbell e Ivan Raimi (acreditado como "Alan Smithee Jr.") |
Army of Darkness | Si | Si | Non | Coescrito con Ivan Raimi Tamén montador (acreditado como "R.O.C. Sandstorm") | |
1994 | The Hudsucker Proxy | Non | Si | Non | Coescrito cos irmáns Coen Tamén director da segunda unidade |
1995 | The Quick and the Dead | Si | Non | Non | |
1998 | A Simple Plan | Si | Non | Non | |
1999 | For Love of the Game | Si | Non | Non | |
2000 | The Gift | Si | Non | Non | |
2002 | Spider-Man | Si | Non | Non | |
2004 | Spider-Man 2 | Si | Non | Non | |
2005 | Man with the Screaming Brain | Non | Argumento | Non | Argumento coescrito con Bruce Campbell e David Goodman (acreditado como "R.O.C. Sandstorm") |
2007 | Spider-Man 3 | Si | Si | Non | Coescrito con Ivan Raimi e Alvin Sargent |
2009 | Drag Me to Hell | Si | Si | Non | Coescrito con Ivan Raimi |
2013 | Oz: The Great and Powerful | Si | Non | Non | |
2022 | Doctor Strange in the Multiverse of Madness | Si | Non | Non |
Notas
editar- ↑ Luke Savage (7 de marzo de 2013). "Sam Raimi interview: Oz, Warcraft, The Shadow, Spider-Man". Den of Geek. Dennis Publishing. Consultado o 1 de xaneiro de 2019.
...IMDB. They’ve added a name to me, they’ve called me Samuel Marshall Raimi, and I never knew I had a middle name. I have a middle initial, 'M'.
- ↑ "Sam Raimi: Director, Producer, Screenwriter". Turner Classic Movies. Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2020. Consultado o 23 de novembro de 2020.
Birth Place: Royal Oak, Michigan, USA. Born: October 23, 1959
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Luke, Savage. "Sam Raimi interview: Oz, Warcraft, The Shadow, Spider-Man". Consultado o 5 de xuño de 2016.
- ↑ 4,0 4,1 Aushenker, Michael (April 25, 2002). "Spider-Mensch: The Jewish roots of director Sam Raimi and 'Spider-Man'". Jewish Journal. Arquivado dende o orixinal o 8 de decembro de 2012. Consultado o 19 de marzo de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "Sam Raimi Biography (2006–)". Filmreference.com. Consultado o 19 de marzo de 2012.
- ↑ Pfefferman, Naomi (22 de agosto de 2012). "Sam Raimi's latest horror flick draws on 'true' tale, Jewish exorcism". Jewish Journal. Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2020. Consultado o 14 de marzo de 2013.
Raimi — who grew up in a Conservative Jewish home in Detroit....
- ↑ "Ted Raimi Biography (1965-)". Filmreference.com. Consultado o 19 de marzo de 2012.
- ↑ Headapohl, Jackie (7 de marzo de 2013). "Made In Michigan". The Jewish News (Detroit). Arquivado dende o orixinal o 1 de novembro de 2019.
- ↑ "Sam Raimi: Man behind the mask". The Independent (UK). 15 de xullo de 2004. Arquivado dende o orixinal o 6 de agosto de 2017. Consultado o 23 de novembro de 2020.
- ↑ Finke, Nikki; Fleming, Mike (11 de xaneiro de 2010). "'Spider-Man 4' Scrapped; Sam Rami & Tobey Maguire & Cast Out; Franchise Reboot for 2012". Deadline Hollywood. Arquivado dende o orixinal o 4 de agosto de 2011. Consultado o 3 de novembro de 2021.
- ↑ Egan, Kate (2011). The Evil Dead. Wallflower Press. pp. 26–28. ISBN 978-1-906660-34-5.
- ↑ McCharge, Brad (12 de xullo de 2011). "‘Evil Dead 4,’ and Why ‘Evil Dead II’ is Not a Remake". Mile High Cinema (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2016. Consultado o 5 de maio de 2016.
- ↑ "Evil Dead II (1987) - Box office / business". IMDb (en inglés). Consultado o 5 de maio de 2016.
- ↑ "Army of Darkness (1992) - Box office / business". IMDb (en inglés). Consultado o 5 de maio de 2016.
- ↑ Perno, G. S. (2020-06-17). "Directors' Trademarks: Sam Raimi". Cinelinx | Movies. Games. Geek Culture. (en inglés). Consultado o 2021-11-30.
- ↑ Gibron, Bill (2006-10-04). "Depth of Field: Sam Raimi – Horror's Stylistic Savior, PopMatters". PopMatters (en inglés). Consultado o 2021-11-30.
- ↑ "Sam Raimi Returns to Horror Film Roots With 'Drag Me to Hell'" (en inglés). ABC News. Consultado o 6 de febreiro de 2020.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sam Raimi |