Salomé (princesa)
Salomé, nada en 14 e finada en 62?, foi unha princesa idumea, filla de Herodes Filipo I e Herodías, e fillastra de Herodes Antipas, relacionada coa morte de Xoán o Bautista.
Nome orixinal | (he) שלומית (grc) Σαλώμη |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 14 |
Morte | século I |
Relixión | Xudaísmo e Xudeocristiáns |
Actividade | |
Lugar de traballo | Xudea |
Outro | |
Título | Raíña consorte |
Familia | Herodian dynasty (en) |
Cónxuxe | Filipe Aristóbulo (filho de Herodes de Cálcis) |
Fillos | Aristobulus () Aristóbulo (filho de Herodes de Cálcis) |
Pais | Herodes Filipe e Herodíade |
Cronoloxía | |
Decapitação de João Batista (pt) | |
Descrito pola fonte | Enciclopedia Bíblica de Archimandrita Nicéforo Encyclopædia Britannica Enciclopedia Católica |
Relación coa morte de Xoán o Bautista
editarSegundo os evanxeos sinópticos, Xoán o Bautista reprobaba o matrimonio de Herodes Antipas e Herodías por ser esta unha muller divorciada, o cal non era lícito para a lei xudía. Por mor disto, Herodes Antipas mandou encerrar o profeta nun calabozo, mais non o mataba por temor ás protestas do pobo. O día do aniversario de Herodes, con todo, no medio dunha festa cos principais de Galilea presentes, Salomé realizou unha danza para el, a cal agradou tanto o rei que este lle permitiu, baixo xuramento, que lle pedise como agasallo o que quixese. Aconsellada pola súa nai, Salomé pediu a cabeza de Xoán o Bautista nunha bandexa de prata. Como dera a súa palabra, Herodes Antipas mandouno decapitar, e un garda encargouse de entregarlle a cabeza a Salomé como a pediu, que á súa vez a entregou á súa nai (Mateu 14:1-12, Marcos 6:14-29 e Lucas 9:7-9).
Identificación
editarNo Novo Testamento, Salomé non é mencionada polo seu nome; só se fai referencia a ela como a "filla de Herodías" (Marcos 5:6-22). O seu nome chegou até nós grazas ás Antigüidades xudías, de Flavio Xosefo (libro XVIII, capítulo 5,4). O primeiro esposo de Herodías foi Herodes Filipo I (27 aC -34), fillo de Mariamna II, que non debe confundirse co primeiro esposo de Salomé, fillo de Cleopatra de Xerusalén, Herodes Filipo II, tetrarca de Traconítida e Iturea, o seu medio irmán e á vez medio irmán máis novo de Herodes Antipas, tetrarca de Galilea e fillo de Maltaké.[1]
Non debe confundirse esta Salomé coa Salomé que aparece no Novo Testamento como seguidora de Xesús de Nazaret.
Salomé nas artes
editarPintura
editar- Artigo principal: Salomé coa cabeza do Bautista.
A historia bíblica foi representada con frecuencia na pintura, xa que ofrece a posibilidade de plasmar escenarios exóticos e mulleres seminúas sen abandonar o repertorio bíblico. Algúns dos pintores que levaron o lenzo a historia de Salomé foron Tiziano (Palazzo Doria-Pamphili de Roma), Caravaggio (Palacio Real de Madrid), Gustave Moreau, Federico Beltrán Masses e Bartholomäus Strobel (Museo do Prado).
Foi representada por Artemisia Gentileschi.
Literatura
editar- Artigo principal: Salomé (Oscar Wilde).
A historia de Salomé deu lugar a varias elaboracións literarias.
Dunha parte, proporciona o argumento a unha coñecida obra teatral de Oscar Wilde, que se estreou en París en 1896. Na obra de Wilde, Salomé sente unha morbosa atracción por Xoán o Bautista. Enfurecida polo seu rexeitamento, pídelle ao seu padrasto que sexa executado. Ao final da obra bica a cabeza do Bautista. Wilde publicou e estreou a obra en Francia por mor da prohibición existente no Reino Unido de levar á escena argumentos bíblicos. Na versión francesa foi auxiliado por Marcel Schwob. Máis adiante, a obra foi traducida ao inglés; Alfred Bruce Douglas (Bosie), amante de Wilde, consta como tradutor ao inglés da obra. Curiosamente, o detalle morboso do bico aos beizos mortos de Xoán aparecía xa nunha obra medieval, o Ysengrimus de Nivardo de Gante (século XIII), en que se dá unha curiosa confusión entre Salomé e Herodías. Cando tenta bicar a boca da cabeza decapitada de Xoán o Bautista, este sopra e Herodías/Salomé sae voando.
Un dos primeiros en abordar o tema en Hispanoamérica foi Julián del Casal, un dos fundadores do modernismo, que escribiu o soneto "Salomé".
Outro poeta modernista Rubén Darío fai referencia a Herodías e a súa filla nun dos seus poemas máis coñecidos. O portugués Eugenio de Castro crea unha obra poética co nome de "Salomé e outros poemas".
Ademais na obra "Aunque me lavase con agua de nieve" da escritora chilena Diamela Eltit preséntase un caso de intertextualidade aludindo a este personaxe.
Gustave Flaubert dedícalle o relato Herodías, que narra a historia do Rei que a petición de Salomé, trae a cabeza de Xoán o Bautista nunha bandexa de prata.
Teatro
editarO dramaturgo arxentino Mauricio Kartún estreou en 2011 a excepcional obra Salomé de chacra, que en 2013 deu orixe a un documental: Kartún, el año de Salomé.
Ópera
editar- Artigo principal: Salomé (ópera).
A obra de Wilde, na súa tradución alemá, foi convertida en ópera por Richard Strauss. A obra de Strauss forma parte do repertorio operístico habitual, e é hoxe máis coñecida que a propia obra de Wilde. Estreouse en Dresden en 1905, e é famosa pola pasaxe da Danza dos sete veos.
Cinema
editarA historia de Salomé foi levada ao cinema en varias ocasións. Destacan as seguintes películas:
- 1923 - Salomé, película dirixida por Charles Bryant, con Alla Nazimova no papel da protagonista.
- 1953 - Salomé, dirixida por William Dieterle e con Rita Hayworth.
- 1978 - Salomé, dirixida por Pedro Almodóvar.
- 1998 - Salomé, de Ken Russell.
- 2002 - Salomé, de Carlos Saura.
Brigid Bazlen encarnou a Salomé na película de 1961 Rey de Reyes; Isabel Mestres, na miniserie de 1977 Jesús de Nazareth.
Música
editarEn 1997 o ex-vocalista de Héroes del Silencio Enrique Bunbury lanzou no seu primeiro álbum solista denominado Radical Sonora a canción Salomé na que un escravo da princesa lle recita un poema. Tamén o cantante Visual-Kei Kaya, lanzou o 20 de xuño de 2012 un sinxelo coa temática de Salomé. O sinxelo confórmase principalmente de dúas cancións chamadas Salomé e Babylon. Kaya tamén lanzou un adianto do seu próximo vídeo oficial da canción Salomé, cuxo vídeo ten a mesma temática. O vídeo atópase en youtube baixo o nome de: "Kaya New Single "SALOME" 2012.6.20 Release!".
Tamén dáse o caso de Pete Doherty, o carismático cantante británico, líder de The Libertines, e dos Babyshambles, o cal titulou unha das cancións do seu primeiro álbum en solitario, Grace Wastelands, como Salomé, contando a historia de Salomé, dunha forma poética e melódica.
Tamén a banda de Metal Alemá "Xandria" lanzou un álbum conceptual no ano 2007, baseado en Salomé.
A banda de Technical Death Metal Cryptopsy lanzou un álbum en 1996 titulado Non Xo Vile, en cuxo álbum usaron unha pintura de Salomé coa cabeza de Xoán o Bautista en bandexa de prata.
A banda estadounidense The Smashing Pumpkins representa a danza de Salome no videoclip Caseta Inside your love do álbum Machina/the machines of god.
Notas
editar- ↑ Biblia de Jerusalén: 1323, n.14.3; 1681. Bilbao: Desclée de Brower, 1971.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Wikimedia Commons alberga unha categoría multimedia sobre Salomé.