Sagunto, Valencia
Sagunto[1] (en valenciano: Sagunt; en castelán: Sagunto, historicamente coñecida como Morvedre) é unha cidade do País Valenciano situada no norte da provincia de Valencia, sendo a máis importante da comarca do Camp de Morvedre.
Sagunt (ca) Morvedre (Historical) (ca) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
Provincia | provincia de Valencia | ||||
Capital de | |||||
Capital | Sagunto | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 70.128 (2023) (531,27 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | Valenciano (lingua predominante) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 132 km² | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
Altitude | 49 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Darío Moreno Lerga (2019–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 46500 e 46520 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 46220 | ||||
Código ARGOS de concellos | 46220 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | sagunt.es | ||||
A cidade ten dous núcleos principais: o centro histórico ou Sagunto-Cidade, situado ao pé do castelo e do teatro romano, e o Porto de Sagunto, a 5 quilómetros do centro histórico. O termo municipal ten máis de 62.702 habitantes (INE 2006) repartidos entre estes 5 quilómetros que separan a praia do antigo castelo romano, vivindo a maioría deles (preto de 35.000) no Porto.
Xeografía
editarO municipio e a cabeceira da comarca do Camp de Morvedre. Situado á beira do río Palància que, despois de bordear o casco da cidade, desemboca nun aluvial, máis propiamente que un verdadeiro delta, posto que a súa pendente é de 5,7 por mil no últimos 4 km, superior ao normal dos deltas.
A costa é baixa e areosa, cuberta de dunas. A súa vexetación clímax pódese dar hoxe por desaparecida e houbo de estar dominada pola aciñeira. Na actualidade hai algunhas fragas de piñeiros nas montañas máis pretas ao mar Mediterráneo. Entre as especies, as que máis abondan son o romeu e a almecegueira. O medio climático é mediterráneo.
O extenso termo municipal de Sagunt limita ao norte con Soneja, Alfondeguilla, La Vall d'Uixó, Almenara (da provincia de Castelló), Algar de Palància, Quart de les Valls, Benavites, Benifairó de les Valls, Faura, ao leste con Canet d'en Berenguer e o mar Mediterráneo, ao sur con Puçol e El Puig e ao oeste con Petrés, Gilet, Albalat dels Tarongers, Estivella, Torres Torres, Algímia d'Alfara, todas elas na provincia de Valencia.
Demografía
editarSagunto ten 65.821 habitantes en 2008, sendo a cuarta cidade da provincia de Valencia por poboación. O seu peso demográfico débese á instalación de importantes industrias siderúrxicas na súa costa a principios do século XX, formando o núcleo urbano actual do Porto de Sagunto.
No núcleo histórico de Sagunto é común o uso do valenciano, mentres que no Porto, onde habita a maior parte da poboación, o castelán é a lingua predominante.
Evolución demográfica de Sagunt[2] | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1857 | 1887 | 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 1996 | 2001 | 2006 | 2008 | ||||
6.915 | 6.466 | 7.139 | 9.057 | 10.417 | 20.235 | 20.253 | 26.932 | 40.293 | 47.026 | 54.759 | 55.957 | 58.135 | 57.017 | 62.702 | 65.821 |
Economía
editarA súa economía está baseada principalmente na industria siderúrxica e na exportación de agres. Dentro do chan cultivado temos de secan alfarrobeiras, oliveiras e algunhas vides e amendoeiras e entre o regadío temos a laranxeira e outras árbores froiteiras. Até o século XIX foi unha poboación esencialmente vinícola, exportando viños e augardentes a Francia: trala destrución dos viñedos pola filoxera nos inicios deste século e a conversión do secan en regadío, os viñedos foron substituídos polos agres.
A actividade pesqueira comezou coa construción do porto pesqueiro. A industrialización produciuse no século XX. A principios deste século comezou a exportación de mineral de ferro de Ojos Negros (Teruel) a parte das fábricas de augardentes, fariña e tecedores de lenzos comúns de fíos.
Deportes
editarEn Sagunto existen dous clubs de balonmán de importante nivel e prestixio, o Balonmano Sagunto feminino, que se atopa na máxima división estatal e disputa os seus partidos no pavillón Rene Marigil; e o Alser Balonmano Porto Sagunto, que nestes momentos atópase en Primeira División Nacional, e disputa os seus encontros no Pavillón Municipal de Sagunto. Existen tres clubs de fútbol, dous no núcleo histórico, Atlético Saguntino e Fútbol Base Sagunto, e outros 2 no Porto, Cidade o Porto C.F. (2ª rexional) e C.D. Aceiro, que pese a aglutinar a moitos deportistas nas súas respectivas estruturas, os seus primeiros equipos atópanse en categorías rexionais. Así mesmo tamén hai dous clubs de baloncesto, o Bàsquet Sagunt, que nos últimos tempos está collendo grande interese no municipio debido aos seus constantes ascensos de categoría, e o C.B. Puerto do núcleo do Porto. A nivel de deportes de equipo tamén hai clubs de voleibol, o Stella Maris e fútbol sala, o C.D. Ibérico. Por outra banda tamén hai clubs de atletismo, xadrez, ximnasia, loita, natación, tenis de mesa, judo, e practicamente de case todas as categorías deportivas existentes, que representan o nome da cidade a nivel rexional, nacional, e ata nalgúns casos internacional, caso do Balonmano Sagunto, representantes do club de loita Ares que disputan competicións internacionais, ou de importantes atletas locais como Sandra Jiménez.
Festas
editar- Festividade de Sant Antoni.
- Festividade de Sant Vicent Ferrer.
- Fallas (Celebradas os días previos ao 19 de marzo)
- Semana Santa
- Festividade de San Cristóbal (Celebrada o domingo máis preto do 10 de xullo)
- Festas patronais na honra dos Santos Mártires Abdón e Senén (Celebradas a segunda quincena de xullo)
- Festividade da Virxe de Begoña (Celebrada a primeira quincena de agosto)
- Festas en honor de San Ramón (Celebradas a última semana de agosto)
- Festas en Honor da Virxe do Bo Suceso (Celebradas a primeira decena de setembro)
- Festas de mouros e cristiáns (Celebradas a primeira fin de semana de outubro)
- Festas do Barrio Biensa (Celebradas a última semana completa de setembro)
Panorámico
editarMonumentos
editar- Teatro Romano de Sagunto.
- Castelo de Sagunto.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para saguntino.
- ↑ Fonte: Poboación de feito segundo o INE. Alteracións dos municipios nos Censos de Poboación dende 1842 Arquivado 11 de marzo de 2009 en Wayback Machine. Series de poboación dos municipios dende 1996. Arquivado 02 de xuño de 2008 en Wayback Machine.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sagunto, Valencia |