Lucio Anneo Séneca[1], nado cara ao ano 4 a. C. en Corduba (a actual Córdoba) e finado no 65 en Roma, foi un filósofo do Imperio Romano, máis coñecido como Séneca o Novo e clasificado xeralmente como estoico.

Modelo:BiografíaSéneca

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Lucius Annaeus Seneca Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 a. C. ↔ 1 Editar o valor en Wikidata
Corduba (Imperio Romano) Editar o valor en Wikidata
Morte12 de abril de 65 Editar o valor en Wikidata (59/68 anos)
Roma (Imperio Romano) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio forzado, desangramento Editar o valor en Wikidata
Senador romano
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaCorsica (en) Traducir
Roma Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoÉtica e filosofía política Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Roma Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndramaturgo, estadista, político, aforista, poeta, filósofo, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor en Wikidata
MovementoEstoicismo Editar o valor en Wikidata
ProfesoresSotion (en) Traducir e Papirius Fabianus (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxePompeia Paulina Editar o valor en Wikidata
PaisMarcus Lucius Annaeus Seneca Editar o valor en Wikidata  e Helvia Antonia Editar o valor en Wikidata
IrmánsLúcio Júnio Gálio Aneano
Marcus Annaeus Mela Editar o valor en Wikidata
ParentesLucano, sobriño Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0784172 Galiciana: 29820 BNE: XX824530 Bitraga: 1448 Musicbrainz: d787fd08-ece5-4b64-8670-7208765601e1 Discogs: 3009934 Editar o valor en Wikidata

Primeira carreira política

editar

Séneca sempre tivo unha saúde enfermiza, especialmente debido á asma que padecía dende a súa infancia. Tanto é así que chegou a escribir que o único que lle impedía suicidarse era a tristeza que sentiría o seu pai cando o perdera.

No ano 31 volveu a Roma, onde foi nomeado Cuestor, feito co que iniciou o seu cursus honorum, no que pronto destacou polas súas grandes facultades de escritor e orador. No ano 37, cando o emperador Calígula sucedeu a Tiberio, Séneca convertérase no principal orador do Senado e xa provocara a envexa e os celos do novo e megalómano César, o cal ordenou a súa execución. Pénsase que foi unha muller próxima ao círculo máis íntimo de Calígula a que conseguiu que este revogase a sentenza, ao afirmar que Séneca padecía tuberculose e pronto falecería por si mesmo. Como consecuencia disto, Séneca retirouse da vida pública.

No ano 41, coa morte de Calígula e coa entronización de Claudio, Séneca, que continuaba sendo unha persoa relevante dentro do estamento político romano, foi de novo condenado á morte. Desta vez a pena cambiouse por un desterro a Córsega. A sentenza oficial acusábao de adulterio con Xulia Livilla, irmá de Calígula. É bastante improbable que isto fose certo pero descoñécense as causas reais. O máis probable é que fose condenado porque a esposa de Claudio, a célebre Valeria Mesalina, considerábao perigoso, xa que a entronización de Claudio producírase contra a oposición do Senado e Séneca, que debido ao seu prestixio como orador, era un dos senadores máis influentes.

Exilio en Córsega e retorno a Roma

editar

O seu exilio en Córsega durou 8 anos. Durante ese tempo, a raíz da morte de se pai, escribiulle un ensaio de consolación á súa nai Helvia. Destaca por propugnar actitudes estoicas moi diferentes ás que, por ese mesmo período, se mostran na Consolación a Polibio, escrito co cal trataba de conseguir o perdón imperial.

O desterro durou ata que a nova esposa de Claudio, Agripina a Menor, lle conseguiu o perdón imperial. Reclamárono en Roma e, por indicación de Agripina, nomeárono pretor na cidade. O favor imperial non rematou aí, pois no ano 51, de novo grazas á mesma muller, nomeárono titor do mozo Lucio Domicio Ahenobarbo, futuro Nerón, que era fillo dun matrimonio anterior desta. Isto debeuse a que Agripina, á parte de buscar un titor ilustre para o seu fillo, cría que a fama de Séneca faría que a familia imperial ganara en popularidade, ademais de considerar que Séneca sería un importante aliado e un sabio conselleiro nos plans de acadar o poder que albergaba para Nerón.

No ano 54, o emperador Claudio faleceu (segundo a maioría das fontes históricas, envelenado pola súa esposa) e o seu fillastro Nerón subiu ao poder. Aínda que non hai ningunha evidencia de que Séneca estivese involucrado no asasinato de Claudio, si que se mofou do vello emperador na súa obra satírica titulada Apocolocyntosis divi Claudii («Cabazificación do divino Claudio»), na que este, tras unha serie de vicisitudes, acaba como un mero burócrata no Hades. Coa subida ao poder do mozo Nerón, que tiña uns 17 anos, Séneca foi nomeado conselleiro político e ministro, xunto cun militar chamado Sexto Afranio Burro.

Goberno do Imperio Romano

editar

Durante os oito anos seguintes, Séneca e Burro, a quen todos os historiadores romanos consideraron as persoas de maior valía e ilustración no contorno de Nerón, gobernaron de facto o Imperio Romano. Dito período destacaría por ser un dos de mellor e máis xusto goberno de toda a época imperial. A súa política, baseada no compromiso e na diplomacia máis que en innovacións e idealismo, foi modesta pero eficiente: tratouse en todo momento de refrear os excesos do mozo Nerón, ao tempo que evitaban depositar gran poder real nas mans de Agripina. Así, mentres Nerón se dedicaba, seguindo as instrucións de Séneca, a un lecer moralmente «aceptable», Séneca e Burro fixéronse co poder. Unha vez aí promoveron unha serie de reformas legais e financeiras, como a redución dos impostos indirectos, perseguiron a corrupción dos gobernadores provinciais, levaron a cabo unha exitosa guerra en Armenia, enviáronse expedicións para dar coas fontes do río Nilo... Durante este período nin Burro nin Séneca ocuparon ningún cargo institucional máis alá do de senadores, polo que exerceron o poder dende atrás, como meros conselleiros do mozo César.

Porén, conforme Nerón foi medrando, comezou a desprenderse da «benigna» influencia de Séneca, que co paso do tempo, ía perdendo influencia sobre o seu pupilo. Este, que demostrara unha natureza cruel ao facer asasinar ao seu irmán, pronto comezou a escoitar os consellos de membros da peor ralea da sociedade romana, meros arribistas que, como Publio Sulio Rufo, viron unha grande oportunidade para desprazar a Séneca do poder. Foi Rufo o que, no ano 58, acusou a Séneca de manter relacións sexuais con Agripina, co que deu orixe a unha campaña de desprestixio na que o filósofo foi acusado de extravagancia nos banquetes, hipocrisía e adulación nos seus escritos e, sobre todo, excesiva riqueza. De feito, é probable que a inmensa riqueza de Séneca propiciara a súa caída fronte a Nerón, o cal non toleraría que un particular puidese facerlle sombra nese aspecto.

Caída e morte

editar

No ano 59, Agripina foi asasinada por Nerón, o que marcaría o comezo do fin de Séneca. Aínda que non estiveran involucrados, Séneca e Burro tiveron que levar a cabo unha campaña de lavado de imaxe pública do emperador, a fin de minimizar o impacto do crime: Séneca escribiu a famosa carta ao Senado na que xustificaba a Nerón e explicaba que Agripina conspirara na contra do seu fillo. Posteriormente, este feito provocou acusacións de hipocrisía contra Séneca. No ano 62, cando Burro faleceu (probablemente asasinado), a situación de Séneca no poder volveuse insostible, xa que perdeu boa parte do seu capital político e dos seus apoios. Ademais, a campaña de desprestixio privouno da proximidade ao emperador, o cal, rodeado de aduladores como Tigelino, Vitelio ou Petronio, pronto comenzaría a falar de desembarazarse do seu vello titor.

Así, ese mesmo ano, Séneca pediulle a Nerón retirarse da vida pública e ofreceulle toda a súa fortuna. O retiro foille concedido tacitamente, aínda que a fortuna non foi aceptada ata anos despois. Desta maneira, Séneca conseguiu retirarse da cada vez máis perigosa corte romana, e comezou a pasar tempo viaxando polo sur de Italia coa súa segunda esposa, Paulina. Ao mesmo tempo, empezou a redactar unha das súas obras máis famosas, as Cartas a Lucilio, auténtico exemplo de ensaio, nas que ofrece todo tipo de sabios consellos e reflexións a Lucilio, un amigo íntimo que supostamente exercía como procurador romano en Sicilia. Esta obra serviría de exemplo e inspiración a Michel de Montaigne na redacción dos seus Ensaios.

Aínda así, Séneca non conseguiu librarse completamente da obsesiva perversión do seu antigo pupilo. Segundo Tácito, parece ser que nos seus últimos anos sufriu un intento de envelenamento, esta vez salvouse grazas á sinxela dieta que seguía previndo un ataque deste tipo, pero no ano 65 acusárono de estar implicado na famosa conxura de Pisón contra Nerón. Non existían probas firmes na súa contra, pero isto serviulle a Nerón como pretexto para librarse de moitos patricios e cabaleiros que consideraba subversivos ou perigosos, e entre eles estaba o propio Séneca. Así pois, xunto con moitos outros, foi condenado á morte.

Sobre a morte do filósofo, o historiador Tácito conta que o tribuno Silvano foi encomendado para darlle a noticia, pero sendo el un dos conxurados, e sentindo unha gran vergoña por Séneca, ordenoulle a outro tribuno que lle levara a notificación. Cando recibiu a noticia, examinou con calma a situación e pediu permiso para redactar o seu testamento, o cal lle foi denegado, pois a lei romana prevía que nestes casos todos os bens do conxurado pasaran ao patrimonio imperial.

Sabendo que Nerón actuaría con crueldade sobre el, decidiu suicidarse cortando os brazos e as pernas; a súa esposa Paulina quixo facer o mesmo para evitar ser humillada polo emperador, pero os gardas deste impediron ambas mortes. Séneca, ao ver que a súa morte non chegaba, pediu ao seu médico Eustacio Anneo que lle subministrase veleno grego (cicuta), o cal bebeu, pero sen ningún efecto. Pediu finalmente que o levasen a un baño quente, onde acabou asfixiado polo vapor, vítima da asma que padecía.

Ao suicidio de Séneca seguiu o dos seus dous irmáns e o seu sobriño Lucano, sabedores de que pronto a crueldade de Nerón recaería tamén sobre eles. O corpo deste foi incinerado sen cerimonia ningunha. Así o escribira el no testamento que fixera nos seus tempos de riqueza e poder, cando pensaba nos seus últimos momentos.

Consolacións

editar

Diálogos

editar

Traxedias

editar
  1. "Séneca, Lucio Anneo". Diciopedia do século 21 3. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1912. 

Véxase tamén

editar