Século -XXII
século
O século XXII antes de nosa era comezou o 1 de xaneiro do ano 2200 a.C. e terminou o 31 de decembro de 2101 a.C.
Acontecementos relevantes
editar- Evento climático do 4200 antes do presente, un grave acontecemento de aridificación que probablemente durou todo o século XXII a.C e provocou o colapso de varias civilizacións do Vello Mundo.
- 2217 a.C. - 2193 a.C.: invasións nómades de Acad.
- 2200 a.C.: na China, o Emperador Yu construe diques nos ríos.
- 2200 a.C.: en México desenvólvense pobos agrícolas.
- 2200 a.C.: entre Mari e Ur xorde Urkesh.
- 2200 a.C.: aparecen os minoicos.
- 2200 a.C.: aparece a Cultura do vaso campaniforme.
- c. 2184 a.C.: posible data para a morte do faraón Pepi II Neferkare, o monarca máis lonxevo da historia con 94 anos no trono.
- c. 2184 a.C.: dominio efémero de Merenre Nemtyemsaf II en Exipto.
- c. 2184-2181 a.C.: reinado de Netjerkare Siptah, último faraón da VI dinastía de Exipto, que despois daría lugar á lendaria figura de Nitocris.
- c. 2181 a.C.: data estimada para o fin do Imperio Antigo de Exipto e o comezo do Primeiro Período Intermedio. Outra data proposta é c. 2160 a.C. co final da VIII dinastía. A caída do Imperio Antigo puido ser causada por unha conxunción da gran seca do século XXII a.C, unha forte descentralización do estado e a confusión despois do longo reinado de Pepi II.
- c. 2181 a.C.: inicio da VIII dinastía exipcia con Menkare.
- c. 2180 a.C.: o Imperio acadio foi atacado polos Gutis, un pobo montañes do nordés.
- c. 2160 ou 2130 a.C.: fin do reinado do faraón Neferirkare no antigo Exipto, último rei da VIII Dinastía. Inicio da IX Dinastía, posiblemente despois do derrocamento de Neferirkare.
- c. 2160 a.C.: inicio do período medio minoica en Creta.
- 2150 a.C.: en Iraq comeza renacemento sumerio.
- 2150 a.C. (± 100 anos): preto de Al Karak <! - 31,1 ° 35,5 ° -> (Xordania), a poucos quilómetros ao leste do Mar Morto, un terremoto de 7,3 graos na escala de Richter.
- c. 2150 a.C.: Lagash.
- c. 2150-2030 a.C.: escríbese a Epopea de Gilgamesh.
- c. 2144 a.C.: Gudea, o gobernante (ensi) da cidade de Lagash, comeza a reinar.
- 2138 a.C.: Babilonia, ocorre un eclipse solar o 9 de maio e un eclipse lunar o 24 de maio, crese que é o dobre eclipse que tivo lugar 23 anos despois da ascensión do rei Shulgi de Babilonia polos que `defendcen a Cronoloxía do Antigo Oriente Próximo.
- c. 2125 a.C. - 2055 a.C.: "Modelo dunha casa e xardín, de Tebas". XI dinastía exipcia. Agora atópase no Metropolitan Museum of Art, Nova York.
- 2124 a.C.: Gudea, falece o gobernante (ensi) da cidade de Lagash).
- c. 2120 a.C.: esculpíuse a estatua votiva de Gudea de Lagash (Iraq). Agora atópase no Museo do Louvre.
- 2120 a.C.: os gutis son expulsados definitivamente de Mesopotamia por unha coalición de cidades sumerianas, dirixidas por Utu-Hgal, rei da quinta dinastía de Uruk.
- 2119 a.C. - 2113 a.C.: (cronoloxía media), Utu-hengal, primeiro rei da terceira dinastía de Ur.
- 2116 a.C. - 2110 a.C.: guerra Uruk - Gutis.
- 2112 a.C. - 2095 a.C.: campañas Sumerias de Ur-Nammu.
- 2112 a.C.: Ur-Nammu funda o imperio de Ur III.
- 2110 a.C.: Ur-Nammu remata coa dinastía de Lagash, e derrota a Nammakhani no 2110 a. C., case ao mesmo tempo que a Utukhengal.
- 2104 a.C. - 2103 a.C.: Data aproximada da inundación bíblica segundo o Calendario hebreo.
Caracteres relevantes
editar- Gudea (2144-2124 a.C.) Patesi de Lagash.
- Utu-hegal (2120-2112 a.C.), líder da coalición de cidades sumerias e rei de Uruk baixo o título de "rei das catro rexións do mundo".
- Ur-Nammu, xeneral e irmán de Utu-hegal, ao que sucedeu ou destronou no 2112 a.C., proclamándose rei de Sumeria e Acad, rematou definitivamente co predominio de Uruk en Sumeria e coa quinta dinastía de Uruk (que foi a última dinastía desta cidade), establecendo o centro de poder en Ur, comezando o predominio desta cidade na rexión, e fundando a Terceira dinastía de Ur, que conquistou Lagash e tamén puxo fin á Segunda Dinastía de Lagash (que tamén foi a última dinastía desta cidade) así como coa súa hexemonía.
- Pepi II Neferkare
Notas
editar- Referencias
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Século -XXII |