Rusia

país no leste de Europa e norte de Asia
(Redirección desde «Rusas»)

Rusia (en ruso: Россия, transliteración: Rossiia), oficialmente Federación Rusa (en ruso: Российская Федерация, transliteración: Rossiiskaia Federatsiia), é o maior país do mundo, estendéndose por case a metade de Europa e por preto dun terzo da Asia. Comprende, alén da porción continental, o enclave de Kaliningrado, no mar Báltico, e unha serie de illas e arquipélagos árticos, entre os cales os máis importantes son a Terra de Francisco Xosé, as illas Nova Zembla, a illa de Kolguev, o arquipélago da Terra do Norte, as illas de Nova Siberia e a illa de Wrangel. Inclúe tamén varias illas e arquipélagos no Extremo Oriente, en particular a illa Sakhalin, as illas Kuriles e as illas do Comandante. A porción continental limita ao norte co mar Branco, o mar de Kara, o mar de Laptev, o mar da Siberia Oriental e o mar de Chukchi, ao leste co estreito de Bering e o mar de Bering, que establecen comunicación con Alasca, o océano Pacífico, o mar de Okhotsk e co mar do Xapón, a través do cal contacta co Xapón, ao sur con Corea do Norte, a China, Mongolia, Kazakhstán, o mar Caspio, Azerbaidján, Xeorxia e co mar Negro, do outro lado do cal está Turquía, e a oeste limita co mar de Azov, Ucraína, Belarús, Letonia, Estonia, co golfo de Finlandia, Finlandia e Noruega. A capital de Rusia é a cidade de Moscova.

Modelo:Xeografía políticaRusia
Россия (ru)
Российская Федерация (ru) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoHimno da Federación Rusa (27 de decembro de 2000) Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 66°25′N 94°15′L / 66.42, 94.25
CapitalMoscova (1918–) Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Adiguesia
Aga Buriácia (pt) Traducir (–2008)
Baxkortostán Editar o valor en Wikidata../... 85
Escindido deUnión Soviética (1991) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación145.975.300 (2021) Editar o valor en Wikidata (8,55 hab./km²)
Lingua oficiallingua rusa Editar o valor en Wikidata
Relixiónaconfesional Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie17.075.400 km² Editar o valor en Wikidata
Auga13 % Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Báltico, Océano Pacífico, Océano Ártico, Mar Negro, Mar Caspio, Mar de Azov, Mar de Siberia Oriental, Mar de Barents, Mar de Chukchi, Shantar Sea (en) Traducir, Mar de Kara, Mar de Pechora (pt) Traducir, Mar do Xapón, Mar de Bering, Mar Branco, Mar de Ojotsk, Mar de Laptev e Queen Victoria Sea (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Elbrus (5.642 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoMar Caspio (−28 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación 25 de decembro de 1991Disolución da Unión Soviética (Disolución da Unión Soviética) causado por Mudança de nome oficial Editar o valor en Wikidata
Evento clave
26 de xullo de 1993Monetary reform in Russia, 1993 (en) Traducir
31 de agosto de 1996Primeira Guerra da Chechênia (pt) Traducir
1998Crise russa de 1998 (pt) Traducir
1 de xaneiro de 1998Monetary reform in Russia, 1998 (en) Traducir
17 de agosto de 1998moratória (pt) Traducir
18 de marzo de 2014anexação da Crimeia à Federação Russa (pt) Traducir
2022economic sanctions against the Russian Federation (en) Traducir
24 de febreiro de 2022invasión rusa de Ucraína Editar o valor en Wikidata
Día festivo
Santo padrónAndré Apóstolo Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernosuper-presidential republic (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Presidente da Federación Rusa Editar o valor en WikidataVladimir Putin (2012–) Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGoverno russo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor en WikidataMikhail Mishustin (2020–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoAssembleia Federal da Rússia (pt) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialCorte Constitucional da Rússia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal1.836.892.075.548 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
Exportacións totais337.800.000.000 $ (2015) Editar o valor en Wikidata
MoedaRublo ruso Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.ru, .рф, .рус e .su Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico 7 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112, 01 (en) Traducir, 02 (en) Traducir, 03 (en) Traducir, 101, 102 e 103 Editar o valor en Wikidata
Código de paísRU Editar o valor en Wikidata

Sitio webgov.ru Editar o valor en Wikidata
Facebook: MyCountryRussia Twitter: Russia Editar o valor en Wikidata

Historia

editar
Artigo principal: Historia de Rusia.

Imperio Ruso

editar
 
O tsar Nicolao II foi o derradeiro tsar de Rusia.

O Imperio Ruso foi establecido en 1721 polo tsar Pedro o Grande. O imperio foi o inmediato sucesor do Tsarato de Rusia que fora creado polo tsar Iván o Terrible en 1547 coa súa coroación como tsar.

O Imperio Ruso era unha monarquía hereditaria liderada por un emperador autocrático (tsar) dende a dinastía Romanov. O cristianismo ortodoxo foi a relixión oficial do Imperio e era controlado polo monarca a través do Sagrado Concilio. Os habitantes do Imperio dividíanse en estratos (clases) tales como dvorianstvo (nobreza), clero, comerciantes, cosacos e campesiños. Os nativos de Siberia e a Asia central rexistráronse oficialmente como o estrato chamado inorodsty (estranxeiros).

En 1914 e tras o asasinato do arquiduque Francisco Fernando de Austria-Hungría, estala a primeira guerra mundial, na cal Rusia uniuse ao bando aliado. Daquela o Imperio tiña unha extensión de 23.000.000 km² e unha poboación de 171.000.000 habitantes, cun crecemento demográfico do 1,8% anual. O goberno tsarista mandou mobilizar a máis de 8.000.000 homes superando amplamente o exército alemán, que soamente tiña 3.000.000, dous terzos estaban na fronte francesa, polo cal quedaban para a fronte do oeste 1.000.000 persoas, ou sexa que o exército ruso superaba o alemán en 8 a 1, pero o exército ruso non estaba ben adestrado para a guerra, e iso quedou marcado na batalla de Tanneberg, onde 250.000 alemáns venceron a 700.000 soldados rusos. A partir dese momento, os rusos non fixeron máis que retroceder en número de efectivos.

En 1915 os alemáns volven a derrotar as forzas rusas na batalla dos Lagos Mazurianos, o que provocou un descontento social en Rusia. En 1917, tras varios fracasos na fronte, apareceron movementos revolucionarios marxistas. O goberno tivo que desprotexer a fronte para deter os insurrectos, e isto foi aproveitado polas forzas xermanas que avanzaron rapidamente polo territorio ruso. En 1917, tras a Revolución de Outubro, o goberno bolxevique firma un tratado de paz cos alemáns (Tratado de Brest-Litovsk), que puxo fin á participación rusa na primeira guerra mundial.

Revolución de febreiro e Goberno provisional ruso

editar

Cando a autoridade do goberno do tsar empezou a fallar en marzo de 1917, a Duma e o Soviet de Petrogrado competiron polo poder. Como compromiso, formouse o Goberno provisional ruso (composto maioritariamente por membros do Partido Democrático Constitucional) entre os partidos liberais burgueses e os moderados socialistas que debía dirixir o país ata as eleccións da asemblea constituínte. Cando o tsar Nicolao II abdicou o 15 de marzo de 1917 e o seu irmán, o gran duque Miguel, rexeitou o trono o día seguinte, o goberno provisional dirixiu Rusia de xeito formal, mais o seu poder estaba limitado pola crecente autoridade do Soviet de Petrogrado.[1]

O novo goberno pareceu contar inicialmente cun apoio abafador e estivo formado por moitas das máis brillantes figuras dos liberais rusos, como o novo primeiro ministro Georgii Lvov, progresista e respectado veterano do traballo nos zemtsvos.[2]

República Socialista Soviética Federativa de Rusia

editar
 
Bandeira da RSSFR.

Repetidas e devastadoras derrotas das tropas rusas na primeira guerra mundial levaron a motíns xeneralizados nas principais cidades do Imperio Ruso e á derrota, en 1917, da dinastía dos Romanov, que reinou durante 300 anos. Os comunistas, baixo o comando de Vladimir Ilich Ulianov (coñecido como Lenin) conquistaron o poder deseguido, e formaron a URSS, na que Rusia ingresou como a República Socialista Soviética Federativa de Rusia. Baixo o goberno de Iosif Stalin (nado en Xeorxia) o dominio Ruso baixo a Unión Soviética fortaleceuse, ao custo de millóns de mortos e deportacións. A economía e a sociedade soviética ficaran atufadas nos anos posteriores até que o Secretario Xeral do Partido Comunista Mikhail Gorbachev introduciu a chamada glasnost (abertura, transparencia) e a perestroika (reestruturación) nunha tentativa de modernizar o comunismo, mais as súas iniciativas, sen que o desexase, estimularon forzas que, máis tarde, en 1991 provocaron a independencia das 15 repúblicas. Aínda que as constitucións soviéticas establecesen o dereito dunha república a separarse, quedou en teórico e moi improbable dado o centralismo soviético. Naquel momento, as repúblicas chegaron a ser países independentes, con algunha aínda frouxa organización baixo o título de Comunidade de Estados Independentes.

Dende entón, Rusia leva feito esforzos para construír un sistema político democrático e unha economía de mercado, para substituír o ríxido plan e control social, político e económico do período comunista. Un conflito de guerrillas forte aínda ocorre na rexión do Cáucaso ruso, na república da Chechenia.

Federación Rusa

editar
 
Boris Eltsin, primeiro Presidente da Rusia postsoviética.

Coa independencia en 1991 da Unión Soviética creouse a actual Federación Rusa. Rusia era a máis grande das 15 repúblicas que formaban a Unión Soviética, acumulaba máis do 60% do PIB e máis da metade da poboación. Os rusos tamén dominaban o exército soviético e o Partido Comunista. Por isto, Rusia foi amplamente aceptada como o estado sucesor da antiga URSS en canto ós asuntos diplomáticos se refire, e pasou a formar parte como membro permanente do Consello de Seguridade das Nacións Unidas.

A pesar desa aceptación, a Rusia postsoviética carecía do poder militar, político e económico da URSS. Rusia conseguiu que as demais ex Repúblicas Soviéticas entregasen voluntariamente as armas nucleares, concentrándoas así baixo o mando das aínda efectivas forzas aéreas, pero a maior parte do exército e a frota rusa estaban inmersos na confusión en 1991. Antes da disolución formal da Unión Soviética, Boris Eltsin fora elixido Presidente de Rusia en xuño de 1991 na primeira elección presidencial directa da historia rusa. En outubro de 1991, cando Rusia estaba ao bordo da independencia, Eltsin anunciou que o país procedería cunha reforma radical cara á economía de mercado seguindo as directrices do "big bang" polaco, tamén coñecido como terapia de choque.

Hoxe en día Rusia aínda ten parte da cultura política e a estrutura social do seu pasado soviético.

Organización político-administrativa

editar
Artigo principal: Subdivisións de Rusia.

A Federación Rusa estrutúrase en 89 subdivisións. Dentro da federación existen 21 repúblicas que gozan dun alto grao de autonomía sobre a maior parte das cuestións internas e estas corresponden a algunhas minorías étnicas de Rusia (aínda que non sempre sexan maioritarias nese territorio). Cada república ten a súa propia constitución. O territorio restante consiste en 9 krais (territorios), 46 provincias coñecidas como óblasts, 4 distritos autónomos e un óblast autónomo. A parte destes hai dúas cidades federais, Moscova e San Petersburgo. Recentemente, engadíronse sete distritos federais extensos como unha nova capa entre as subdivisións e o nivel nacional.

 
Mapa das subdivisións da Federación Rusa.
 
Mapa das repúblicas de Rusia.

Xeografía

editar
Artigo principal: Xeografía de Rusia.
 
Mapa topográfico de Rusia

O relevo de Rusia é variado: dominan chairas e vales (3/4 do territorio). As chairas Leste-Europea e Oeste-Siberiana, divididas polos montes Urais, son as maiores do planeta. Punto máis elevado: monte Elbrus (5.642 m).

Catro zonas climáticas -ártica, subártica, temperada e subtropical- determinan o clima da Rusia con 4 seguintes estacións no ano: inverno longo e nevoso, primavera temperada, verán curto e quente e outono chuvioso. As temperaturas medias varían en todo o territorio: en xaneiro -de -1 °C a -50 °C, en xullo- de 1 °C a 25 °C. Preto do 14 % do territorio (Siberia Norte e Norte do Oriente Extremo) fican alén do círculo polar co chan perennemente conxelado. A noite alá é de 60 días. As paisaxes severas dos desertos árticos do Norte sucédeas a tundra con mofo e lique. O inverno na tundra conta con 8-9 meses por ano. Máis para o Sur están espalladas as famosas forestas rusas que ocupan por volta de 43% do territorio do país. Os bosques densos de coníferas de difícil acceso chámanse "taigas".

Os bosques rusos supoñen máis da quinta parte das árbores do planeta, estimándose o seu volume en 111 miles de millóns de m3 (cada m3 ten unha masa de arredor de 1 tm).[3] Na zona central da Rusia atópanse as fragas máis claras, mixtas, dominadas por bidueiros, ameneiros, carballos. As fragas das zonas centrais están divididas por estepas. A maior parte de estepas é labrada e sementada con trigo, centeo, millo, xirasois etc. No Sur do país, principalmente na costa do Mar Negro, o clima é subtropical co inverno curto e húmido e verán longo e quente. Praias bonitas, sol e augas cristalinas atraen aos turistas de todo o país.

En Rusia hai preto de 120 mil ríos. A maioría están conxelados no inverno.

Economía

editar
Artigo principal: Economía de Rusia.

Rusia ten pasado por importantes transformacións desde o fin da Unión Soviética, saíndo dunha economía illada e planeada centralmente, para unha economía de mercado globalmente integrada. As reformas económicas dos anos 1990 privatizaron gran parte da industria, coa notable excepción dos sectores de enerxía e militar.

Con todo, o rápido proceso de privatización, incluíndo un sistema de imprestimo para a compra de accións, permitiu a formación de "oligarquías" económicas con fortes relacións políticas, que deixaron a propiedade das empresas privatizadas altamente concentrada en poucas mans. A protección aos dereitos de propiedade é pequena e o sector privado está suxeito a intervencións do Estado.

O 2006 a economía de Rusia creceu polo oitavo ano consecutivo despois da crise de 1998. O petróleo e os seus derivados, así como o gas natural son hoxe os seus principais produtos de exportación. A súa industria pode ser dividida en dous bloques: un con grandes produtoras de materias primas, que teñen competitividade global -en 2009 Rusia transformouse no principal exportador de petróleo e gas natural do mundo, así como o terceiro exportador mundial de aceiro e aluminio primario- e outro con outras industrias pesadas menos eficientes, altamente dependentes dos mercados consumidores locais.[4]

O país asinou un acordo bilateral cos Estados Unidos como un preludio a unha futura adhesión á OMC.

Política

editar
 
O Presidente de Rusia Vladimir Putin e o Primeiro ministro Dmitrii Medvedev.

Segundo a Constitución, que foi adoptada en referendo nacional o 12 de decembro de 1993 logo da crise constitucional rusa de 1993, Rusia é unha federación e unha república semipresidencialista, onde o Presidente é o Xefe do Estado e o Presidente do Goberno (primeiro ministro) é o Xefe de Goberno. A Federación Rusa está constituída como unha democracia representativa. O poder executivo exérceo o goberno. O poder lexislativo é responsabilidade das dúas cámaras da Asemblea Federal. O goberno está regulado por un sistema de controis e balances definidos pola Constitución da Federación Rusa, a Constitución do país é o contrato social para o pobo ruso.

O goberno federal está composto por tres ramas:

  • Lexislativa: a Asemblea Federal de Rusia é bicameral, está formada pola Duma Estatal (cámara baixa) e o Consello da Federación Rusa (cámara alta), adopta leis federais, declaracións de guerra, aproba tratados, manexa as finanzas e pode destituír o Presidente.
  • Executiva: o Presidente de Rusia é o Comandante en Xefe do exército, pode vetar os proxectos de lei, designa o Gabinete e outros funcionarios, quen administran e fan cumprir as leis federais.
  • Xudicial: a Corte Constitucional, a Corte Suprema, a Corte Suprema de Arbitraxe e as cortes federais de menor nivel, cuxos xuíces son nomeados pola Asemblea Federal por recomendación do Presidente, interpretan as leis e poden abolir leis se estiman que son inconstitucionais.

Segundo a Constitución, a xustiza constitucional na corte está baseada na igualdade de todos os cidadáns, os xuíces son independentes e están sometidos só a lei. Os xuízos son abertos e o acusado ten garantida a defensa. Desde 1996, Rusia estableceu unha moratoria sobre a aplicación da Pena de morte, aínda que esta non foi abolida por lei.

O Presidente elíxese por votación popular para un mandato de seis anos (desde as modificacións constitucionais de 2008) coa opción de ser elixido para un segundo mandato consecutivo (no hai restrición sobre o número total de veces que a mesma persoa pode ser elixida). Os ministerios do goberno están compostos polo Presidente do Goberno (primeiro ministro) e os seus viceprimeiros ministros, ministros e outros individuos; todos son designados polo Presidente por recomendación do primeiro ministro co requirimento do consentimento da Duma. Os principais partidos de Rusia están representados na Duma Estatal, estes son: Rusia Unida, o Partido Comunista da Federación Rusa, o Partido Liberal Democrático de Rusia e Rusia Xusta.

 
Fachada do edificio no que se atopan as dependencias da Corte Constitucional rusa.
 
O Kremlin de Moscova, residencia oficial do Presidente.

Relacións exteriores

editar
 
Líderes do BRIC en 2008 (da esquerda para a dereita): Manmohan Singh da India, Dmitrii Medvedev de Rusia, Hu Jintao da China e Luiz Inácio Lula da Silva do Brasil.

A Federación Rusa é recoñecida no Dereito internacional como continuidade da personalidade xurídica da antiga Unión Soviética.[5] Rusia continúa incorporando os compromisos da URSS, asumindo o asento permanente da URSS no Consello de Seguridade de Nacións Unidas[6], así como a afiliación noutras organizacións internacionais, ademais dos dereitos e obrigacións baixo os tratados internacionais, as propiedades e débedas. A política exterior rusa é polifacética, mantén relacións diplomáticas con 178 países e ten 140 embaixadas. Esta política está dirixida polo Presidente da Federación e está incorporada polo Ministro de Asuntos Exteriores.

Como un dos cinco membros permanentes do Consello de Seguridade das Nacións Undia, Rusia ten un importante papel no mantemento da paz e seguridade internacionais, así mesmo ten un rol moi importante na resolución de conflitos internacionais, participando no Cuarteto de Madrid, nas conversas a seis bandas con Corea do Norte, promovendo unha solución ó conflito de Kosovo e resolvendo asuntos sobre a proliferación nuclear. Rusia é membro do G8, o Consello de Europa, a OSCE e o APEC, ademais de liderar organizacións como a CEI, a EurAsEC, a OTSC, e a OCS. Rusia, xunto con Belarús, forman o chamado Estado da Unión. O expresidente Vladimir Putin avogou por unha alianza estratéxica con maior integración en varias dimensións incluíndo o establecemento dos catro espazos comúns entre Rusia e a Unión Europea.

Forzas Armadas

editar
 
Desfile do Día da Vitoria do 2010.

A defensa de Rusia está garantida polas Forzas Armadas da Federación de Rusia, unha organización militar estatal que segundo a lei federal № 61-ФЗ do 31 de maio de 1996 «Sobre a defensa» serve para rexeitar as agresións dirixidas contra a Federación Rusa, para a defensa armada da integridade e inviolabilidade do territorio da Federación, así coma a realización das tarefas de acordo coas leis constituíntes.

O comandante en xefe das Forzas Armadas é o Presidente da Federación Rusa e o Ministerio de Defensa serve como corpo administrativo destas. Hoxe en día, o número de efectivos activos que compoñen as Forzas Armadas son 1.037.000 e todos os homes dispoñibles suman 3.037.000.

As Forzas Armadas da Federación Rusa teñen tres ramas principais: as Forza terrestre, a Armada e a Forza Aérea.

Dereitos humanos

editar

En materia de dereitos humanos, respecto á pertenza nos sete organismos da Carta Internacional de Dereitos Humanos, que inclúen o Comité de Dereitos Humanos (HRC), Rusia firmou ou ratificou:

  Rusia   Status dos principais instrumentos internacionais de dereitos humanos[7]
CESCR CCPR CERD CED CEDAW CAT[8] CRC MWC CRPD
CESCR CESCR-OP[9] CCPR CCPR-OP1 CCPR-OP2-DP CEDAW CEDAW-OP[10] CAT CAT-OP CRC CRC-OP-AC CRC-OP-SC CRPD CRPD-OP[11]
Pertenza                                   
  Firmado e ratificado,   firmado pero non ratificado,   nin firmado nin ratificado,   sen información,   accedeu a firmar e ratificar o órgano en cuestión, pero tamén recoñece a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes.


Demografía

editar

Segundo as estimacións preliminares ao censo de 2010, a poboación residente na Federación Rusa o 1 de xaneiro de 2010 era de 142,905 millóns de persoas. A inmigración creceu nun 50,2% en 2007 ata acadar 274.000. A maior parte dos inmigrantes chegaron desde a CEI e eran rusos ou rusoparlantes. A densidade de poboación é maior na parte europea de Rusia, preto dos montes Urais e ó suroeste de Siberia.

Listaxe Municipio Suxeito federal Pob. Listaxe Municipio Suxeito federal Pob.
 
Moscova
 
San Petersburgo
 
Novosibirsk
 
Ekaterimburgo
1 Moscova Moscova 10.563.038 11 Ufa Bashkortostan 1.030.812
2 San Petersburgo San Petersburgo 4.600.276 12 Volgogrado Óblast de Volgogrado 1.015.617
3 Novosibirsk Óblast de Novosibirsk 1.409.137 13 Perm Krai de Perm 986.497
4 Ekaterimburgo Óblast de Sverdlovsk 1.343.839 14 Krasnoyarsk Krai de Krasnoyarsk 962.466
5 Nizhnii Novgorod Óblast de Nizhni Nóvgorod 1.271.045 15 Voronezh Óblast de Voronezh 847.620
6 Kazán Tatarstán 1.136.566 16 Saratov Óblast de Saratov 827.193
7 Samara Óblast de Samara 1.133.754 17 Togliatti Óblast de Samara 721.752
8 Omsk Óblast de Omsk 1.127.675 18 Krasnodar Krai de Krasnodar 713.426
9 Cheliabinsk Óblast de Cheliabinsk 1.095.909 19 Izhevsk Udmurtia 610.633
10 Rostov do Don Óblast de Rostov 1.048.124 20 Yaroslavl Óblast de Yaroslavl 606.888
Censo ruso (2010)[12]

Cultura

editar

Breves antecedentes da cultura rusa

editar
 
As tradicionais Matryoshkas.

Idade Media

(988) Adopción do cristianismo.
(1001-1100) Influencia artística e ideolóxica do Imperio bizantino.
(1237-1240) Batu Khan invade Rusia, impoñendo o autoritarismo na rexión.
(1480) Nace o estado soberano ruso.

Século XVIII

Occidentalización da cultura rusa a través das reformas de Pedro I.

Século XIX

(1801-1914) As clases altas de Rusia falan francés, algúns incluso como lingua materna.

Idade de Ouro da literatura rusa.

Século XX

(1914-1932) Avant Garde ruso.
(1917-1932) Construtivismo.
(1932–1953) Período estalinista (realismo socialista).
(1953-1991) Período pos-estalinista, aparece unha cultura máis liberal e aberta.
 
Ovo de Fabergé de 1906.

A cultura rusa

editar

A cultura rusa é un híbrido xerado a partir dos costumes propios de tantas civilizacións, que conformaron este grande estado multicultural e o resultado do seu desenvolvemento durante varias épocas. Está fortemente arraigada na cultura dos primeiros pobos eslavos.

Historicamente, a condición dominante en Rusia foi ocupada pola cultura rusa, a cultura do idioma ruso e a nacionalidade rusa. Isto é parcialmente, porque os rusos constitúen a maioría da poboación do país e porque moitas veces na historia de Rusia, as culturas doutras nacionalidades foron aculturadas a través da rusificación, por exemplo o Ucase de Ems.

A cultura da antiga Rusia viuse involucrada na conversión ó cristianismo ortodoxo e a acollida da arte e arquitectura bizantinas. A Igrexa tiña recursos para encomendar grandes obras de arte, así como a vontade e intención de conservalas.

En 1890, unha nova forma de arte tivo o seu auxe, as vangardas. Porén, foron desenvoltas dentro do réxime da Unión Soviética cando o goberno tomou o control de toda actividade artística.

A política da URSS respecto da cultura, foi controvertida: por un lado, estivo o desexo (motivado politicamente) de crear un pobo exclusivamente "soviético", expresado na noción da cultura soviética e exemplificado polo Realismo socialista. Pola outra banda, houbo campañas recorrentes de preservación das culturas nacionais: cada etnicidade tiña os seus propios "grandes escritores autóctonos" e as prácticas culturais folclóricas foron oficialmente apoiadas.

Dentro da literatura Rusa atópanse grandes mestres da literatura universal, rusos coma Alexander Pushkin, Fiódor Dostoievski, Lev Tolstoi, Anton Chekhov etc.

Lingua

editar

O ruso é a lingua oficial da Federación Rusa. Falado por case o 99% dos seus habitantes. O seu uso está amplamente estendido en moitas outras áreas adxacentes de Asia e Europa Oriental. Algunhas subdivisións de Rusia teñen outras linguas adicionais á parte da oficial.

Relixión

editar
 
Patriarca Filaret (Feodor Romanov).
 
Catedral de San Basilio, Moscova.

Rusia é un Estado laico.[13] A liberdade de culto está garantida[14] pola Constitución.

Segundo o Centro de Investigacións Sociolóxicas da Universidade Estatal de Lomonosov (Moscova), o 43.3% dos adultos considérase adherente da Igrexa Ortodoxa Rusa, mentres o 50.6% se considera simplemente cristián.[15] Aínda que os ortodoxos rusos son predominantes (90 millóns, o 63% da poboación), outras comunidades cristiás, como os ortodoxos armenios, católicos, protestantes, mormóns e testemuñas de Xehová tamén existen en cantidades menores. Segundo a Lei do Parlamento Ruso de 1997 sobre a relixión, as catro relixións de Rusia son a Igrexa Ortodoxa Rusa, o islam, o budismo e o xudaísmo. Todas as demais relixións deben cumprir unha serie de requisitos para a súa inscrición e dereito de predicar. Calcúlase que hai arredor de 15 a 20 millóns de musulmáns rusos, sendo así o islam a segunda relixión con máis seguidores do país. Rusia é o cuarto país con maior cantidade de xudeus logo de Israel, os Estados Unidos e a Arxentina. Ademais hai unha gran porcentaxe de ateísmo, en parte como consecuencia do pasado soviético que, en base ós textos de Karl Marx, desalentaba as relixións.

  1. Rabinowitch (1991), p. 29
  2. Rabinowitch (1978), p. XXI
  3. "Russia’s forests store more carbon than previously thought". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2021-08-04. 
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2011. Consultado o 07 de abril de 2012. 
  5. "Country Profile: Russia". Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2008. Consultado o 08 de abril de 2008. 
  6. https://archive.today/20120913181027/www.un.org/sc/members.asp
  7. Oficina do Alto Comisionado para os Dereitos Humanos. "Status by country" (en inglés). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2013. 
  8. Convención contra la Tortura y Otros Tratos o Penas Crueles, Inhumanos o Degradantes (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 1984. 39/46. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013. 
  9. Protocolo Facultativo del Pacto Internacional de Derechos Económicos, Sociales y Culturales (PDF) (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 2008. A/RES/63/117. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 9 de febreiro de 2014. 
  10. Protocolo Facultativo de la Convención sobre la eliminación de todas las formas de discriminación contra la mujer (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 6 de outubro de 1999. A/54/4. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013. 
  11. Protocolo facultativo de la Convención sobre los derechos de las personas con discapacidad (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende o orixinal o 2 de agosto de 2014. 
  12. "Censo ruso de 2010". Servizo Xeral de Estatísticas. 
  13. Artículo 14 del capítulo 1 de la Constitución de Rusia
  14. Artigo 28 do capítulo 2 da Constitución de Rusia
  15. "Overview of religious oppression and discrimination in Russia". Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2012. Consultado o 07 de abril de 2012. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar