Rurutu é unha das illas Austrais, localizadas na Polinesia Francesa. Está situada a 572 km ao sur de Tahití e a 210 km ao noroeste de Tubuai.

Modelo:Xeografía políticaRurutu
Imaxe

Localización
Mapa
 22°27′S 151°20′O / -22.45, -151.33
ColectividadePolinesia Francesa
Comuna da Polinesia FrancesaRurutu Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación2.322 Editar o valor en Wikidata (70,9 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie32,75 km² Editar o valor en Wikidata
Medición3,5 (ancho) × 10,4 (lonxitude) km
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Altitude385 m Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Xeografía

editar

Toponimia

editar

Rurutu anteriormente chamábase 'Eteroa[1] (Modelo:Refnec). Máis tarde, Cook desembarcó na illa de Tubuai, onde un nativo díxolle que viña da illa veciña chamada "Rurutu."

Xeoloxía

editar

A superficie total é de 32 km² cunha forma que recorda o continente africano. Ten unha estrutura xeolóxica sen arrecifes nin lagoa que a protexa do océano. A costa é escarpada, con moitas covas con estalactitas e estalagmitas. A altitude máxima é de 398 metros nos montes Manureva e Taatioe.

A poboación total era de 2.325 habitantes no censo de 2012. As aldeas principais son Moerai (a capital da comuna), Hauti e Avera. Desenvolveuse o turismo para observar as baleas que se achegan ata a costa. Durante o ritual Tere, celebrado en xaneiro, pódese asistir á proba da Amoraa oa'i, que consiste en levar unha pedra que pode pesar ata 150 kg. Aínda así a maioría da poboación dedícase á pesca e agricultura de subsistencia.

Historia

editar

Historicamente tamén se nomeou Oheteroa e Hitiroa. Os traballos arqueolóxicos permitiron datar a chegada dos polinesios cara ao 900 dC. O primeiro europeo en chegar foi James Cook, en 1769. Para previr a expansión británica desde as illas Cook cara ás Austrais, Francia estableceu o seu protectorado en Rurutu en 1889, e despois foi anexada en 1900.

Ligazóns externas

editar