Rumble Fish

filme de 1983 dirixido por Francis Ford Coppola

Rumble Fish é un filme estadounidense de 1983 dirixido por Francis Ford Coppola. Participou no Festival Internacional de Cinema de Donostia, onde obtivo a Cuncha de Ouro ao mellor filme.

Rumble Fish
Ficha técnica
Título orixinalRumble Fish
DirectorFrancis Ford Coppola
ProdutorFrancis Ford Coppola
Doug Claybourne
Fred Roos
GuiónS. E. Hinton
Francis Ford Coppola
Baseado enRumble Fish de S. E. Hinton
Intérpretes
MúsicaStewart Copeland
FotografíaStephen H. Burum
MontaxeBarry Malkin
EstudioZoetrope Studios
DistribuidoraUniversal Pictures
Estrea21 de outubro de 1983
Duración94 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento10 millóns de dólares
Recadación2 494 480 dólares[1]
Na rede
http://www.rumblefishdvd.com
IMDB: tt0086216 Filmaffinity: 224690 Allocine: 290 Rottentomatoes: m/rumble_fish Mojo: rumblefish Allmovie: v42295 TCM: 88745 Metacritic: movie/rumble-fish TV.com: movies/rumble-fish Netlix: 923565 Editar o valor en Wikidata

Características

editar

A película está baseada na novela homónima da autora adolescente Susan E. Hinton. Apenas uns meses antes sorprendera a Hinton o éxito de Rebeldes[2] (The Outsiders), tamén levada á gran pantalla por Coppola no mesmo ano de 1983.

Rumble Fish foi cualificada polo propio director como “de arte e ensaio para adolescentes[3]”. Tivo unha mala acollida comercial[4][5] nos Estados Unidos que contrastou co éxito, tanto de crítica como de portelo, nas salas europeas.

Sinopse

editar

A banda de Rusty James (Matt Dillon) vese envolvida nunha pelexa coa banda rival. No momento de maior violencia da lea aparece “The Motorcycle Boy” (Mickey Rourke), o irmán máis vello de Rusty James que se convertera en lenda marxinal, en realidade un decadente heroe aborrecido da vida ao que Rusty James quere desesperadamente imitarse. Tras o rescate do irmán vemos vagar as personaxes, sen aparente saída, por escenarios de drogadicción, abandono e delincuencia.

Significación

editar

A aposta da crítica pola perdurabilidade de Rumble Fish apunta en varias direccións[6][7][8][9]: o virtuosismo de certas escenas, o uso dramático do branco e negro e das incrustacións de imaxes en cor, a banda sonora (Stewart Copeland) e especialmente as reflexións sociais ou filosóficas -sobre a familia, sobre a miseria, sobre o tempo, sobre os modelos heroicos...-, por veces tinguidas de ironía.

Rumble Fish supón un achado de actrices -Diane Lane- e de novos actores –daquela érano Matt Dillon e Mickey Rourke e na lista figura, por exemplo, Nicolas Cage-. Tense destacado tamén o papel dos secundarios, algún habitual das preferencias coppolianas (Dennis Hopper) e outros coma Tom Waits.

  1. boxofficemojo.com (ed.). "Rumble Fish en Box Office Mojo". Consultado o 21 de decembro de 2022. 
  2. Xuvenil Alfaguara, tradución de Antón Palacio, 1989, 185 pp. ISBN 84-204-5061-8.
  3. "Cine Archivo // Ficha Película". www.cinearchivo.net. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2020. Consultado o 2020-04-12. 
  4. "Folha de S.Paulo - Coppola dá duas versões do sonho americano - 2/2/1994". www1.folha.uol.com.br. Consultado o 2020-04-12. 
  5. "amemóriadotempo: Rumble Fish – Juventude Inquieta". amemóriadotempo. quarta-feira, 12 de novembro de 2014. Consultado o 2020-04-12. 
  6. Bastenier, M. A. (2008-02-07). "'La ley de la calle', Rusty no estuvo allí". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-04-12. 
  7. ""O Selvagem da Motocicleta": a utopia rebelde em um aquário". cinematório (en portugués). 2018-07-09. Consultado o 2020-04-12. 
  8. Clarín.com. ""La ley de la calle", por Netflix: Una (gran) pequeña obra maestra". www.clarin.com (en castelán). Consultado o 2020-04-12. 
  9. Delorme, Stéphane. (2007). Francis Ford Coppola. Madrid: El País. ISBN 978-84-9815-954-7. OCLC 804152224. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar