Rudolf Diesel
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Rudolf Christian Karl Diesel, nado en París o 18 de marzo de 1858 e finado na Canle da Mancha o 30 de setembro de 1913, foi un enxeñeiro alemán, inventor do motor de combustión de alto rendemento que leva o seu nome, o motor diésel. Motor aplicábel á locomoción, presentado na feira internacional de París como o primeiro motor que usa aceite mineral como combustible e posteriormente chamado "motor de combustión", posteriormente tomaría o nome do seu inventor.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Rudolf Christian Karl Diesel 18 de marzo de 1858 París, Francia |
Morte | 30 de setembro de 1913 (55 anos) Canal da Mancha |
Causa da morte | morte accidental, afogamento |
Lugar de sepultura | mar |
Residencia | Londres |
Relixión | Luteranismo |
Educación | Universidade Técnica de Múnic Universidade de Múnic |
Director de tese | Carl von Linde |
Actividade | |
Campo de traballo | Enxeñeiro |
Ocupación | inventor, enxeñeiro, emprendedor, esperantista |
Empregador | Sulzer (pt) MAN SE |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Louise Martha Diesel |
Fillos | Hedwig von Schmidt, Eugen Diesel |
Parentes | Paul Barnickel, sobriño |
Premios | |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Дизель Рудольф) Enciclopedia soviética armenia Obálky knih, |
Traxectoria
editarFillo de inmigrantes bávaros, naceu en París. En 1870 a familia tivo que abandonar Francia ao estalar a guerra franco-prusiana, e Rudolf foi enviado a Augsburgo.
Discípulo do inventor da neveira Carl von Linde a partir de 1875 en Múnic. Regresou a París como representante da empresa de máquinas frigoríficas do seu mestre.
Entre 1893 e 1897 construíu en MAN (pertencente ao grupo Krupp) o primeiro motor do mundo que queimaba aceite vexetal (aceite de palma) en condicións de traballo.
O Instituto de Enxeñeiros Mecánicos concedeulle a Orde do Mérito polas súas investigacións e desenvolvementos sobre os motores con aceite de cacahuete, posteriormente usaron petróleo por ser máis barato.
Considerábase a si mesmo como un filósofo social, aínda que o seu libro Solidarity, onde describe a súa visión da empresa, só vendeu 200 exemplares.
Morte
editarSuponse que morreu o 29 / 30 de setembro de 1913 e (suponse que) afogado, pois desapareceu do buque que cubría o traxecto de Anveres a Harwich no que viaxaba. Un par de días despois o seu corpo foi atopado por un bote da garda costeira. Como era o común nese entón, só se tomaron as súas pertenzas (identificadas posteriormente polo seu fillo) e o corpo foi lanzado de novo ao mar.[Cómpre referencia]
Manéxanse varias hipóteses sobre a súa morte, a primeira indica que se suicidou en vista de atoparse en quebra, aínda que a súa familia creu que foi asasinado e as súas ideas roubadas. Outra hipótese indica que axentes alemáns asasinárono para evitar a difusión dos seus inventos, en vista de que a guerra atopábase próxima e el estaba decidido a permitir que calquera (Francia e Inglaterra entre eles) comprase licenzas sobre as súas patentes.[Cómpre referencia]
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Rudolf Diesel |
Ligazóns externas
editar- Biografía en About.com Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine. (en inglés)
- Biografía en Hempcar.org (en inglés)