Rubén Alcaraz
Rubén Alcaraz Jiménez, nado en Barcelona o 1 de maio de 1991, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Cádiz, da Segunda División.
(2019) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 1 de maio de 1991 (33 anos) Barcelona, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 76 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2009 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Extremo esquerdo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarFormouse como futbolista nas canteiras do Bon Pastor, o FC Barcelona, o Espanyol e o CF Damm. Rematada a súa etapa como xuvenil, en 2010 pasou ao UA Horta. Posteriormente pasou polo Gramenet, co que debutou na Segunda División B, AE Prat, e L'Hospitalet.[1]
O 17 de xuño de 2015 asinou un contrato de dous anos co Girona, da Segunda División, categoría na que debutou nun partido ante o Bilbao Athletic.[2] Trala tempada 2016/17, na que conseguiu o ascenso á Primeira División, renovou o seu contrato ata 2020 e foi cedido inmediatamente á UD Almería. Foi o máximo goleador do club con nove goles, sendo unha peza fundamental para que o equipo lograse a permanencia en Segunda.[3]
En agosto de 2018 incorporouse ao Real Valladolid, que viña de ascender a Primeira. Xogou o seu primeiro encontro na máxima categoría do fútbol español o 17 de agosto, saíndo como titular nun empate sen goles co Girona.[4]
Axiña se asentou na titularidade do club valisoletano, co que descendeu a Segunda en 2021. En xaneiro de 2022 foi cedido ao Cádiz, co que acabou asinando un contrato en propiedade en xuño do mesmo ano.[5][6]
Notas
editar- ↑ "Ruben Alcaraz, procedent de l’AE Prat, nou fitxatge de l’Hospi" (en catalán). 11 de xullo de 2014. Consultado o 5 de decembro de 2024.
- ↑ "El que la sigue, la consigue" (en castelán). 24 de agosto de 2015. Consultado o 5 de decembro de 2024.
- ↑ "Rubén Alcaraz, pichichi y motor del Almería, se despide". 6 de xuño de 2018. Consultado o 5 de decembro de 2024.
- ↑ "Ni VAR ni puntería" (en castelán). 17 de agosto de 2018. Consultado o 5 de decembro de 2024.
- ↑ "Alcaraz, cedido al Cádiz CF" (en castelán). 20 de xaneiro de 2022. Consultado o 5 de decembro de 2024.
- ↑ "Confirmado el traspaso de Rubén Alcaraz" (en castelán). 1 de xuño de 2022. Consultado o 5 de decembro de 2024.