Roquefort-sur-Soulzon
Roquefort-sur-Soulzon (en occitano Ròcafòrt) é unha localidade e comuna francesa, situada no departamento de Aveyron, na rexión de Mediodía-Pireneos.
Epónimo | Soulzon (en) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Rexións | Occitania | ||||
Departamento | Aveyron | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 502 (2022) (29,48 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 17,03 km² | ||||
Altitude | 630 m-424 m-828 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 12250 | ||||
Fuso horario | |||||
Esta pequena vila dá nome ao famoso queixo roquefort, elaborado nas covas próximas e principal motor económico da poboación, tanto pola súa produción como pola súa atracción de turistas.
Xeografía
editarA vila atópase ancorada no Macizo Central francés, no bordo do altiplano de Larzac, onde se poden atopar as covas nas que se elabora o queixo. O apelido da vila vén do pequeno río Soulzon, que atravesa o seu termo municipal.
Historia
editarHai miles de anos, unha parte do cantil de Cambalou derrubouse, formándose así unha rede de covas con correntes de ar que fan que se renove constantemente, tendo unha humidade e unha temperatura constante durante todo o ano. Estas covas serviron de refuxio para os pastores de ovellas da zona, que construíron as súas casas nas zonas próximas.
As condicións das covas son propicias para a proliferación do fungo Penicillium roqueforti, responsábel da fermentación do queixo, polo que dende tempos moi antigos foi producido. Sábese que na antiga Roma xa coñecían o queixo roquefort.[1]
No século XV o rei Carlos VI converteu as covas e a localidade de Roquefort en apelación de orixe, sendo a primeira constancia deste tipo de regulacións. A apelación de orixe actual data de 1925.
Notas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Roquefort-sur-Soulzon |
- ↑ Roquefort, el rey de los quesos. www.emblematiquecot.com.ar.