Roland Barthes, nado en Cherbourg o 12 de novembro de 1915 e finado en París o 25 de marzo de 1980, foi un escritor e semiólogo francés.

Modelo:BiografíaRoland Barthes

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Roland Gérard Barthes Editar o valor en Wikidata
12 de novembro de 1915 Editar o valor en Wikidata
Cherbourg, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte26 de marzo de 1980 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
13º distrito de París, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, atropelo Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaUrt Editar o valor en Wikidata
EducaciónLiceo Louis-le-Grand
Lycée Montaigne (en) Traducir
Facultade de Artes de París Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoCrítica literaria, teoría da literatura, semiótica e actividade literaria Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, mitógrafo, teórico literario, ensaísta, escritor, sociólogo, profesor universitario, semiologist (en) Traducir, crítico literario, ontologista (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EmpregadorCollège de France (pt) Traducir, catedrático (1976–1980)
École des hautes études en sciences sociales (pt) Traducir
Centre national de la recherche scientifique Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoEnsaio e diario Editar o valor en Wikidata
MovementoEstruturalismo Editar o valor en Wikidata
ProfesoresCharles Panzéra Editar o valor en Wikidata
AlumnosSimón Suárez Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
DoutorandoJean Davallon, André Labarrère, Alberto Ruy-Sánchez (pt) Traducir, Danièle Sallenave, Pierre Bergounioux, Gérard Blanchard, Virgil Tanase (pt) Traducir, Yve-Alain Bois (pt) Traducir, Pascal Bruckner e Tzvetan Todorov Editar o valor en Wikidata
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteUbuWeb Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0058638 Allocine: 36472 Allmovie: p646907
BNE: XX1152043 Bitraga: 1149 Dialnet: 21220 Musicbrainz: 773bcb67-8f61-4ebe-9b54-134e8cd40c58 Discogs: 1493754 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

A súa infancia transcorreu en Baiona, e á idade de dez anos trasladouse a París. Realizou os seus estudos no Liceo Louis-le-Grand e na Facultade de Letras da Universidade de París. Alí titulouse en Letras Clásicas (1939) e Gramática e Filosofía (1943), mais despois tivo que interromper as súas actividades durante varios anos por mor dunha enfermidade.

Foi lector (profesor nativo) de francés en Alexandría e en Bucarest. Despois da Segunda guerra mundial, entre 1952 e 1959, traballou no Centro Nacional da Investigación Científica (CNRS), en París. Finalmente, foi nomeado xefe de Traballos de Investigación e, en 1962, xefe de estudos da Escola Práctica de Altos Estudos, organismo onde se adicou á investigación acerca da socioloxía dos símbolos, os signos e as representacións.

En 1967 escribiu a súa obra máis coñecida, o ensaio A morte do autor, e tres anos máis tarde a que moitos consideran a súa obra máis prodixiosa: S/Z. Durante a década de 1970 continuou desenvolvendo a súa crítica literaria, buscando novos ideais de textualidade e neutralidade novelística a través das súas obras.

Barthes morreu en 1980 tras ser atropelado por unha camioneta de lavandería na rúa das Écoles, xusto fronte á Sorbona, mentres regresaba dunha comida que tivera con François Mitterrand, e que a prensa ocultou para evitar que acusasen o político de gafe.

Pensamento

editar

É parte da escola estruturalista, influenciado polo lingüista Ferdinand de Saussure, e crítico dos conceptos teóricos complexos que circularon dentro dos centros educativos franceses nos anos 50.

A súa produción literaria experimentou diversas evolucións: dende unhas orixes sartrianas extremas, desenvolveu despois unha investigación propiamente semiolóxica, cun interese especial pola lingüística. Durante un tempo interesouse polo campo chamado "texto": a obra literaria considerada dende diversos puntos de vista, nunca unilateralmente, e que implicaba, ou ben unha filosofía do suxeito de tipo psicanalítica, ou ben unha filosofía da sociedade de tipo marxista ou política.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar