Roger Federer

xogador de tenis profesional suízo

Roger Federer, nado o 8 de agosto de 1981 en Basilea, é un xogador de tenis profesional suízo. Está catalogado como un dos mellores e máis completos na historia deste deporte. Reside en Bottmingen (Suíza), mide 1,85 metros, pesa 85 quilos, é destro, e uniuse ao Tour ATP en 1998. Emprega roupa Nike, Inc. á hora de xogar e a súa raqueta é unha Wilson Pro Staff 6.1 90 BLX.

Modelo:BiografíaRoger Federer

(2016) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de agosto de 1981 Editar o valor en Wikidata (43 anos)
Basilea, Suíza Editar o valor en Wikidata
Embaixador de boa vontade de UNICEF
2006 – 2022 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaBottmingen (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Altura185 cm Editar o valor en Wikidata
Peso85 kg Editar o valor en Wikidata
Lateralidadedestro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntenista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1998 Editar o valor en Wikidata - 2022 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUNICEF Editar o valor en Wikidata
Membro de
Patrimonio estimado131 M$ Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaSuíza Editar o valor en Wikidata
Deportetenis Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivatenis individual
tenis dobres Editar o valor en Wikidata
Man de xogoone-handed forehand (en) Traducir  e one-handed backhand (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Adestrado porSeverin Lüthi (pt) Traducir (2007–)
Peter Carter (en) Traducir (1997–1998)
Peter Carter (en) Traducir (1991–1995)
José Higueras (pt) Traducir
Ivan Ljubičić (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Modalidade Partido de tenis Recorde individual (pt)Recorde individual (pt) Número de vitorias Récord persoal
Tenis individual 1251–275 Editar o valor en Wikidata  103 Editar o valor en Wikidata 1 (2004)
Tenis dobres 131–93 (23 de setembro de 2022) Editar o valor en Wikidata 8 Editar o valor en Wikidata 24 (2003)
ATP Info ATP Editar o valor en Wikidata
Participou en
28 de xullo de 2012Tênis nos Jogos Olímpicos de Verão de 2012 - Simples masculino (pt) Traducir  (medalla de prata olímpica)
2008Tênis nos Jogos Olímpicos de Verão de 2008 - Duplas masculinas (pt) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
2004Xogos Olímpicos de 2004
2000Xogos Olímpicos de 2000
2000tennis at the 2000 Summer Olympics – men's singles (en) Traducir (4º) Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMirka Federer (2009–) Editar o valor en Wikidata
FillosMyla Federer, Charlene Federer, Leo Federer, Lennart Federer Editar o valor en Wikidata
PaisRobert Federer Editar o valor en Wikidata  e Lynette Federer Editar o valor en Wikidata
IrmánsDziana Federer Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteLentapedia
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webrogerfederer.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1716574 Allmovie: p445975
Facebook: Federer Twitter: rogerfederer Instagram: rogerfederer BNE: XX5008471 Musicbrainz: 91892ad6-e645-441b-bab0-12f17f447161 Olympic.org: roger-federer WikiTree: Federer-4 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Primeiros anos (1998-2002)

editar
1998

Federer entra no circuíto profesional, disputando o seu primeiro torneo en Gstaad (Suíza), onde cae ante Lucas Arnold por 4-6 4-6. Alcanza os cuartos de final de Tolosa, e ata ten a fortuna de disputar a primeira rolda de Basilea ante Andre Agassi, co que cede 3-6 2-6. Este será o primeiro dos numerosos choques entre ambos, e que finalmente terminará dominando Roger.

1999

Federer aséntase no circuíto, demostrando progresos e ser unha potencial estrela do futuro. Chega aos cuartos de final dos eventos de Marsella, Rotterdam e Basilea, ademais dunhas semifinais en Viena. Debuta na Copa Davis con Suíza ante Italia, gañando o día da súa posta de longo a Davide Sanguinetti. Tamén debuta en Roland Garros e Wimbledon, aínda que sen fortuna, caendo en primeira rolda fronte a Patrick Rafter e Jiri Novak respectivamente. Federer termina o ano entre os 100 mellores.

2000

Roger disputa dúas finais ATP, en Marsella e Basilea, e alcanza a cuarta posición nos Xogos Olímpicos de Sydney, onde cae no partido polo bronce ante Arnaud Dei Pasquale por 6-7 7-6 3-6. Xoga por vez primeira no Aberto de Australia e no US Open (chega á terceira rolda en ambos), e consegue meterse nos oitavos de final de Roland Garros, só freado por Alex Corretja. Á conclusión do ano, xa está situado entre os 30 primeiros do mundo.

2001

Federer consegue o seu primeiro título vencendo a Julien Boutter na final de Milán. Con todo, a súa consagración absoluta ten lugar en Wimbledon, onde derrota epicamente a Pete Sampras nos oitavos de final por 7-6 5-7 6-4 6-7 7-5. Ata entón, Sampras gañara sete veces Wimbledon, incluídas as catro últimas edicións do evento. Este partido é un aceno do destino a un vindeiro traspaso de poderes, xa que no futuro Roger converterase no gran dominador deste torneo do Grand Slam emulando ao americano. A pesar da súa fazaña, cae a continuación nos cuartos de final contra Tim Henman. Disputou outras dúas finais (en Rotterdam e Basilea) e uns meritorios cuartos de final en Roland Garros, mellorando a súa actuación anterior, pero unha vez máis Alex Corretja crúzase no seu camiño. Outro dato para destacar é a súa vitoria na Copa Hopman, representando a Suíza xunto a Martina Hingis. Federer é neste momento o líder indiscutible do equipo suízo de Copa Davis e remata o ano no posto 13 da clasificación da ATP.

2002
 
Roger Federer no US Open 2002.

Comeza o ano gañando o torneo de Sydney e sendo finalista en Milán, onde defendía o título. Cae ante Tommy Haas nun duro duelo de oitavos de final do Aberto de Australia e outorga dous puntos a Suíza na súa eliminatoria de Copa Davis contra Rusia, pero non pode evitar a derrota do seu país. Comeza a obter excepcionais resultados tamén nos ATP Masters Series, sendo finalista en Miami (cae ante Andre Agassi) e gañando o seu primeiro torneo desta categoría en Hamburgo, onde esmaga ao ruso Marat Safin. Complementa estas vitorias cun título máis en Viena; pola contra, sofre inesperados reveses en Roland Garros e Wimbledon, caendo en primeira rolda en ambos. No US Open quédase ás portas dos cuartos, e consegue acceder por vez primeira na súa carreira á Masters Cup, un dos campionatos máis prestixiosos do mundo que só poden disputar os oito mellores xogadores do ano. Federer completa un grupo perfecto no que se impón a Juan Carlos Ferrero, Jiri Novak e Thomas Johansson, e só Lleyton Hewitt (número 1 aquela tempada) é capaz de eliminalo nas semifinais.

Ascenso e dominio (2003-2007)

editar
2003

Este ano supón o aparecemento de Federer como estrela mundial. A pesar de caer oitavos de final do Aberto de Australia e do US Open, e de ser derrotado en primeira rolda de Roland Garros, Roger gaña en Wimbledon por vez primeira con facilidade. Ademais suma os trofeos de Dubai, Halle, Marsella, Múnic e Viena. Tamén está presente na final do Masters de Roma (cae ante Félix Mantilla) e de Gstaad (perde con Jiri Novak). Esa final será a última que se lle escapará en moito tempo. A gran decepción vén nas semifinais da Copa Davis ante Australia, onde Suíza cae eliminada e Federer perde un partido, que dificilmente esquecerá, con Lleyton Hewitt por 7-5 6-2 6-7 5-7 1-6. Ao termo da tempada, Federer xa tiña a madurez e experiencia necesarias para dominar o circuíto ATP nos vindeiros anos. Isto reflíctese na Masters Cup de Houston onde gaña todos os partidos, incluídos aqueles que lle enfrontan a Juan Carlos Ferrero ou David Nalbandián, dous dos xogadores que máis problemas lle estaban dando nos últimos tempos. Conclúe como número 2 do mundo a pouca distancia de Andy Roddick, e só grazas aos fabulosos resultados deste último nas pistas americanas, xa que nas súas confrontacións particulares máis importantes (en Wimbledon ou na propia Masters Cup) o suízo gañara comodamente.

2004
 
Federer nos Xogos Olímpicos de Atenas, onde non foi quen de pasar de segunda rolda.

Roger gaña case todos os torneos que xoga, incluíndo os torneos de Grand Slam de Australia, Wimbledon e o US Open. Só se lle resiste Roland Garros, no que un Gustavo Kuerten inspirado lle infrinxe en terceira rolda a súa única derrota nos torneos Grand Slam do ano. Ademais faise cos Masters Series de Indian Wells, Toronto e Hamburgo, aos que hai que sumar os torneos de Gstaad, Halle, Bangkok e Dubai. Gaña en todas as superficies e confírmase como número 1 do mundo. Os seus únicos puntos negros son as derrotas prematuras en Roma e Cincinnati, e unha decepcionante actuación nos Xogos Olímpicos de Atenas, onde perde en segunda rolda. Como colofón, Roger defende con éxito o seu título na Masters Cup de Houston. Sabendo que está na súa man facer historia, Federer fíxase como obxectivos prioritarios gañar Roland Garros e a Copa Davis con Suíza, e manter o maior número posible de anos o recentemente conquistado número 1 do ránking co que remata o ano.

2005
 
No Torneo de Wimbledon 2005 onde consegue o seu terceiro título de forma consecutiva.

O suízo domina de novo o circuíto. Os únicos tropezos do helvético veñen en momentos illados xa que a súa regularidade e consistencia marcan as diferenzas. Federer cae nas semifinais do Aberto de Australia ante Marat Safin nun partido próximo ás cinco horas de duración que se resolve no quinto set cun 9-7 a favor do ruso, logo de que neste mesmo set o suízo gozase dunha pelota de partido. Tamén chega ás semifinais de Roland Garros onde é derrotado por un novo talento que agroma neste 2005, Rafael Nadal. Baseado nun poderío físico impresionante e unha enteireza mental digna de recoñecemento, Nadal arrasa na tempada de terra batida e denega o prezado título francés a Roger, que continúa sen poder completar a súa colección. Malia a ameaza do mozo español, tras esa derrota Federer encadea unha abraiante serie de 35 partidos gañados de xeito consecutivo e mantén o número un sen maiores complicacións. Defende con éxito os seus galardóns de Wimbledon e do US Open e rexistra un novo récord histórico ao gañar catro Masters 1.000 nun ano (Indian Wells, Miami, Hamburgo e Cincinnati). Completa o palmarés cos torneos menores de Doha, Rotterdam, Dubai, Halle e Bangkok, que elevan a once o número de torneos gañados en 2005.

Xa no último tramo do ano, e sen maiores presións cás de defender puntos insubstanciais para a clasificación, Federer sofre unha lesión no seu nocello dereito que o aparta durante un tempo das pistas, poñendo en dúbida a súa participación na Tennis Masters Cup a disputar en Shanghai. Finalmente Federer decide competir no torneo que pecha a tempada pese a estar lonxe da súa condición óptima. Porén, derrota ao croata Iván Ljubicic e aos arxentinos Guillermo Coria e David Nalbandián, para adxudicarse o seu grupo invicto. Nas semifinais imponse ao tamén arxentino Gastón Gaudio. Na final repite enfrontamento ante David Nalbandián. Desta volta, e logo de catro horas e media de partido, a vitoria corresponde ao tenista arxentino, que obtén a copa no tie-break do quinto set. Esta derrota acaba coa marca de 24 finais gañadas ininterrompidamente polo suízo. Federer remata o ano mantendo o número 1 e mellorando a puntuación obtida en 2004 (terminou con 1.345 puntos). A pesar de irromper no circuíto tenistas novos de gran proxección, semella que a medio prazo o suízo vai seguir dominando a escena mundial.

2006
 
Federer nos cuartos de final do US Open 2006 diante de James Blake.

Federer continúa a súa exhibición obtendo os títulos de Doha, Australia, Indian Wells e Miami. Chega ás finais de Dubai, Monte Carlo, Roma e Roland Garros, perdendo nas catro ante o español Rafael Nadal, quen domina a tempada de terra batida. Na tempada de céspede Federer conquista Halle e logra o seu cuarto Wimbledon consecutivo, derrotando na final a Nadal.

No mes de setembro derrota ao norteamericano Andy Roddick por 6-2 4-6 7-5 e 6-1 para lograr o seu terceiro título no US Open e o seu noveno título de Grand Slam, converténdose no primeiro xogador da historia en levantar 3 anos consecutivos as coroas de Wimbledon e do US Open. En outubro consegue o seu título número 42 de singles, vencendo ao inglés Tim Henman na final do Torneo de Tokio. Tamén en outubro logrou o seu primeiro título en España ao gañar o Masters de Madrid ante o tenista chileno Fernando González por 7-5 6-1 e 6-0. Unha semana despois volveu derrotar ao chileno na final do Torneo de Basilea, o cobizado torneo da súa terra natal que conquista despois de ter perdido anteriormete dúas finais. Remata o ano vencendo na Masters Cup e revalidando o número 1 da clasificación ATP.

O seu xogo, sumamente completo, permítelle optar a títulos en calquera superficie, aínda que na terra é onde ten os seus peores resultados. Posúe un gran saque, potente e colocado, unha boa técnica de volea e smash, e un variado repertorio desde o fondo da pista, incluíndo un gran revés a unha man (como xogador destro) que lle permite atacar a bóla e conseguir puntos. Trátase, pois, dun xogador que marcou pautas do que debe ser o tenista do futuro, ademais de ser considerado por algunhas lendas do tenis como o mellor da historia.

2007
 
Federer no Masters de Cincinnati 2007, un dos oito torneos que gañou nese ano.

En 2007 Federer acadou as finais dos catro torneos de Grand Slam, gañando de novo en tres delas. No Aberto de Australia superou na final ao chileno Fernando González rematando o campionato sen perder un só set; na final do Torneo de Wimbledon venceu por segunda vez a Rafael Nadal; e no US Open foi Novak Djokovic o que se viu derrotado na final. Federer perdeu a final do Torneo de Roland Garros diante de Nadal[1].

Federer xogou cinco finais de torneos Masters 1000 en 2007, gañando as de Hamburgo e Cincinnati[1]. Ademais gañou un torneo de Masters 500 (Dubai) e outro de Masters 250 (Basilea)[1].

Na Copa Davis xogou con Suíza a eliminatoria de permanencia no Grupo Mundial diante da República Checa, non podendo evitar o descenso do seu país a pesar de gañar os seus dous partidos de singles.

No último torneo do ano, o Torneo Masters, derrota na final ao español David Ferrer[1]. En total gañou 8 títulos en 2007, e remata o ano como número 1 por cuarto ano consecutivo demostrando o seu dominio nestes catro anos, durante os cales gañou 11 torneos de Grand Slam.

Competencia (2008-2012)

editar
2008
 
Federer nos Xogos Olímpicos de Pequín.

En 2008, Federer gañou un torneo de Grand Slam, o Aberto dos Estados Unidos onde derrotou na final ao escocés Andy Murray[2]. Federer foi superado por Nadal nas finais de dous torneos de Grand Slam, en Roland Garros e en Wimbledon, non podendo neste último acadar o seu sexto torneo consecutivo e deste xeito romper o récord de Björn Borg[2]. No Aberto de Australia, finalizou o seu récord de 10 finais consecutivas en torneos de Grand Slam ao perder nas semifinais diante de Novak Djokovic, quen remataría sendo o campión[2].

En torneos de Masters 1000 perdeu dúas finais diante de Nadal en Monte Carlo e Hamburgo. Porén, conquistou un título de Masters 500 (Basilea) e dous de Masters 250 (Estoril e Halle)[2].

Nos Xogos Olímpicos de Pequín, Federer gañou a medalla de ouro en dobres xunto co seu compatriota Stanislas Wawrinka[3], mais en singles tivo unha actuación discreta non podendo pasar de cuartos de final onde foi derrotado polo entón número 8 mundial, James Blake[4].

Na Copa Davis participou con Suíza nos Play-Off do Grupo Mundial diante de Bélxica, gañando o partido de individuais que xogou e tamén o de dobres formando parella con Wawrinka. Suíza gañou a eliminatoria por 4-1 e ascendeu ao Grupo Mundial.

Avanzado o ano, sóubose que Federer estivo xogando con mononucleose desde comezos de ano, incluído o Aberto de Australia. Rematou o ano como número 2 no ránking da ATP, ao ser desbancado do número 1 por Rafael Nadal.

2009
 
Federer en Roland Garros 2009. O suízo acabaría levándose o torneo, o único que lle faltaba por gañar dos catro Grand Slam.

En 2009, Federer gañou dous títulos do Grand Slam, o Aberto de Francia de Roland Garros derrotando na final a Robin Söderling, e o Torneo de Wimbledon superando no último partido a Andy Roddick[5]. A primeira vitoria permitiulle completar a Career Grand Slam, que consiste en gañar algún título nos catro torneos de Grand Slam, sendo o sexto tenista que o consegue. A vitoria en Wimbledon, a súa 15ª nun torneo de Grand Slam, converteuno no xogador con máis títulos de Grand Slam, superando os catorce títulos de Pete Sampras[5]. Tamén xogou as finais dos outros dous torneos de Grand Slam, perdendo ambas en cinco sets perante Rafael Nadal no Aberto de Australia[6], e Juan Martín del Potro no US Open[5].

Federer gañou outros dous eventos, o Masters de Madrid en terra batida onde derrotou na final a Nadal[5], e o Masters de Cincinnati en cuxa final superou a Djokovic. Contra este último tamén xogou a final de Basilea non podendo revalidar o título[5].

Na Copa Davis xogou o Play-Off do Grupo Mundial contra Italia, contribuíndo coas súas dúas vitorias á permanecia do seu país no Grupo Mundial. No torneo final da tempada, o ATP World Tour Finals, caeu nas semifinais diante de Nikolay Davydenko. Remata o ano recuperando o número 1 que perdera o ano anterior contra Nadal.

2010
 
Federer no Aberto de Australia 2010, o seu 16º torneo gañado de Grand Slam.

En 2010, Federer baixou nos seus rexistros. Comeza o ano cunha vitoria no Aberto de Australia[7], en cuxa final derrota a Andy Murray e estende o seu récord de vitorias en torneos de Grand Slam a 16, ademais de igualar a marca de catro vitorias no Aberto de Australia de Andre Agassi[2]. No Aberto de Francia, Federer gaña o seu partido 700 do circuíto e o 150 en pistas de arxila[7][8]. Porén, non consegue acadar as semifinais, sendo a primeira vez desde o campionato de Roland Garros de 2004 en que non accede á penúltima rolda dun Grand Slam. A derrota nos cuartos de final ante Robin Söderling supón a perda do número 1 do ránking[7], xusto unha semana despois de que igualara o récord de Pete Sampras de 286 semanas no número 1. Outra gran decepción prodúcese en Wimbledon ao perder nos cuartos de final con Tomáš Berdych e caer ao número tres da clasificación da ATP por primeira vez despois de 6 anos e 8 meses[7][9][10]. No US Open, Federer acada as semifinais, vingándose nos cuartos de final da súa derrota ante Söderling en Roland Garros, mais nas semifinais perde con Novak Djokovic en cinco sets[7].

Neste ano Federer xogou catro finais de Masters 1000, gañando só unha delas, a de Cincinnati, derrotando na final a Mardy Fish[11]. Tamén igualou os 17 títulos de Masters 1000 de Agassi e o número total de títulos do circuíto igualando a Björn Borg e quedando a tan só un título de Sampras. A mediados de xullo contratou os servizos de Paul Annacone, antigo adestrador de Sampras, para tratar de enderezar a súa carreira[12].

Federer gañou dous títulos menores, o de Estocolmo e o de Basilea que elevaron a 65 o seu número de títulos conquistados. Remata o ano gañando o seu quinto título do ATP World Tour Finals, onde derrota na final a Rafael Nadal. Neste torneo amosouse como nos seus mellores tempos, gañando a todos os seus rivais, agás Nadal, sen ceder un só set. Desde o remate de Wimbledon ata final de ano fixo un total de 40 vitorias e 4 catro derrotas e tivo múltiples pelotas de partido en dúas das derrotas: contra Djokovic nas semifinais do US Open, e contra Gaël Monfils nas semifinais do Masters de París. Durante este ano, Federer renunciou a xogar a Copa Davis[13] e rematou o ano como número 2.

2011
 
Federer no Torneo Masters 2011 no que estableceu un récord de vitorias ao gañalo por 6ª vez.

A tempada de 2011 non foi moi boa para Federer. No Aberto de Australia perdeu en tres sets nas semifinais diante de Novak Djokovic quen acabaría proclamándose campión[14], sendo a primeira vez desde xullo de 2003 que non consegue a vitoria en catro torneos consecutivos de Grand Slam. Nas semifinais de Roland Garros derrota en catro sets a Djokovic, rematando deste xeito a serie de 43 vitorias consecutivas do serbio. Porén, perde na final diante de Rafael Nadal. En Wimbledon chega ata a súa 29ª semifinal consecutiva en torneos de Grand Slam, mais cae nesta fronte de Jo-Wilfried Tsonga. É a primeira vez que perde un partido de Grand Slam despois de gañar os dous primeiros sets.

No US Open, repite a semifinal do ano anterior contra Novak Djokovic e volve perder en cinco sets despois de desperdiciar dúas bólas de partido no quinto set, sendo a segunda vez que perde un torneo de Grand Slam logo de gañar os dous primeiros sets. A derrota en Flushing Meadows fai que Federer non gañe ningún torneo de Grand Slam en 2011, feito que non ocorría desde 2002. Pouco despois do US Open, nunha enquisa feita en Suráfrica, Federer foi elixido como a segunda persoa en todo o mundo máis respectada e máis de fiar, despois de Nelson Mandela[15][16].

A non participación no Masters de Shanghai fai que Federer caia do top 3 do ránking por primeira vez desde xuño de 2003[17]. Porén, vai rematar o ano dun xeito impetuoso gañando os tres últimos torneos da tempada que xoga. En Basilea derrota na final ao mozo Kei Nishikori, quen gañara nas semifinais a un feble Djokovic. Esta é a súa quinta vitoria en Basilea que pon fin a unha seca de dez meses sen gañar un torneo (o último fora o Open de Qatar en xaneiro). Continúa gañando o seu primeiro Masters de París, que o converten no primeiro xogador en acadar todas as finais dos nove torneos Masters 1000[18].

No ATP World Tour Finals esmaga a Nadal nunha hora exacta no seu camiño a semifinais[19] nas que derrota a David Ferrer para acadar a final deste Torneo Masters por sétima vez, na que é a súa final número 100 dun torneo do circuíto. Grazas a esta vitoria recupera o número tres que lle arrebatara Andy Murray. Na final derrota a Jo-Wilfried Tsonga, a quen xa gañara na final do último Masters 1000 de París. Con esta vitoria consegue un récord de 6 vitorias no Torneo Masters, finalizando o ano como número tres mundial[20].

Na Copa Davis xoga en xullo co equipo suízo contra Portugal o pase aos play-offs de ascenso/permanencia no Grupo Mundial. Na xornada do venres derrota a Rui Machado. No partido de dobres forma parella con Stanislas Wawrinka e derrotan á parella portuguesa formada por Frederico Gil e Leonardo Tavares. Este punto é o terceiro de Suíza que supón a vitoria na eliminatoria e a non participación de Federer nos partidos da última xornada[21]. Nos play-off do Grupo Mundial, a Suíza tócalle xogar contra Australia en Sydney. Federer gaña nos dous partidos de singles a Lleyton Hewitt e Bernard Tomic, mais perde o partido de dobres con Wawrinka contra Hewitt e Chris Guccione. No derradeiro partido Wawrinka derrota a Hewitt en cinco sets, o cal dálle a vitoria a Suíza por 2-3 e o ascenso ao Grupo Mundial[18][21].

2012
 
Federer coa copa de campión de Wimbledon 2012.

Federer comeza o ano xogando o Open de Qatar, onde abandona nas semifinais[22]. No Aberto de Australia acada as semifinais nas que se enfronta a Nadal por vixésimo sétima vez, perdendo en catro sets.[22]

A comezos de febreiro xoga a Copa Davis con Suíza na eliminatoria que a enfronta aos Estados Unidos. Na primeira xornada Federer perde contra John Isner,[22] no partido de dobres formando parella con Stanislas Wawrinka tamén caen derrotados ante a parella americana, o que supón o terceiro punto para Estados Unidos. Dada a intranscendencia da última xornada, tanto Federer como Wawrinka non xogan os partidos finais. A continuación xoga o Torneo de Rotterdam por primeira vez desde que o conquistara en 2005 e que gaña por segunda vez derrotando na final a Juan Martín del Potro[22].

No Torneo de Dubai, Federer derrota na final a Andy Murray e conquista por quinta vez este torneo, ao mesmo tempo en que mellora o balanzo contra Murray (7-8 favorábel ao escocés)[22]. No Masters de Indian Wells tamén consegue a vitoria logo de derrotar a Rafael Nadal nas semifinais e a John Isner na final[22], logrando deste xeito un récord de catro vitorias neste torneo e igualando os 19 títulos de Masters 1000 de Nadal.

Logo dunha discreta actuación no Masters de Miami onde cae en terceira rolda contra Andy Roddick[22], destaca na nova superficie de arxila azul do Masters de Madrid que se adxudica derrotando na final a Tomáš Berdych[22]. Con esta vitoria desbanca do número 2 a Rafa Nadal. No Masters de Roma é derrotado nas semifinais por Djokovic[22] quen defendía título, que perderá na final contra Nadal. A historia repítese en Roland Garros, Djokovic volve derrotalo nas semifinais[22] e este volve a perder a final con Nadal.

Federer comeza a tempada de herba chegando ata a final do Torneo de Halle onde perde ante un inspirado Tommy Haas[22]. En Wimbledon encóntrase unha vez máis con Djokovic nas semifinais, desta volta a vitoria correspóndelle ao suízo quen derrota ao serbio en catro sets e establece un récord de oito presenzas na final de Wimbledon. Na final derrota en catro sets a Andy Murray e iguala o récord de sete vitorias en Wimbledon de Pete Sampras[23] ao mesmo tempo en que recupera o número un da clasificación ATP[24]. "É asombroso. Igualar a Pete Sampras, quen é o meu heroe", declarou Federer despois de gañar o seu sétimo Wimbledon que igualaba o récord da Era Open de Pete Sampras[25]. Ao derrotar a Djokovic nas semifinais e gañar a final, Federer retornaba ao máis alto da clasificación ATP e rachaba o récord de Sampras de 286 semanas á fronte da clasificación[26].

Nos Xogos Olímpicos de Londres plántase na final despois dunha épica semifinal de 4 horas e 26 minutos contra Juan Martín del Potro a quen derrota 19-17 no terceiro e definitivo set[27]. Na final cae derrotado por Murray e gaña a medalla de prata para o seu país[28].

Federer non participou no Masters do Canadá, mais gañou o de Cincinnati derrotando a Djokovic na final[22]. No US Open, torneo que gañou cinco veces, é derrotado nos cuartos de final por Tomáš Berdych[22]. No Masters de Shanghai, ao derrotar ao seu compatriota Wawrinka na terceira rolda, asegúrase a permanencia durante 300 semanas no número 1[29]. Perdería contra Murray, quen defendía título, nas semifinais[22]. No Torneo de Basilea perde a final diante de Juan Martín del Potro[22]. Non participa no Masters de París[30] perdendo a oportunidade de rematar o ano como número 1 por sexta vez. No ATP World Tour Finals ten lugar a perda deste número un, a pesar de xogar e perder a final contra Djokovic[22].

 
Federer no US Open 2013.

Federer foi derrotado en cinco sets por Andy Murray nas semifinais do Aberto de Australia, sendo a primeira vez que Murray vence a Federer nun torneo de Grand Slam[31]. Nos cuartos de final do Torneo de Rotterdam sofre unha derrota traumática en dous sets diante de Julien Benneteau[32]. En Dubai perde nas semifinais contra Tomáš Berdych[32], e en Indian Wells cae nos cuartos de final diante da súa besta negra, Rafael Nadal[32]. Como consecuencia destes resultados, é a primeira vez desde 1999 en que Federer non acada unha final nos primeiros catro meses do ano.

Non participa nos torneos de Miami e Monte-Carlo. Reaparece en Madrid para defender o seu título, mais sofre unha sorprendente derrota en terceira rolda ante Kei Nishikori en tres sets[32]. En Roma acada a súa primeira final do ano pero é derrotado por Nadal[32], quen defendía título. No segundo Grand Slam da tempada, Roland Garros, ten unha discreta actuación ao ser derrotado nos cuartos de final por un inspirado Jo-Wilfried Tsonga en tres cómodos sets[32].

O primeiro e, en definitiva, único título de 2013 chega en Halle en cuxa final derrota a Mikhail Youzhny[32]. Con esta vitoria iguala o número de títulos de John McEnroe, o terceiro maior número de títulos ATP gañados por un tenista na Era Open[33]. A pesar dos malos resultados da tempada, Federer vai tratar de conseguir o dobre triunfo nas pistas de herba de Halle e Wimbledon, como xa fixera en catro ocasións consecutivas de 2003 a 2006. Porén non foi quen de manter a súa forma en Wimbledon, sufrindo a súa peor derrota nun torneo de Grand Slam desde 2003 ao caer en segunda rolda contra Sergiy Stakhovsky[32]. Esta derrota supón tamén a fin da súa serie récord de 36 participacións consecutivas nos cuartos de final dos torneos de Grand Slam[34], e a caída do top 4 da clasificación ATP por primeira vez desde xullo de 2003, exactamente 10 anos despois de gañar o seu primeiro título en Wimbledon[35].

Despois de Wimbledon, Federer participou nos torneos de terra batida de Hamburgo e Gstaad. Nestes dous torneos usou unha nova raqueta cunha cabeza máis grande. En Hamburgo chega ata semifinais onde perde contra o arxentino Federico Delbonis[32]. En Gstaad cae en segunda rolda contra o alemán Daniel Brands no que era o seu primeiro partido no torneo, pois non tivo que disputar a primeira rolda[32].

No minicircuíto americano de superficie dura, Federer volve a usar a súa vella raqueta. Non participa en Montreal mais aparece en Cincinnati para defender o seu título. Perde nos cuartos de final contra Nadal[32] quen levaba unha incríbel serie de vitorias, incluíndo Montreal e Cincinnati. No US Open, Tommy Robredo derrota a Federer en cuarta rolda[32] na que é a súa eliminación máis rápida no US Open desde 2003[36]. Moitos insinúan que Federer está en franca decadencia, sendo 2013 o seu ano menos exitoso desde 2001 e o primeiro desde 2002 en que non acada a final dun Grand Slam[37].

Logo de perder en terceira rolda de Shanghai diante de Gael Monfils[32], ten unha actuación máis que aceptábel no tres últimos torneos do ano. En Basilea chega ata a final, que perde contra Juan Martín del Potro[32]. No Masters de París sucumbe nas semifinais contra Novak Djokovic[32], quen leva unha incríbel serie de vitorias desde o remate do US Open. Finalmente no torneo que pecha a tempada, o ATP World Tour Finals, só cedeu diante dos dous top 2 do circuíto: contra Djokovic no Round Robin e contra Nadal nas semifinais[32].

Torneos de Grand Slam

editar

Campión Individuais (20)

editar
Ano Campionato Opoñente na final Resultado
2003 Wimbledon   Mark Philippoussis 7-6(5) 6-2 7-6(3)
2004 Aberto de Australia   Marat Safin 7-6(3) 6-4 6-2
2004 Wimbledon   Andy Roddick 4-6 7-5 7-6(3) 6-4
2004 US Open   Lleyton Hewitt 6-0 7-6(3) 6-0
2005 Wimbledon   Andy Roddick 6-2 7-6(2) 6-4
2005 US Open   Andre Agassi 6-3 2-6 7-6(1) 6-1
2006 Aberto de Australia   Marcos Baghdatis 5-7 7-5 6-0 6-2
2006 Wimbledon   Rafael Nadal 6-0 7-6(5) 6-7(2) 6-3
2006 US Open   Andy Roddick 6-2 4-6 7-5 6-1
2007 Aberto de Australia   Fernando González 7-6 6-4 6-4
2007 Wimbledon   Rafael Nadal 7-6(7) 4-6 7-6 (3) 2-6 6-2
2007 US Open   Novak Djokovic 7-6(4) 7-6(2) 6-4
2008 US Open   Andy Murray 6-2 7-5 6-2
2009 Roland Garros   Robin Soderling 6-1 7-6(1) 6-4
2009 Wimbledon   Andy Roddick 5-7 7-6(6) 7-6(5) 3-6 16-14
2010 Aberto de Australia   Andy Murray 6-3 6-4 7-6(11)
2012 Wimbledon   Andy Murray 4-6 7-5 6-3 6-4
2017 Aberto de Australia   Rafael Nadal 6-4 3-6 6-1 3-6 6-3
2017 Wimbledon   Marin Cilic 6-3 6-1 6-4
2018 Aberto de Australia   Marin Cilic 6-2 6-7(5) 6-3 3-6 6-1

Finalista en Individuais (10)

editar
Ano Campionato Opoñente na final Resultado
2006 Roland Garros   Rafael Nadal 6-1 1-6 4-6 6-7(4)
2007 Roland Garros   Rafael Nadal 3-6 6-4 3-6 4-6
2008 Roland Garros   Rafael Nadal 1-6 3-6 0-6
2008 Wimbledon   Rafael Nadal 4-6 4-6 7-6(5) 7-6(8) 7-9
2009 Aberto de Australia   Rafael Nadal 5-7 6-3 6-7(3) 6-3 2-6
2009 US Open   Juan Martín del Potro 6-3 6-7(5) 6-4 6-7(4) 2-6
2011 Roland Garros   Rafael Nadal 5-7 6-7(3) 7-5 1-6
2014 Wimbledon   Novak Djokovic 7-6(7) 4-6 6-7(4) 7-5 4-6
2015 Wimbledon   Novak Djokovic 6-7(1) 7-6(10) 4-6 3-6
2015 US Open   Novak Djokovic 4-6 7-5 4-6 4-6

Clasificación en torneos do Grand Slam e no ATP World Tour Finals

editar
Torneo 2017 2016 2015 2014 2013 2012 2011 2010 2009 2008 2007 2006 2005 2004 2003 2002 2001 2000 1999 1998 Títulos
Aberto de Australia G SF 3r SF SF SF SF G F SF G G SF G 4r 4r 3r 3r - - 5
Roland Garros - CF 4r CF SF F CF G F F F SF 3r 1r 1r CF 4r 1r - 1
Wimbledon SF F F 2r G CF CF G F G G G G G 1r CF 1r 1r - 7
US Open - F SF 4r CF SF SF F G G G G G 4r 4r 4r 3r - - 5
ATP World Tour Finals - F F SF F G G SF RR G G F G G SF - - - - 6

Títulos (86; 78 8)

editar

Individuais (78)

editar
Lenda
Xogos Olímpicos (0)
ATP World Tour Finals (6)
Grand Slam (18)
ATP World Tour Masters 1000 (21)
ATP World Tour 500 (12)
ATP World Tour 250 (21)
Data Torneo Superficie Opoñente na final Resultado
1. 04/02/2001   Milán Moqueta   Julien Boutter 6-4 6-7(7) 6-4
2. 13/01/2002   Sydney Dura   Juan Ignacio Chela 6-3 6-3
3. 19/05/2002   Hamburgo Terra batida  Marat Safin 6-1 6-3 6-4
4. 13/10/2002   Viena Dura   Jiri Novak 6-4 6-1 3-6 6-4
5. 16/02/2003   Marsella Dura   Jonas Björkman 6-2 7-6(6)
6. 02/03/2003   Dubai Dura   Jiri Novak 6-1 7-6(2)
7. 04/05/2003   Múnic Terra batida   Jarkko Nieminen 6-1 6-4
8. 15/06/2003   Halle Herba   Nicolas Kiefer 6-1 6-3
9. 06/07/2003   Wimbledon Herba   Mark Philippoussis 7-6(5) 6-2 7-6(3)
10. 12/10/2003   Viena (2) Dura   Carlos Moyá 6-3 6-3 6-3
11. 16/11/2003   Tennis Masters Cup (Houston) Dura   Andre Agassi 6-3 6-0 6-4
12. 01/02/2004   Aberto de Australia Dura   Marat Safin 7-6(3) 6-4 6-2
13. 07//03/2004   Dubai (2) Dura   Feliciano López 4-6 6-1 6-2
14. 21/03/2004   Indian Wells Dura   Tim Henman 6-3 6-3
15. 16/05/2004   Hamburgo (2) Terra batida   Guillermo Coria 4-6 6-4 6-2 6-3
16. 13/06/2004   Halle (2) Herba   Mardy Fish 6-0 6-3
17. 04/07/2004   Wimbledon (2) Herba   Andy Roddick 4-6 7-5 7-6(3) 6-4
18. 11/07/2004   Gstaad Terra batida   Igor Andreev 6-2 6-3 5-7 6-3
19. 01/08/2004   Canadá (Toronto) Dura   Andy Roddick 7-5 6-3
20. 12/09/2004   US Open Dura   Lleyton Hewitt 6-0 7-6(3) 6-0
21. 03/10/2004   Bangkok Dura   Andy Roddick 6-4 6-0
22. 21/11/2004   Tennis Masters Cup (Houston) (2) Dura   Lleyton Hewitt 6-3 6-2
23. 09/01/2005   Doha Dura   Ivan Ljubičić 6-3 6-1
24. 20/02/2005   Rotterdam Dura   Ivan Ljubičić 5-7 7-5 7-6(5)
25. 27/02/2005   Dubai (3) Dura   Ivan Ljubičić 6-1 6-7(6) 6-3
26. 20/03/2005   Indian Wells (2) Dura   Lleyton Hewitt 6-2 6-4 6-4
27. 03/04/2005   Miami Dura   Rafael Nadal 2-6 6-7(4) 7-6(5) 6-3 6-1
28. 15/05/2005   Hamburgo (3) Terra batida   Richard Gasquet 6-3 7-5 7-6(4)
29. 13/06/2005   Halle (3) Herba   Marat Safin 6-4 6-7(6) 6-4
30. 03/07/2005   Wimbledon (3) Herba   Andy Roddick 6-2 7-6(2) 6-4
31. 21/08/2005   Cincinnati Dura   Andy Roddick 6-3 7-5
32. 11/09/2005   US Open (2) Dura   Andre Agassi 6-3 2-6 7-6(1) 6-1
33. 02/10/2005   Bangkok (2) Dura   Andy Murray 6-3 7-5
34. 08/01/2006   Doha (2) Dura   Gaël Monfils 6-3 7-6(5)
35. 29/01/2006   Aberto de Australia (2) Dura   Marcos Baghdatis 5-7 7-5 6-0 6-2
36. 19/03/2006   Indian Wells (3) Dura   James Blake 7-5 6-3 6-0
37. 02/04/2006   Miami (2) Dura   Ivan Ljubičić 7-6(5) 7-6(4) 7-6(6)
38. 18/06/2006   Halle (4) Herba   Tomáš Berdych 6-0 6-7(4) 6-2
39. 09/07/2006   Wimbledon (4) Herba   Rafael Nadal 6-0 7-6(5) 6-7(2) 6-3
40. 13/08/2006   Canadá (Toronto) (2) Dura   Richard Gasquet 2-6 6-3 6-2
41. 10/09/2006   US Open (3) Dura   Andy Roddick 6-2 4-6 7-5 6-1
42. 08/10/2006   Tokio Dura   Tim Henman 6-3 6-3
43. 22/10/2006   Madrid Dura   Fernando González 7-5 6-1 6-0
44. 29/10/2006   Basilea Moqueta   Fernando González 6-3 6-2 7-6(3)
45. 19/11/2006   Tennis Masters Cup (Shanghai) (3) Dura   James Blake 6-0 6-3 6-4
46. 28/01/2007   Aberto de Australia (3) Dura   Fernando González 6-3 6-2 7-6(3)
47. 03/03/2007   Dubai (4) Dura   Mikhail Youzhny 6-4 6-3
48. 20/05/2007   Hamburgo (4) Terra batida   Rafael Nadal 2-6 6-2 6-0
49. 08/07/2007   Wimbledon (5) Herba   Rafael Nadal 7-6(7) 4-6 7-6(3) 2-6 6-2
50. 19/08/2007   Cincinnati (2) Dura   James Blake 6-1 6-4
51. 09/09/2007   US Open (4) Dura   Novak Djokovic 7-6(4) 7-6(2) 6-4
52. 28/10/2007   Basilea (2) Dura   Jarkko Nieminen 6-3 6-4
53. 18/11/2007   Tennis Masters Cup (Shanghai) (4) Dura   David Ferrer 6-2 6-3 6-2
54. 20/04/2008   Estoril Terra batida   Nikolay Davydenko 7-6(5) 1-2(ret.)
55. 15/06/2008   Halle (5) Herba   Philipp Kohlschreiber 6-3 6-4
56. 08/09/2008   US Open (5) Dura   Andy Murray 6-2 7-5 6-2
57. 26/10/2008   Basilea (3) Dura   David Nalbandian 6-3 6-4
58. 17/05/2009   Madrid (2) Terra batida   Rafael Nadal 6-4 6-4
59. 07/06/2009   Roland Garros Terra batida   Robin Söderling 6-1 7-6(1) 6-4
60. 05/07/2009   Wimbledon (6) Herba   Andy Roddick 5-7 7-6(6) 7-6(5) 3-6 16-14
61. 23/08/2009   Cincinnati (3) Dura   Novak Djokovic 6-1 7-5
62. 31/01/2010   Aberto de Australia (4) Dura   Andy Murray 6-3 6-4 7-6(11)
63. 23/08/2010   Cincinnati (4) Dura   Mardy Fish 6-7(5) 7-6(1) 6-4
64. 24/10/2010   Estocolmo Dura   Florian Mayer 6-4 6-3
65. 07/11/2010   Basilea (4) Dura   Novak Djokovic 6-4 3-6 6-1
66. 28/11/2010   Tennis Masters Cup (Londres) (5) Dura   Rafael Nadal 6-3 3-6 6-1
67. 08/01/2011   Doha (3) Dura   Nikolay Davydenko 6-3 6-4
68. 06/11/2011   Basilea (5) Dura   Kei Nishikori 6-1 6-3
69. 13/11/2011   París Dura   Jo-Wilfried Tsonga 6-1 7-6(3)
70. 27/11/2011   Tennis Masters Cup (Londres) (6) Dura   Jo-Wilfried Tsonga 6-3 6-7(6) 6-3
71. 19/02/2012   Rotterdam (2) Dura   Juan Martín del Potro 6-1 6-4
72. 03/03/2012   Dubai (5) Dura   Andy Murray 7-5 6-4
73. 18/03/2012   Indian Wells (4) Dura   John Isner 7-6(7) 6-3
74. 13/05/2012   Madrid (3) Terra batida   Tomáš Berdych 3-6 7-5 7-5
75. 08/07/2012   Wimbledon (7) Herba   Andy Murray 4-6 7-5 6-3 6-4
76. 19/08/2012   Cincinnati (5) Dura   Novak Djokovic 6-0 7-6(7)
77. 16/06/2013   Halle (6) Herba   Mikhail Youzhny 6-7(5) 6-3 6-4

Finalista en individuais (36)

editar
Lenda
Xogos Olímpicos (1)
ATP World Tour Finals (2)
Grand Slam (7)
ATP World Tour Masters 1000 (13)
ATP World Tour 500 (6)
ATP World Tour 250 (7)
Data Torneo Superficie Opoñente na final Resultado
1. 13/02/2000   Marsella Moqueta   Marc Rosset 6-2 3-6 6-7(5)
2. 29/10/2000   Basilea Moqueta   Thomas Enqvist 2-6 6-4 6-7(4) 6-1 1-6
3. 25/02/2001   Rotterdam Dura   Nicolas Escudé 5-7 6-3 6-7(5)
4. 28/10/2001   Basilea (2) Moqueta   Tin Henman 3-6 4-6 2-6
5. 03/02/2002   Milán Moqueta   Davide Sanguinetti 6-7(2) 6-4 1-6
6. 31/03/2002   Miami Dura   Andre Agassi 3-6 3-6 6-3 4-6
7. 11/05/2003   Roma Terra batida   Félix Mantilla 5-7 2-6 6-7(8)
8. 13/07/2003   Gstaad Terra batida   Jiří Novák 7-5 3-6 3-6 6-1 3-6
9. 20/11/2005   Tennis Masters Cup Moqueta   David Nalbandian 7-6(4) 7-6(11) 2-6 1-6 6-7(3)
10. 05/03/2006   Dubai Dura   Rafael Nadal 6-2 4-6 4-6
11. 23/04/2006   Monte-Carlo Terra batida   Rafael Nadal 2-6 7-6(2) 3-6 6-7(5)
12. 14/05/2006   Roma (2) Terra batida   Rafael Nadal 7-6(0) 6-7(5) 4-6 6-2 6-7(5)
13. 11/06/2006   Roland Garros Terra batida   Rafael Nadal 6-1 1-6 4-6 6-7(4)
14. 22/04/2007   Monte-Carlo (2) Terra batida   Rafael Nadal 4-6 4-6
15. 10/06/2007   Roland Garros (2) Terra batida   Rafael Nadal 3-6 6-4 3-6 4-6
16. 12/08/2007   Canadá (Montreal) Dura   Novak Djokovic 6-7(2) 6-2 6-7(2)
17. 21/10/2007   Madrid Dura   David Nalbandian 6-1 3-6 3-6
18. 27/04/2008   Monte-Carlo (3) Terra batida   Rafael Nadal 5-7 5-7
19. 18/05/2008   Hamburgo Terra batida   Rafael Nadal 5-7 7-6(3) 3-6
20. 08/06/2008   Roland Garros (3) Terra batida   Rafael Nadal 1-6 3-6 0-6
21. 06/07/2008   Wimbledon Herba   Rafael Nadal 4-6 4-6 7-6(5) 7-6(8) 7-9
22. 01/02/2009   Aberto de Australia Dura   Rafael Nadal 5-7 6-3 6-7(3) 6-3 2-6
23. 14/09/2009   US Open Dura   Juan Martín del Potro 6-3 6-7(5) 6-4 6-7(4) 2-6
24. 08/11/2009   Basilea (3) Dura   Novak Djokovic 4-6 6-4 2-6
25. 16/05/2010   Madrid (2) Terra batida   Rafael Nadal 4-6 6-7(5)
26. 13/06/2010   Halle Herba   Lleyton Hewitt 6-3 6-7(4) 4-6
27. 15/08/2010   Canadá (Toronto) (2) Dura   Andy Murray 5-7 5-7
28. 17/10/2010   Shanghai Dura   Andy Murray 3-6 2-6
29. 26/02/2011   Dubai (2) Dura   Novak Djokovic 3-6 3-6
30. 05/06/2011   Roland Garros (4) Terra batida   Rafael Nadal 5-7 6-7(3) 7-5 1-6
31. 17/06/2012   Halle (2) Herba   Tommy Haas 6-7(5) 4-6
32. 05/08/2012   Xogos Olímpicos (Londres) Dura   Andy Murray 2-6 1-6 4-6
33. 28/10/2012   Basilea (4) Dura   Juan Martín del Potro 4-6 7-6(5) 6-7(3)
34. 12/11/2012   ATP World Tour Finals (2) Dura   Novak Djokovic 6-7(6) 5-7
35. 19/05/2013   Roma (3) Terra batida   Rafael Nadal 1-6 3-6
36. 27/10/2013   Basilea (5) Dura   Juan Martín del Potro 6-7(3) 6-2 4-6

Dobres (8)

editar
Lenda
Xogos Olímpicos (1)
ATP World Tour Finals (0)
Grand Slam (0)
ATP World Tour Masters 1000 (1)
ATP World Tour 500 (3)
ATP World Tour 250 (3)
Data Torneo Superficie Parella Opoñentes na final Resultado
1. 25/02/2001   Rotterdam Dura   Jonas Björkman   Petr Pala
  Pavel Vizner
6-3 6-0
2. 15/07/2001   Gstaad Terra batida   Marat Safin   Michael Hill
  Jeff Tarango
0-1 ret.
3. 24/02/2002   Rotterdam (2) Dura   Max Mirnyi   Mark Knowles
  Daniel Nestor
4-6 6-3 [10-4]
4. 06/10/2002   Moscova Moqueta   Max Mirnyi   Joshua Eagle
  Sandon Stolle
6-4 7-6(0)
5. 30/03/2003   Miami Dura   Max Mirnyi   Leander Paes
  David Rikl
7-5 6-3
6. 12/10/2003   Viena Dura   Yves Allegro   Mahesh Bhupathi
  Max Mirnyi
7-6(7) 7-5
7. 12/06/2005   Halle Herba   Yves Allegro   Joachim Johansson
  Marat Safin
7-5 6-7(6) 6-3
8. 16/08/2008   Xogos Olímpicos (Pequín) Dura   Stanislas Wawrinka   Simon Aspelin
  Thomas Johansson
6-3 6-4 6-7(4) 6-3

Finalista en dobres (5)

editar
Lenda
Xogos Olímpicos (0)
Tennis Masters Cup (0)
Grand Slam (0)
ATP World Tour Masters 1000 (2)
ATP World Tour 500 (1)
ATP World Tour 250 (2)
Data Torneo Superficie Parella Opoñentes na final Resultado
1. 29/10/2000   Basilea Moqueta   Dominik Hrbatý   Donald Johnson
  Piet Norval
6-7(11) 6-4 6-7(4)
2. 17/03/2002   Indian Wells Dura   Max Mirnyi   Mark Knowles
  Daniel Nestor
4-6 4-6
3. 23/02/2003   Rotterdam Dura   Max Mirnyi   Wayne Arthurs
  Paul Hanley
6-7(4) 2-6
4. 03/10/2004   Bangkok Dura   Yves Allegro   Justin Gimelstob
  Graydon Oliver
7-5 4-6 4-6
5. 19/03/2011   Indian Wells (2) Dura   Stanislas Wawrinka   Alexandr Dolgopolov
  Xavier Malisse
4-6 7-6(5) [7-10]

O récord de 65 vitorias consecutivas sobre céspede

editar

O 12 de xuño de 2006, coa súa vitoria sobre Tomáš Berdych en Halle, Roger Federer igualou o récord de 41 vitorias consecutivas sobre céspede que ata ese momento ostentaba Björn Borg, e estableceu unha nova marca de 65 vitorias consecutivas entre 2003 e 2008. A serie rematou o 23 de xuño de 2008, ao perder a final de Wimbledon diante de Rafael Nadal.

Ano Torneo Vitorias
2003   Halle 5
2003   Wimbledon 7
2004   Halle 5
2004   Wimbledon 7
2005   Halle 5
2005   Wimbledon 7
2006   Halle 5
2006   Wimbledon 7
2007   Wimbledon 6
2008   Halle 5
2008   Wimbledon 6
TOTAL 65

A pesar de gañar o torneo de Wimbledon de 2007, só se lle contabilizan 6 vitorias ao ter superada a 3ª rolda sen xogar o partido ante Tommy Haas, por abandono deste.

O récord de 56 vitorias consecutivas sobre superficie dura

editar

En febreiro de 2005, coa súa vitoria sobre o checo Bohdan Ulihrach en primeira rolda do Torneo de Rotterdam, iniciou Federer unha serie de 56 vitorias consecutivas sobre superficie dura, récord absoluto sobre esa superficie. A serie rematou pouco máis dun ano despois, na final do Torneo de Dubai que perdeu contra Rafael Nadal.

Ano Torneo Vitorias
2005   Rotterdam 5
2005   Dubai 5
2005   Indian Wells 6
2005   Miami 6
2005   Cincinnati 6
2005   US Open 7
2005   Bangkok 5
2006   Doha 5
2006   Aberto de Australia 7
2006   Dubai 4
TOTAL 56
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 ATP. "Roger Federer Playing Activity 2007" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2012. Consultado o 16 Novembro 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 ATP. "Roger Federer Playing Activity 2008" (en inglés). Consultado o 16 Novembro 2013. 
  3. "Federer and Wawrinka golden together" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2014. Consultado o 16 novembro 2013. 
  4. ATP. "Roger Federer 2008 Doubles" (en inglés). Consultado o 16 novembro 2013. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 ATP. "Roger Federer Playing Activity 2009" (en inglés). Consultado o 17 novembro 2013. 
  6. "Nadal wins battle for place in history by edging past Federer in Melbourne" (en inglés). Consultado o 17 Novembro 2013. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 ATP. "Roger Federer Playing Activity 2010" (en inglés). Consultado o 19 Novembro 2013. 
  8. Atpworldtour.com (ed.). "Tennis – ATP World Tour – Roland Garros Friday – Federer Joins 700 Match Wins Club" (en inglés). Consultado o 19 de novembro de 2013. 
  9. Buddell, James. Atpworldtour.com, ed. "Tennis – ATP World Tour – The Championships – Berdych Sends Federer Spinning Out" (en inglés). Consultado o 19 de novembro de 2013. 
  10. Sports.rediff.com, ed. (21 Xuño 2010). "Federer joins an elite club – Rediff Sports" (en inglés). Consultado o 19 de novembro de 2013. 
  11. ATP, ed. (22 agosto 2010). "Federer back to winning ways with fourth Cincinnati crown" (en inglés). Consultado o 19 de novembro de 2013. 
  12. "Federer hires Annacone". The Guardian (en inglés). 26 xullo 2010. Consultado o 19 de novembro de 2013. 
  13. "Roger Federer opts out of Davis Cup duty for Switzerland" (en inglés). Consultado o 19 novembro 2013. 
  14. The Telegraph (ed.). "Australian Open 2011: Roger Federer did not just lose against Novak Djokovic; he was at a loss" (en inglés). Consultado o 24 de novembro de 2013. 
  15. ATP World Tour, ed. (19 setembro 2011). "Federer, Mandela are world's most respected & trusted" (en inglés). Consultado o 24 de novembro de 2011. 
  16. The Times (South Africa), ed. (21 September 2011). "Mandela pips Federer" (en inglés). Consultado o 24 de novembro de 2011. 
  17. "Murray supplants Federer at No. 3". Shanghai Daily (en inglés). 18 de outubro de 2011. Consultado o 24 novembro 2013. 
  18. 18,0 18,1 ATP. "Roger Federer Playing Activity 2011" (en inglés). Consultado o 24 novembro 2013. 
  19. Briggs, Simon (24 de novembro de 2013). "Roger Federer shows no mercy in Rafael Nadal's hour of need at ATP World Tour Finals". The Daily Telegraph (en inglés). Londres. 
  20. Buddell, James. ATP World Tour, ed. "Tennis – ATP World Tour – Barclays ATP World Tour Finals 2011 Final – Federer Wins Record Sixth Title". Consultado o 24 novembro 2013. 
  21. 21,0 21,1 ATP. "Roger Federer Playing Activity 2011 (Doubles)" (en inglés). Consultado o 24 novembro 2013. 
  22. 22,00 22,01 22,02 22,03 22,04 22,05 22,06 22,07 22,08 22,09 22,10 22,11 22,12 22,13 22,14 22,15 ATP. "Roger Federer Playing Activity 2012" (en inglés). Consultado o 25 novembro 2013. 
  23. "Roger Federer wins 7th Wimbledon title" (en inglés). 9 xullo 2012. Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  24. Rossingh, Danielle (8 xullo 2012). Bloomberg, ed. "Federer Defies Tennis Old Age Becoming No. 1 With Wimbledon Win" (en inglés). Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  25. "Roger Federer wins 7th Wimbledon, tying Pete Sampras". WJLA.com (en inglés). AP. 8 July 2012. Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2015. Consultado o 8 July 2012. 
  26. Budell, James (16 xullo 2013). ATP, ed. "ATP Heritage: Federer Breaks No. 1 Milestone". atpworldtour.com (en inglés). Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  27. Mitchell, Kevin (3 agosto 2012). Guardian News and Media, ed. "Roger Federer beats Juan Martín del Potro to reach Olympic final". The Guardian (en inglés). Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  28. Killion, Ann (5 agosto 2012). Time Warner, ed. "Despite loss to Murray, silver medal meaningful for Federer in London". Sports Illustrated (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2013. Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  29. "Roger Federer’s 300 weeks at No. 1 a tribute to greatness". tennis.si.com (en inglés). 16 outubro 2012. Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2013. Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  30. "Roger Federer pulls out of Paris Masters" (en inglés). Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  31. ATP (ed.). "Federer vs. Murray". atpworldtour.com (en inglés). Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  32. 32,00 32,01 32,02 32,03 32,04 32,05 32,06 32,07 32,08 32,09 32,10 32,11 32,12 32,13 32,14 32,15 ATP (ed.). "Roger Federer Playing Activity 2013". atpworldtour.com (en inglés). Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  33. "Roger Federer Ties John McEnroe With 77th Career Title In Halle" (en inglés). Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  34. "Roger Federer loses at Wimbledon, snapping greatest streak in tennis". usatoday.com (en inglés). Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  35. "Roger Federer's ranking history" (en inglés). ATP World Tour. Consultado o 26 novembro 2013. 
  36. Matuszewski, Erik (3 setembro 2013). "Federer’s Earliest U.S. Open Loss Since 2003 Stops Nadal Matchup". Bloomberg News (en inglés). Consultado o 27 novembro 2013. 
  37. Pierce, Linda (3 setembro 2013). "Compelling case points to the decline of Federer" (en inglés). Consultado o 27 novembro 2013. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar