Roberto II de Francia

político francés

Roberto II de Francia ou Roberto II "o Piadoso" (en francés: Robert II le Pieux). Nado en Orleans o 27 de marzo de 972 e finado en Melun o 20 de xullo de 1031. Foi rei de Francia desde 996 ata 1031. Foi o segundo rei da dinastía dos Capeto e fillo de Hugo Capeto e Adelaida de Aquitania.

Modelo:BiografíaRoberto II de Francia

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Robert II de France Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de marzo de 972 Editar o valor en Wikidata
Orleáns, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte20 de xullo de 1031 Editar o valor en Wikidata (59 anos)
Melun, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de Saint-Denis Editar o valor en Wikidata
Rei dos francos
24 de outubro de 996 – 20 de xullo de 1031
← Hugo I de FranciaHenrique I de Francia → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
ProfesoresSilvestre II Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaCasa de Capeto (pt) Traducir e Dinastía dos Capetos Editar o valor en Wikidata
CónxuxeCostanza de Arles (1003 (Gregoriano)–)
Berta de Borgoña (996 (Gregoriano)–)
Susana de Italia Editar o valor en Wikidata
FillosHedwig of France, Countess of Nevers
 () Costanza de Arles
Hugo II de Francia
 () Costanza de Arles
Henrique I de Francia
 () Costanza de Arles
Adela de França
 () Costanza de Arles
Roberto I de Borgoña
 () Costanza de Arles
Eudes de France
 () Costanza de Arles Editar o valor en Wikidata
PaisHugo I de Francia Editar o valor en Wikidata  e Adelaide da Aquitânia Editar o valor en Wikidata
IrmánsHedwig of France, Countess of Mons
Gisèle de France Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1773152 WikiTree: Capet-41 Find a Grave: 21109 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Primeiros anos e sucesor primoxénito da monarquía francesa

editar

No 987, o seu pai lograra que a nobreza recoñecera a Roberto como sucesor rex designatus, dando comezo así o reinado dos seus sucesores en Francia, que duraría en liña directa ata 1328 e indirecta, con interrupcións polas repúblicas e imperios napoleónicos, ata 1848.

Características do seu reinado

editar

Xa no trono, Roberto obtivo o recoñecemento do seu primoxénito Hugo, como o seu sucesor, mais a morte deste convertería en futuro sucesor a Henrique.

Foi un defensor da Igrexa e protector da cultura, ademais de precursor fundamental da expansión da orde cluniaciense.

O piadoso Roberto fixo poucos amigos e moitos inimigos, que incluiría aos seus propios fillos que máis tarde se rebelarían.

Matrimonio e descendencia

editar
 
A excomuñón de Roberto "o Piadoso" (de Jean-Paul Laurens, 1875).

Roberto II de Francia casárase en primeiras nupcias coa súa prima cuarta Berta de Borgoña, sobriña do duque Otón Guillerme de Borgoña, aínda que deste enlace non tivese descendencia.[1]

 
O reino de Roberto II de Francia a finais do século X.

Por medio deste matrimonio obtivo o Ducado de Borgoña e arrebatoulle á nobreza os condados de Dreux e Melun no ano 1017.[2]

Este matrimonio non era do agrado do papa Gregorio V, a causa do próximo parentesco e porque durante o pontificado do antecesor papa Xoán XV, se depuxera a Arnulfo do arcebispado de Reims que foi substituído, coa oposición papal, por Gerberto quen fose nomeado Silvestre II contando co apoio do anterior rei francés Hugo Capeto, e polo cal esixiu a Roberto que anulase o enlace. Este ao negarse provocou que fose excomungado, ao igual que o arcebispo de Reims que autorizara o casamento.

Ao final rematou por separarse o matrimonio e quitáseo o apoio ao Silvestre II xa que desexaba un achegamento co Papa. Isto provocou que nun concilio celebrado en Pavia no ano 997, restituísese como arcebispo de Reims a Arnulfo e condenásese como usurpador a Gerberto, ademais de levantar a excomuñón.[1]

Roberto enlazouse por segunda vez con Costanza de Arles -aínda que ao ter sido anulado o anterior, se convertería nas súas primeiras nupcias- filla do Príncipe da Provenza (dende 991), sendo unha muller moi temperamental, contrastando acentuadamente con Roberto "o Piadoso", pasou á Historia por defender con decisión os dereitos do seu fillo ao trono.[3] Deste matrimonio naceron sete fillos:

Guerras civís e falecemento

editar

Os seus fillos Hugo, Henrique e Roberto, rebeláranse contra o seu pai dando lugar a unha guerra civil, na cal Hugo morrería en plena revolta, en 1025.

Na continuación do conflito con Henrique e o mozo Roberto, as tropas do rei Roberto resultaron derrotadas e o rei retirouse a Beaugency, nos arredores de París, a capital.

Roberto morreu en plena contenda contra os seus fillos o 20 de xullo de 1031 en Melun. Foi enterrado, xunto coa súa esposa Costanza, na Basílica de Saint Denis. Sucederíalle o seu fillo Enrique.

Ao rematar o seu reinado, Francia encontraríase nun proceso de importante evolución política.

  1. 1,0 1,1 Le Bas, Philippe (op. cit., páx. 160).
  2. Le Bas, Philippe (op. cit, pp. 120 - 121).
  3. Le Bas, Philippe (op. cit., páx. 161).

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Le Bas, Philippe; en "Historia de la Francia" (Tomo I, obra traducida por Una Sociedad Literaria, Ed. Imprenta del Nacional, Barcelona, ano 1841).

Ligazóns externas

editar
Predecesor:
Hugo Capeto
 
Rei de Francia

9961031
Sucesor:
Henrique I
Predecesor:
Otón Guillerme
Duque de Borgoña
10041016
Sucesor:
Henrique