Robert Grosseteste

Robert Grosseteste (ca. 1175 - 1253) foi un home de estado, filósofo, teólogo e bispo de Lincoln. Nado en Stradbroke, (Suffolk, Inglaterra), de pais de orixe humilde e membro da orde franciscana, foi un erudito en case todos os ámbitos do saber da súa época.

Modelo:BiografíaRobert Grosseteste

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1168 Editar o valor en Wikidata
Stradbroke, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte9 de outubro de 1253 Editar o valor en Wikidata (84/85 anos)
Buckden, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Lincoln, transept Sud-Est 53°14′03″N 0°32′09″O / 53.23418, -0.535739
Lincolnshire Editar o valor en Wikidata
Bispo diocesano Lincoln
1235 – 1253
← Hugh de Wells (en) TraducirHenry of Lexington (en) Traducir →
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Oxford Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1235–), sacerdote católico (1235–), diácono (1210–), naturalista, astrónomo, matemático, físico, filósofo, teólogo Editar o valor en Wikidata
Empregadorordes franciscanas, profesor universitario (1229–1235)
Universidade de Oxford (1214–1229)
Universidade de París (1209–1214)
Universidade de Oxford (1198–1209) Editar o valor en Wikidata
AlumnosRoger Bacon Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrdes franciscanas Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónSan Edmundo Rich Editar o valor en Wikidata
Día de festividade relixiosa9 de outubro (Anglicanismo)
17 de novembro (Igrexa episcopal nos Estados Unidos) Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteDictionary of National Biography
Biblioteca dixital BEIC
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1166064 WikiTree: Grosseteste-1 Find a Grave: 16356546 Editar o valor en Wikidata
Robert Grosseteste, bispo.

Trátase dun importante representante da historia do pensamento medieval e dun gran precursor da filosofía e a ciencia modernas, en particular pola súa influencia sobre Bacon, Ockham e Duns Scoto, e pola súa intención de introducir o pensamento aristotélico na universidade de Oxford. Probabelmente foi o primeiro chanceler desta universidade.

Recuperou para o método científico a idea grega de explicación. A súa concepción da ciencia implicaba observacións e experimentos. A posibilidade de aplicar a matemática á ciencia física sería desenvolvida, no século XIV, por un grupo de discípulos seus, vinculados ao Merton College, coñecidos como os Calculatores, que desenvolveron unha matemática do movemento.

O seu sobrenome provén do latín indicando Grossum caput (Cabeza grande), seguramente para referirse á súa gran capacidade de estudo e gran memoria.

A súa liña de pensamento propoñía retomar o pensamento de Santo Agostiño, procurando volver sobre a tradición escolástica tal como se formulou na súa orixe.

Traballou en innumerábeis obras desde os anos 1220 até 1235, e escribiu varios tratados científicos, entre os que están:

  • De sphera. Considérase unha achega importante á astronomía.
  • De accessione et recessione maris. Sobre os movementos das ondas e as mareas.
  • De lineis, angulis et figuris. Razoamento xeométrico en ciencias naturais.
  • De iride. Tratado sobre o arco da vella.

Menciónase habitualmente como un dos maiores comentadores da obra de Aristóteles.

O renacemento da cultura anglosaxoa en Oxford

editar

A cultura cristián e clásica conservárase en Inglaterra mentres se perdera practicamente no continente. Renace co Imperio carolinxio, grazas precisamente ao labor de Alcuino de York, (século VIII), que desde Inglaterra fundou bibliotecas a partir dos libros procedentes da illa e estableceu diversas escolas de ensinanza do trivium e o quadrivium. Continúa o seu labor, no século IX, Xoán Escoto Eríxena.

O movemento cisterciense e a recuperación dos escritos clásicos, sobre todo os de Aristóteles, xunto coas achegas científicas dos árabes, a partir do século XI, renovan en Inglaterra o espírito da Escola de Chartres,[1] especialmente con Xoán de Salisbury.

Pouco a pouco diferénciase Inglaterra da cultura francesa simbolizada na universidade de París, onde permanece máis o espírito dialéctico introducido por Pedro Abelardo e a preocupación por unha filosofía entendida como "ancilla Theologiae".[2]

Deste modo, concretamente en Oxford, rexorde o espírito platónico-agostiñano; estúdanse linguas, sobre todo o árabe, e cultívase o coñecemento da ciencia natural, da man do aristotelismo e os árabes, sendo de especial interese o estudo da matemática, menosprezada polos teólogos de París. Foi de especial relevancia o espírito da orde franciscana fronte ao espírito da orde dominica, que prevalece no continente.[3]

Cosmoloxía da luz

editar

Grosseteste coñeceu os tratados de óptica árabes, e baixo a influencia do neoplatonismo, considerou a luz como a materia orixinal creada por Deus do nada e a partir da cal se substancia o universo enteiro.

Seguindo Grosseteste, a luz é unha substancia corpórea, pero enormemente próxima ao incorpóreo, sendo a súa principal propiedade xérase a si mesma perpetuamente; xerada nun punto, expándese en forma esférica en todas as direccións, de modo instantáneo. Na súa expansión vai enrarecéndose até chegar a un límite (pois a materia non pode ser infinita).

Por estenderse nas tres dimensións do espazo, a luz xera a corporeidade. Na súa difusión estende consigo a materia da que é inseparábel. Deste xeito a luz é a primeira forma creada por Deus na materia prima á que vai unida e constitúe así o principio do universo que contemplamos.

O límite máximo de propagación da luz constitúe o firmamento, que reflicte á súa vez a luz cara ao centro do mundo. Ao reflectirse a luz xera as nove esferas celestes, sendo a máis inferior a da Lúa. Por encima desta esfera non hai movemento, mentres que por debaixo gradúanse e mestúranse os catro compoñentes: lume, aire, auga e terra.

Coñecemento da ciencia da natureza

editar

Máis que por descubrimentos especiais, a importancia de Grosseteste provén de introducir e destacar a importancia das matemáticas no coñecemento científico da natureza física.

utilitas considerationis linearum, angulorum et figurarum est maxima, quoniam impossibile est sciri naturalem philosophiam sine illis: valent in toto universo et partibus eius absolute
Robert Grosseteste [4]

(É moi importante a utilidade de considerar o estudo das liñas, dos ángulos e das figuras, porque é imposíbel coñecer a filosofía natural [5] sen elas: valen absolutamente para todo o universo e as súas partes)

Pois as accións naturais propáganse segundo as leis da reflexión e da refracción. Por iso hai que coñecer a fondo as figuras fundamentais: a esfera, porque é o modo de propagación da luz; e a pirámide, porque é o modo máis poderoso no que un axente pode exercer nunha superficie partindo dun punto. Todo pode explicarse mediante os principios da óptica e da xeometría.

Tales principios son a base de inspiración para o seu discípulo Roger Bacon.

O coñecemento

editar

O home ocupa o centro do mundo, o mesmo que Deus é o centro da creación. A alma, por tanto, obra tamén en función da luz mediante o corpo e os sentidos. A alma obra sobre o corpo, pero non viceversa, tal como pensa San Agostiño. Por iso o entendemento é unha facultade da alma, non do corpo, e non necesita elemento corporal ningún para obrar e coñecer. Contemplando as cousas materiais pode ir abstraendo as formas da natureza, segundo o modo platónico, liberándose pouco a pouco do peso material do corpo; pero só as almas elixidas, liberadas polo amor de Deus poden, nesta vida, chegar á contemplación das ideas.

Como non podía ser doutro modo, a teoría da iluminación de Santo Agostiño constitúe a base da súa teoría do coñecemento.

O seu espírito científico é un claro antecedente da idea galileana acerca de que o universo está escrito en linguaxe matemática.[6]

  1. Renovación do espírito platónico-agostiñano e a incorporación de Aristóteles no seu interese pola ciencia á marxe da teoloxía
  2. E. Gilson, La filosofía en la Edad Media, Madrid, Gredos, 1965. páx. 438
  3. Inicio dunha corrente de pensamento que valora a experiencia como fonte de coñecemento, valora o individual e a matemática, sendo o xerme do que suporía a diferente traxectoria entre Inglaterra e o continente no século XVII e a súa importancia no nacemento da ciencia moderna: Roger Bacon, Duns Scoto e o Merton College de Oxford, con Tomás Bradwardine, Guillerme de Heytesbury, Ricardo Swineshead, sendo a culminación desta corrente de pensamento Guillerme de Ockham e o nominalismo como corrente critica da especulación escolástica.
  4. Citado por E. Gilson, La filosofía en la Edad Media, Madrid, Gredos. 1965. páx. 440.
  5. Nome que recibían as ciencias naturais na época.
  6. Hirschberger, J. S.J. (1968): Historia de la Filosofía. Barcelona: Herder, 2 vols., páx. 364

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar
  • Crombie, A. C. (1953): Robert Grosseteste and the Origins of Experimental Science, 1100-1700. Oxford: Clarendon Press. ISBN 0-19-824189-5
  • Ferrater Mora, J. (1984): Diccionario de Filosofía. Madrid: Alianza Editorial. (4 vols.) ISBN 84-206-5204–0
  • Gilson, E. (1965): La filosofía en la Edad Media. Madrid: Gredos.
  • Grosseteste, R. (1972): Suma de los ocho libros de la física de Aristóteles (Summa Physicorum). Buenos Aires: Eudeba. Esta edición inclúe o texto latino, un estudo crítico, algúns datos biográficos sobre o autor e varias notas de J. E. Bolzán e C. Lértora Mendoza.
  • Hirschberger, J. S.J. (1968): Historia de la Filosofía. Barcelona: Herder. (2 vols.)
  • Honderich, T. (ed.) (2001): Enciclopedia Oxford de Filosofía. Madrid: Tecnos. ISBN 84-309-3699-8
  • Lértora Mendoza, Celina Ana (2003): Roberto Grosseteste: metafísica: siglo XIII. Editorial Del Rey. ISBN 950-9614-08-4
  • Lopéz Cuétara, José Miguel (2005): El aristotelismo en el pensamiento de Robert Grosseteste. Verdad y vida.

Ligazóns externas

editar