Richard Brooks
Reuben Sax, nado en Filadelfia (Pensilvania) o 18 de maio de 1912 e finado en Beverly Hills (California) o 11 de marzo de 1992 foi un director, guionista, produtor e escritor estadounidense coñecido como Richard Brooks.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Reuben Sax 18 de maio de 1912 Filadelfia, Estados Unidos de América |
Morte | 11 de marzo de 1992 (79 anos) Studio City, Estados Unidos de América |
Causa da morte | insuficiencia cardíaca |
Lugar de sepultura | Hillside Memorial Park Cemetery (pt) |
Educación | Universidade Temple (pt) |
Actividade | |
Ocupación | guionista, novelista, director de cinema, produtor de cinema, realizador |
Carreira militar | |
Rama militar | Corpo de Marines dos Estados Unidos |
Familia | |
Cónxuxe | Jean Simmons (1960–1977), divorcio Jean Brooks (1941–1944), divorcio |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Traxectoria
editarTras graduarse na Temple University, Brooks traballou coma xornalista radiofónico. Na década de 1940 iniciou a súa carreira en Hollywood escribindo guións de filmes como Brute Force (1947) ou Key Largo (1948). En 1950 e grazas á axuda do actor Cary Grant disposto a colaborar cun director novel, debutou na dirección con Crisis, drama producido por Arthur Freed que Grant protagonizou xunto con José Ferrer. Ao longo desa década foi asentando a súa categoría como director de actores, especialmente polo éxito de Blackboard Jungle (1955), con Glenn Ford e Sidney Poitier.
Brooks rodou adaptacións de grandes obras literarias, como Os irmáns Karamazov de Fiódor Dostoyevski, Elmer Gantry, de Sinclair Lewis ou In Cold Blood, de Truman Capote. Un dos seus autores favoritos foi o dramaturgo Tennessee Williams, do que dirixiu Cat on a Hot Tin Roof (1958), con Elizabeth Taylor, Paul Newman e Burl Ives, e Doce paxaro de xuventude (1962), de novo con Newman.
A partir da década de 1970 a súa produción diminuíu en cantidade.
Filmografía
editar- Crisis (1950)
- The Light Touch (1951)
- Deadline – U.S.A. (20th Century Fox, 1952)
- Battle Circus (1953)
- Take the High Ground! (1953)
- Flame and the Flesh (1954)
- A última vez que vin París (1954)
- Blackboard Jungle (1955)
- The Last Hunt (1956)
- The Catered Affair (1956)
- Something of Value (1957)
- Os irmáns Karamazov (1958).
- Cat on a Hot Tin Roof (1958).
- O fogo e a palabra (1960).
- Doce paxaro de xuventude, (1962).
- Lord Jim (1965).
- Os profesionais (1966).
- A sangue frío (1967).
- The Happy Ending (1969).
- $ (1971).
- Morde a bala (1975).
- Looking For Mr. Goodbar (1977).
- Obxectivo mortal (1982).
- Fever Pitch (1985).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Richard Brooks |
Ligazóns externas
editar- Richard Brooks na IMDb (en inglés).