Véxase tamén: Espazo natural protexido.

As reservas naturais son, dentro do marco lexislativo español, espazos naturais que pretenden protexer a ecosistemas, comunidades ou outros elementos biolóxicos que por seren raros ou singulares son sensibles a se perder ou meritorios dunha alta protección.[1][2]

Nas reservas naturais limítase a obtención de calquera recurso, ben material biolóxico ou xeolóxico. Só se permite a explotación daqueles recursos que non interfiran na protección das singularidades da reserva, ou nalgún caso de investigación ou formación educativa.[1][2]

En Galiza é posible a declaración de microrreservas, ou espazos protexidos de reducida área, dentro das reservas, coa finalidade de conservar hábitats raros ou especies ameazadas. Esas microrreservas poden ter unha tempo determinado na para cumprir a súa función e ser revocadas posteriormente.[2]

Reservas naturais

editar
Artigo principal: Reservas naturais en España.
  1. 1,0 1,1 Boletín Oficial del Estado, eds. (15/12/2007). "Ley 42/2007, de 13 de diciembre, del Patrimonio Natural y de la Biodiversidad. «BOE» núm. 299, de 14/12/2007.". Consultado o 2017-10-03. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Presidencia da Xunta de Galicia (Martes, 04 de setembro de 2001). Xunta de Galicia, eds. "LEI 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia." (DOG Núm. 171): 11.754.