República Popular Húngara

A República Popular Húngara (húngaro: Magyar Népköztársaság) foi unha república socialista desde o 20 de agosto de 1949 ata o 23 de outubro de 1989. Estivo gobernada polo Partido Socialista Obreiro Húngaro, que estaba baixo a órbita da Unión Soviética. De acordo coa Conferencia de Moscova de 1944, Winston Churchill e Iosif Stalin acordaron que despois da guerra, Hungría fose incluída na esfera de influencia soviética. A RPH continuou a existir ata 1989, cando a oposición ao réxime levou ao fin do comunismo en Hungría.

Modelo:Xeografía políticaRepública Popular Húngara
Magyar Népköztársaság (hu) Editar o valor en Wikidata

HimnoHimnusz Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 47°N 19°L / 47, 19
CapitalBudapest Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación10.397.959 (1989) Editar o valor en Wikidata (111,77 hab./km²)
Lingua oficiallingua húngara Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie93.030 km² Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación20 de agosto de 1949 Editar o valor en Wikidata
Disolución23 de outubro de 1989 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porHungría Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernounipartidismo Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoOrszággyűlés Circunscrición: 106, (Escano: 199) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Pacto de Varsovia (1955–1991) Editar o valor en Wikidata
MoedaFlorín húngaro Editar o valor en Wikidata

Os comunistas pasaron o ano e medio seguinte despois da Conferencia de Moscova a consolidaren o seu control do poder e a eliminar os outros partidos. Isto rematou en outubro de 1947, cando os comunistas obrigaron os seus socios de coalición non comunistas a cooperaren cun goberno de coalición novo se querían quedar no país. O proceso foi completado máis ou menos en 1949, cando unha nova lexislatura elixida cunha soa lista dominada polos comunistas adoptou unha constitución de estilo soviético, e o país foi renomeado oficialmente como "república popular".

A mesma dinámica política continuou ao longo dos anos, coa Unión Soviética a coaccionar e a influír na política húngara a través do Partido Comunista Húngaro, intervindo militarmente e con operacións encubertas cando era necesario. A represión política e o declive económico provocaron un levantamento popular en todo o país en outubro e novembro de 1956 coñecido como a Revolución húngara de 1956, que foi o maior acto individual de disidencia na historia do bloque do Leste. Inicialmente, a Revolución foi permitida, mais despois, a Unión Soviética enviou milleiros de tropas e tanques para esmagar a oposición e instalar un novo goberno controlado polos soviéticos baixo János Kádár.

No inicio da década de 1960, o goberno de Kádár xa relaxara considerablemente a súa política, implementando unha forma única de comunismo con características máis liberais coñecida como "Comunismo gulash". O estado permitiu as importacións de certos produtos culturais e de consumo occidentais, deu aos húngaros unha maior liberdade para viaxaren ao estranxeiro e diminuíu significativamente o peso do estado policial secreto. Estas medidas valéronlle a Hungría o alcume de "o lugar máis alegre no campo socialista" durante as décadas de 1960 e 1970.

Un dos líderes comunistas con máis anos de mandato durante o século XX, Kádár finalmente xubilouse en 1988 despois de ser obrigado a deixar o cargo polos sectores aínda máis reformistas ca el. Hungría permaneceu así ata finais da década de 1980, cando estalou a axitación no bloque do Leste, que finalizou coa caída do Muro de Berlín e a disolución da Unión Soviética. A pesar do fin do control comunista en Hungría, a Constitución de 1949 permaneceu en vigor con emendas para reflectir a transición do país á democracia liberal. O 1 de xaneiro de 2012, a constitución de 1949 foi substituída pola nova constitución de Hungría.