Remo (deporte)
Coñécese como remo[1][2] o conxunto de disciplinas deportivas que consisten na propulsión dunha embarcación por medio da forza muscular dun ou varios remeiros[3], que poden empregar un ou dous remos, sempre usados como pancas, cun punto de fixación á embarcación. O remo distínguese do piragüismo en que neste último o deportista vai colocado de fronte ó movemento porque non fai panca co remo para avanzar, mentres que nas disciplinas de remo o deportista vai sempre sentado de costas ó sentido do movemento.
Nunha embarcación de remo, tódolos elementos están fixados ó corpo da embarcación, incluídos os propios remos (unidos por unha articulación), menos o banco no que se senta o remeiro. Este banco pode ser fixo ou móbil, de tal xeito que hai dúas categorías principais dentro do deporte do remo: o remo de banco fixo, e o remo de banco móbil. A diferenza principal entre unha e outra categoría é que no remo de banco fixo, o esforzo se realiza nos brazos e nas costas, mentres que no remo de banco móbil, este deslízase sobre unhas rodas pequenas de xeito que o esforzo se realiza nos brazos, nas costas e tamén nas pernas. Os remo de banco móbil practícase sobre augas tranquilas.
Hai certas modalidades de remo que son olímpicas, en categoría masculina dende 1900, e en categoría feminina dende 1976. Distínguese pois o remo olímpico, con 14 modalidades (todas elas de banco móbil); do remo non olímpico, con máis modalidades, incluídas tódalas de banco fixo.
En Galicia ten moita tradición a disputa de competicións en banco fixo, principalmente en traiñeiras[4] e bateis[5]. Os clubs de remo máis salientables participan cada ano na Liga Galega de Traiñeiras, dende a cal pódese ascender á máxima categoría cantábrica, a Liga ACT.
A nivel internacional, existen probas tan senlleiras como a Regata Oxford-Cambridge (The Boat Race), que se leva disputando dende 1829 en augas do Támese entre estudantes das universidades de Oxford e Cambridge.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para remo.
- ↑ "remo". TERGAL. Arquivado dende o orixinal o 24/10/2018. Consultado o 24/10/2018.
- ↑ "remeiro". TERGAL. Arquivado dende o orixinal o 24/10/2018. Consultado o 24/10/2018.
- ↑ "traiñeira". TERGAL. Arquivado dende o orixinal o 24/10/2018. Consultado o 24/10/2018.
- ↑ "batel". TERGAL. Arquivado dende o orixinal o 24/10/2018. Consultado o 24/10/2018.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Remo |
Bibliografía
editar- Silva Alonso, Telmo (2023). Entrena remo apoyándote en la ciencia (en castelán). Uno Editorial. ISBN 978-84-19668-09-7.Silva Alonso&rft.btitle=Entrena remo apoyándote en la ciencia&rft.date=2023&rft.genre=book&rft.isbn=978-84-19668-09-7&rft.pub=Uno Editorial&rft_id=https://www.unoeditorial.com/libros/entrena-remo/&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Web da Federación Galega de Remo Arquivado 16 de marzo de 2012 en Wayback Machine.
- Web da Federación Española de Remo (en castelán)
- Web da Federación Internacional de Remo (en inglés)