Refoxos, Silleda
parroquia civil do concello de Silleda
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Refoxos.
San Paio de Refoxos é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o IGE en 2011 tiña 128 habitantes (74 mulleres e 54 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 155 habitantes.
Refoxos | |
---|---|
Igrexa de San Paio de Refoxos. | |
Concello | Silleda[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°38′09″N 8°15′27″O / 42.63587729, -8.25741501 |
Poboación | 128 hab. (2011) |
Entidades de poboación | 9[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarFoi xurisdición do Mosteiro de Santa María de Aciveiro, que promoveu unha experiencia singular, entregando explotacións familiares aos colonos que as quixeron traballar. Isto fixo incrementar a poboación de cincuenta a trescentos habitantes en menos de cen anos.
Patrimonio
editarNesta parroquia atópanse as mámoas da Braña e Curros e a Eira dos Mouros no lugar de Tixoa.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Refoxos, Silleda.
-
Ábsida da igrexa de Refoxos.
-
Cruceiro e teleclub de Refoxos.
-
Relevos serpentiformes procedentes dunha mámoa de Refoxos expostos no Museo de Pontevedra.
Lugares e parroquias
editarLugares de Refoxos
editarLugares da parroquia de Refoxos no concello de Silleda (Pontevedra) | |
---|---|
A Calzada | Cardesín | O Couto | Currospedriños | Lázara | O Outeiro | A Pallota | Tixoa | Xastres |