Real Coro Toxos e Froles
O Real Coro Toxos e Froles é unha agrupación musical de carácter tradicional galego, fundada en Ferrol en 1914.
Real Coro Toxos e Froles | |
---|---|
Coro Toxos e Froles, Vida Gallega, 1934. | |
Orixe | Ferrol, |
Período | 1914 - actualidade |
Xénero(s) | Música e baile tradicional galego |
Na rede | |
http://www.toxosefroles.com | |
Fundación
editarA fundación do Coro Toxos e Froles data de 1914 e parece estar relacionada co interese do gaiteiro Manuel Lorenzo Barxa por crear unha agrupación á imaxe e semellanza do primeiro coro galego Aires d'a Terra. Tamén se debe considerar a existencia da agrupación ferrolá Airiños d'a miña Terra como o seu precedente inmediato e máis próximo.
A presentación pública do coro Toxos e Froles faise no Teatro Jofre de Ferrol un sábado, o 29 de maio de 1915. A primeira bandeira do coro foi conseguida por subscrición popular e entregada polo poeta ourensán Antonio Rey Soto, representante das Irmandades da Fala. Naqueles tempos os lazos de amizade entre as irmandades e as agrupacións artísticas era moi forte. O papel de Toxos e Froles na fundación da Irmandade da fala de Ferrol en 1918 foi crucial.
O coro, con Lorenzo á cabeza, forma parte dos programas de moitos festivais galegos. No mes de xuño do ano 1922 realízanse as primeiras gravacións discográficas da agrupación.
Publicou o periódico gráfico Labor Gallega entre 1935 e 1936.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Ferrol |
Bibliografía
editar- Dopico Blanco, F. e Santiso Medín, M. do C. (1997): Manuel Lorenzo Barxa (1878-1959): Un gaiteiro ferrolán á antiga usanza. Ferrol, Edicións Embora; colección Biblioteca de Ferrolterra.