Rata común
A rata común[2] (Rattus norvegicus), tamén chamada en moitos países rata gris ou parda (pola súa pelaxe), que se corresponde coa rata "de sumidoiro" (por ser un dos lugares onde abunda en zonas urbanas) é unha especie de roedor de distribución mundial, a máis común das ratas hoxe. É unha das dúas especies do xénero Rattus presentes en Galicia (a outra é a rata negra).
Rata común | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Rata común (Rattus norvegicus) | |||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Rattus norvegicus (Berkenhout, 1769) | |||||||||||||||||||||
Mapa de distribución
|
É un dos muroideos de maior tamaño cunha lonxitude de 25 cm e un rabo de similar tamaño; cun peso medio nos machos de 350 g e nas femias de 250 g, con pelaxe gris ou marrón. Aínda que se orixinou no norte da China, este roedor estendeuse agora por todos os continentes excepto a Antártida ou preto do polo norte (foi erradicada de Alberta, Canadá), e é a rata dominante en Europa e gran parte de Norteamérica, e as súas poboacións son moi numerosas, polo que se podería dicir que é o mamífero con máis éxito da Terra despois do ser humano.[3] Con raras excepcións, esta rata vive en todos os sitios onde vive o ser humano, especialmente en zonas urbanas.
A reprodución selectiva entre Rattus norvegicus produciu a rata de laboratorio, un organismo modelo usado en investigación biolóxica, así como as variedades de ratas mascotas.
Etimoloxía
editarNon se sabe con certeza por que se lle deu o nome científico de Rattus norvegicus (rata de Noruega), xa que non se orixinou en Noruega. Porén, o naturalista inglés John Berkenhout, autor do libro de 1769 Outlines of the Natural History of Great Britain (Perfís da Historia Natural de Gran Bretaña) deulle ese nome binomial, xa que cría que a rata migrara a Inglaterra en barco desde Noruega en 1728, cousa que non era certa.
No século XIX xa estaba claro que a súa procedencia non era Noruega e fixéronse varias hipóteses sobre a súa orixe[4][5][6] No século XX os naturalistas tiñan claro que se orixinara en Asia central, probablemente na China.[7]
O nome común de "rata común" débese a que é a rata máis estendida e común no mundo, aínda que non sempre foi así, xa que, por exemplo en Europa, predominaba a rata negra antes da irrupción da rata común. Outros nomes que se lle dan en moitos países débense á cor da súa pelaxe, gris ou marrón (rata gris, rata parda). Tamén é a rata que prolifera por millóns na rede de sumidoiros das grandes cidades, polo que é a "rata de sumidoiro", aínda que vive tamén en moitos outros sitios.[Cómpre referencia]
Descrición
editarA pelaxe é áspera e xeralmente de cor marrón ou gris escura, con ventre máis claro. A rata común é un múrido bastante grande e pode pesar o dobre que a rata negra e varias veces o peso dun rato doméstico. A lonxitude adoita estar entre 20 e 25 cm, ao que hai que sumar un rabo de entre 18 e 25 cm, polo que é case da mesma lonxitude que o corpo. O corpo dos adultos pesa como media 350 g nos machos e uns 250 g nas femias.[8] Informouse de individuos extremadamente grandes que chegaban a pesar de 900 a 1000 g, pero non é normal en espécimes non domésticos. As historias de ratas que acadan o tamaño de gatos son esaxeracións ou confusións con outros roedores, como o coipú e a rata almiscreira. De feito, o común en ratas que crían na natureza é pesar menos (ás veces considerablemente menos) de 300 g.[9][10]
A rata común ten un sentido da audición moi agudo, e son sensibles aos ultrasóns, e posúe un sentido do olfacto moi desenvolvido. A súa frecuencia cardíaca media está entre 300 e 400 latexos por minuto, e a frecuencia respiratoria é de arredor de 100 por minuto. A agudeza visual dunha rata pigmentada é mala, arredor de 20/600, mentres que unha rata non pigmentada (lbina sen melanina nos ollos é de arredor 20/1200 e ten unha tremenda dispersión da luz no seu sitema visual. As ratas comúns son dicrómicas e perciben a cor de xeito bastante parecido ao ser humano cunha cegueira para as cores vermella-verde, e a súa saturación de cor pode ser bastante feble. Na súa percepción na zona do azul teñen tamén receptores do ultravioleta (UV), o que lles permite ver luces ultravioleta que outras especies non perciben.[11]
Bioloxía e comportamento
editarA rata común é nocturna e unha boa nadadora, tanto na superficie coma baixo a tona da auga, e observouse gabeando por postes delgados de metal redondos de varios metros para alcanzar os dispensadores de comida de paxaros situados en xardíns. Escavan ben e a miúdo constrúen extensos sistemas de galerías. Aínda que un estudo de 2007 atopou que posúen metacognición, unha capacidade mental que anteriormente só se coñecía en humanos e algúns primates,[12] posteriores análises máis a fondo indicaron que os resultados puideron darse só porque se seguiron principios condicionantes operantes simples.[13]
Comunicación
editarAs ratas comúns poden producir vocalizacións ultrasónicas. As crías usan diferentes tipos de gritos ultrasónicos para estimular e dirixir o comportamento de busca materna,[14] e para regular os movementos das súas nais no niño.[15] Aínda que as crías producen ultrasóns rodeados doutras ratas aos 7 días de idade, cando teñen 14 días xa reducen significativamente a produción de ultrasóns cando hai ratas macho arredor como resposta defensiva.[16] As ratas adultas emiten vocalizacións ultrasónicas en resposta á presenza de predadores ou a un perigo percibido;[17] e a frecuencia e duración de tales gritos depende do sexo e do estado reprodutor da rata.[18][19] A femia emite tamén vocalizacións ultrasónicas durante o apareamento.[20]
Sons que expresan benestar
editarAs ratas poden tamén emitir vocalizacións ultrasónicas de alta frecuencia curtas inducidas socialmente durante os seus xogos de pelexa, antes de recibir morfina ou de aparearse e cando están contentas. A vocalización, descrita como un "pío" (chirping), foi asimilada a un riso e é interpretada como a expectativa de algo recompensante.[21] Como moitas vocalizacións das ratas, este son é dun ton demasiado alto como para que o poida percibir o oído humano sen un equipo especial. Os propietarios de mascotas usan ás veces detectores de morcegos para este propósito.
En investigacións, estes sons viuse que están asociados con sentimentos emocionais positivos, e establécense lazos sociais co emisor, e como resultado as ratas quedan condicionadas a buscalo. Porén, a medida que a idade das ratas aumenta, a tendencia a emitir estes sons parece declinar.[22]
Comunicación audible
editarProducen tamén ruídos comunicativos audibles polo ser humano. O que se lle oe con máis frecuencia ás ratas domésticas é renxer os dentes, o cal se produce xeralmente porque o animal está contento, pero pode ser tamén unha forma de 'autoconsolo' en situacións de estrés, como unha visita ao veterinario. O ruído descríbese como un rápido chasquido ou 'zunido', que varía dun animal a outro.
Ademais, con frecuencia chían en diversos tons desde os chíos de dor abruptos de ton alto a sons "cantareiros" persistentes suaves durante as confrontacións.
Dieta
editarA rata común é un verdadeiro omnívoro e come case calquera cousa, pero os cereais forman unha parte substancial da súa dieta. Martin Schein, fundador da Sociedade do Comportamento Animal en 1964, estudou a dieta das ratas comúns e chegou á conclusión de que os alimentos máis probables da rata común eran ovos revoltos, macarróns con queixo, cenorias crúas e grans de millo cocidos. Segundo Schein, os alimentos menos preferidos por elas eran remolacha crúa, pexegos e apio cru.[23]
O comportamento de procura de comida adoita ser específico de poboación e varía segundo o ambiente e as fontes de alimentos.[3] As ratas comúns que vivían nunha zona de desova en Virxinia Occidental capturaban crías de peixes.[24] Algunhas colonias que viven nas beiras do río Po en Italia mergúllanse nas augas para apañar moluscos,[25][26] unha práctica que demostra a aprendizaxe social entre os membros desta especie.[27] As ratas na illa de Norderoog no mar do Norte axexan e matan pardais e patos.[28]
Reprodución e ciclo vital
editarA rata común é moi prolífica; pode reproducirse durante todo o ano se as condicións son axeitadas, e unha femia pode producir ata cinco camadas ao ano. O período de xestación é só de 21 días e as camadas poden ser de ata 14 crías, aínda que o máis común é 7. Chegan á madurez sexual ás cinco semanas de idade. En condicións ideais para a rata, isto significa que a poboación de femias podería multiplicarse por 3,5 (a metade dunha camada de 7) en só 8 semanas (5 semanas para chegar á madurez sexual e 3 semanas de xestación), o que corresponde a un crecemento equivalente a que a poboación se multiplique por 10 en só 15 semanass. A duración máxima da vida deste animal é duns 3 anos, aínda que o máis común é que vivan apenas un ano. A taxa de mortalidade anual estimada é do 95%, e as principais causas de mortalidade son os predadores e os conflitos interespecíficos.
Cando están lactando as femias mostran un ritmo de 24 horas de comportamento materno, e pasan máis tempo atendendo ás camadas pequenas que ás grandes.[29]
Viven en grandes grupos xerárquicos, en toqueiras ou en sitios subsuperficiais, como sumidoiros e sotos. Cando hai escaseza de comida, as ratas que son inferiores na orde social son as primeiras en morrer. Se se extermina unha gran fracción da poboación de ratas, as restantes restauran rapidamente o nivel da poboación.
Comportamento social
editarAs ratas comúns xeralmente se acicalan unhas a outras e dormen xuntas.[30] Establecen unha orde xerárquica, polo que unhas ratas dominan a outras.[31] Os grupos de ratas adoitan "xogar a pelexar", o cal implica unha combinación de saltos, persecucións, rodar e "boxeo". Nestes xogos s ratas buscan o pescozo das outras, mentres que nas loitas serias atacan a parte traseira das outras.[32] Se o espazo onde viven é limitado, o comportamento pode facerse agresivo, o cal pode resultar na morte dalgúns animais, reducindo así a carga sobre o espazo vital.
Forman grupos familiares formados pola nai e as crías.[33] Isto aplícase a ambos os grupos de machos e femias. Porén, as ratas son animais territoriais, o que significa que xeralmente actúan agresivamente ou temen as ratas estrañas. Cando defenden o seu territorio xeralmente poñen de punta o pelo, asubían, chían e moven os rabos.[34] Perséguense unhas a outras, outras veces acicálanse, dormen en grupos, loitan entre elas, teñen rifas pola dominancia, comunícanse e xogan de diversos modos entre elas.[34] O arrexuntamento é unha importante parte adicional da socialización das ratas. Este arrexuntamento de moitos individuos suponse que ten a función de conservar a calor. As crías de ratas no niño dependen especialmente da calor da súa nai, xa que non poden regular a súa propia temperatura. O arrexuntamento é unha forma extrema de gregarismo. Outras formas de interacción son: arrastrarse por debaixo doutro individuo; camiñar por encima doutros individuos; o aloacicalamento a outros individuos, que se distingue do autoacicalamento; e empurrar co fociño suavemente a outro preto do pescozo.[33]
Escavación de toqueiras
editarAs ratas comúns escavan intensamente, tanto na natureza coma en catividade se dispoñen dun substrato axeitado para facelo.[35] Xeralmente empezan a escavar unha nova toqueira ao lado dun obxecto ou estrutura, xa que isto lles proporciona un resistente "tellado" para a parte da toqueira que está preto da superficie.[36] As toqueiras vanas construíndo de modo que finalmente constan de moitos túneles e entradas secundarias.[35] Os machos máis vellos xeralmente non escavan, mentres que os machos novos e as femias escavan vigorosamente.[35][37]
As toqueiras proporcionanlles abrigo e un sitio para almacenar comida, así como un lugar seguro e termorregulado.[35] As ratas usan as súas toqueiras para escapar das ameazas que perciben nas zonas próximas; por exemplo, retíranse ás súas toqueiras despois de sentir un ruído forte repentino ou cando foxen de intrusos.[38] A escavación de toqueiras pode describirse como un "comportamento defensivo preencontro", o que é o oposto dun "comportamento defensivo posencontro", como loitar, quedar paralizado, ou evitar un estímulo ameazante.
Distribución e hábitat
editarA especie orixinouse probablemente nas chairas de Asia, norte da China e Mongolia, espallouse a outras partes do mundo durante a Idade Media.[39][40][41] A cuestión de cando as ratas pasaron a facerse especie comensal dos seres humanos non está aínda esclarecida, pero a especie foise espallando e establecendo ao longo das rutas de migración humanas e agora vive practicaemtne en todos os sitios onde vive o ser humano.[42]
A rata común puido estar presente en Europa xa en 1553, o que se conclúe dunha ilustración e descrición do naturalista suízo Conrad Gesner que aparece no seu libro Historiae animalium (Historia dos animais), publicado en 1551–1558.[43] Aínda que a descrición de Though Gesner podería aplicarse tamén á rata negra, a súa mención dunha alta porcentaxe de animais albinos (que non é rara entre as poboacións silvestres de rata común) engade credibilidade a esta conclusión.[44] Os informes fiables que datan do século XVIII documentan a presenza da rata común en Irlanda en 1722, en Inglaterra en 1730, en Francia en 1735, en Alemaña en 1750 e en España en 1800,[44] espallandose por todas partes durante a Revolución Industrial.[45] Non chegou a América ata 1750–1755.[43][46]
A medida que se desprazou desde Asia, a rata común xeralmente foi desprazando á rata negra nas áreas onde vivía o seu humano (esta última vivía máis preto do ser humano antes e foi a que contribuíu ao espallamento da Peste negra na Idade Media). A rata común, ademais de ser meirande e máis agresiva, beneficiouse do cambio de construír estruturas e casas de madeira e tellados de palla a edificios de ladrillos e tellas, que favoreceu ás ratas comúns escavadoras sobre as ratas negras máis arbóreas. Ademais, as ratas comúns comen unha ampla variedade de alimentos e son máis resistentes aos extremos climáticos.[47]
En ausencia de humanos, as ratas comúns prefiren ambientes húmidos, como as ribeiras de ríos.[45] Porén, a gran maioría delas están hoxe ligadas aos ambientes creados polo ser humano, como os sistemas de sumidoiros.
Dise con frecuencia que nas cidades hai máis ratas que persoas, pero isto varía segundo a área dependendo do clima, condicións de vida etc. As ratas comúns nas cidades non adoitan vagar amplamente pola cidade, e xeralmente permanecen nun raio de 20 m do seu niño se dispoñen dunha fonte de alimento suficientemente concentrada, pero desprázanse moito máis lonxe cando hai escaseza de aimentos. Por poñer un exemplo, debátese moito o tamaño da poboación de ratas en Nova York, e as estimacións varían desde case 100 millóns de ratas a só 250.000.[48][48] Ademais de nos sumidoiros, as ratas viven confortablemente en rueiros e edificios residenciais, xa que alí hai unha fonte grande e continua de alimentos.[49]
As únicas zonas do mundo libres de ratas comúns son o continente antártico, onde o clima fai imposible que se establezan, así como algunhas partes da zona ártica (pero non todas), algunhas illas especialmente afastadas doutros territorios, a provincia de Alberta no Canadá,[50] e certas áreas de conservación en Nova Zelandia.[51][52] A zona habitada polo ser humano máis grande libre destas ratas é Alberta porque foron eliminadas por un programa gobernamental moi agresivo de control, que empezou na década de 1950.[53][54][55] Este resultado en Alberta foi axudado porque a rexión está lonxe de portos e só a parte leste é apropiada para unha entrada das ratas, que non poden vivir nas duras condicións doutras zonas.[56][57][58][59] A provincia adxacente de Saskatchewan iniciou un programa similar en 1972 e reduciu as poboacións de ratas comúns, pero sen conseguir erradicalas.[60] Nalgunhas partes do mundo a invasión desas zonas polas ratas supuxo unha ameaza para a fauna nativa, xa que comen ovos de aves e outros pequenos animais, como ocorreu en Nova Zelandia.[61].
Doenzas
editarIgual que outros roedores, as ratas comúns poden portar diversos patóxenos,[62] que poden orixinar doenzas, como a enfermidade de Weil, a febre da mordedura de rata, a criptosporidíose, febres hemorráxicas virais, a febre Q e a síndrome pulmonar por hantavirus. Nalgúns países como Reino Unido son un importante reservorio da bacteria Coxiella burnetii, que causa a febre Q, cunha seroprevalencia para a bacteria nalgunhas poboacións silvestres de ata o 53%.[63]
Esta especie tamén serve de reeservorio do Toxoplasma gondii, o parasito que causa a toxoplasmose, aínda que a doenza normalmente só se espalla das ratas aos humanos cando os gatos domésticos se alimentan de ratas infectadas.[64] Este parasito ten unha longa historia evolutiva coa rata común, e hai indicios de que o parasito evolucionou para alterar a percepción das ratas infectadas á predación polos gatos, o que as fai máis susceptibles de seren atrapadas polos gatos, e isto facilita a transmisión.[65]
Esta especie foi a miúdo asociada con gromos de triquinose,[66][67] pero o grao en que a rata común é responsable da transmisión da larva de Trichinella aos humanos e outros animais sinantrópicos é discutido.[68] Trichinella pseudospiralis, un parasito que antes se consideraba que non era un patóxeno potencial para os humanos ou animais domésticos, viuse que pode ser patóxeno para os humanos e é portado polas ratas comúns.[69]
Ás veces dise erradamente que as ratas comúns son un reservorio importante para o axente da peste bubónica, e un dos posibles causantes da epidemia de Peste negra da Idade Media. Porén, isto non é certo. A bacteria responsable, Yersinia pestis, é normalmente endémica en só unhas poucas especies de roedores e normalmente é transmitia zoonoticamante polas pulgas da rata, e son portadores comúns roedores como Spermophilus e Neotoma, e a rata responsable da Peste negra crese que foi a rata negra (Rattus rattus). Porén, as ratas comúns poden padecer esta peste, así como moitas especies non roedoras, como cans, gatos e humanos.[70] Como a que contribuíu ao espallamento da Peste negra a través das pulgas foi a rata negra, hipotetizouse que o desprazamento das ratas negras polas ratas comúns fixo historicamente que declinase a incidencia da peste bubónica.[71] Porén, esta hipótese non concorda coas datas do desprazamento nin coas dos incrementos e diminucións das epidemias de peste bubónica.[72]
En catividade
editarUso en ciencia
editarO cruzamento selectivo de ratas comúns albinas rescatadas dun deporte agora prohibido chamado en Inglaterra rat baiting (un can terrier tiña que capturalas o máis rapidamente posible e o público apostaba) produciu a variedade albina ou rata de laboratorio.[73] Igual que o rato de laboratorio (Mus musculus), estas ratas son utilizadas en experimentos médicos, psicolóxicos e biolóxicos, e son un dos principais organismos modelo. A súa utilidade débese a que crecen rapidamente ata chegar á madurez sexual e son fáciles de manter e de criar en catividade. Cando os biólogos modernos falan de "ratas" nos ses experimentos, case sempre se están a referir a Rattus norvegicus.
Como mascotas
editarA rata común tense como macota en moitas partes do mundo. Nalgúns países mesmo se fixeron asociacións de ratas mascotas similares ao American Kennel Club para cans, nas cales se establecen os estándares, se organizan eventos e promoven unha tenencia responsable das mascotas polos seus donos. Hai moitos tipos de ratas comúns domésticas, que varían nos patróns e estilo da pelaxe, como as variedades Hairless ou Rex e máis recentemente creáronse tipos con variacións no tamaño e estrutura corporal, como as variedades ananas e sen rabo.
Notas
editar- ↑ "Rattus norvegicus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2011.1 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2008. Consultado o 9 August 2011.
- ↑ BUSCatermos da USC rata común, que dá como referencias os Vocabulario forestal. Santiago de Compostela, Universidade / Deputación de Lugo, 2012, e "Zooloxía" en Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta, 1991
- ↑ 3,0 3,1 Fragaszy, Dorothy Munkenbeck; Perry, Susan (2003). The Biology of Traditions: Models and Evidence. Cambridge University Press. p. 165. ISBN 0-521-81597-5.
- ↑ Friends' Intelligencer. (1858) Volume 14. William W. Moore, publisher. pp. 398.
- ↑ Chambers, William and Robert Chambers. (1850) Chambers's Edinburgh Journal. pp. 132.
- ↑ Miles, Alfred Henry. (1895) Natural History. Dodd, Mead & Company. pp. 227
- ↑ Cornish, Charles John. (1908) The Standard Library of Natural History. The University Society, Inc. Volume 1, Chapter 9. pp. 159
- ↑ "Pest info- Rodents". BASF- The Chemical Company. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2014. Consultado o 14 January 2014.
- ↑ Clark, B. R.; Price, E. O. (1981). "Sexual maturation and fecundity of wild and domestic Norway rats (Rattus norvegicus)". Journal of Reproduction and Fertility 63 (1): 215–220. doi:10.1530/jrf.0.0630215.
- ↑ Leslie, P. H., Perry, J. S., Watson, J. S., & ELTON, C. (February 1946). The Determination of the Median Body‐Weight at which Female Rats reach Maturity. In Proceedings of the Zoological Society of London (Vol. 115, No. 3‐4, pp. 473–488). Blackwell Publishing Ltd.
- ↑ Hanson, Anne (14 March 2007). "What Do Rats See?". Rat Behavior and Biology. ratbehavior.org. Consultado o 1 December 2019.
- ↑ "Rats Capable Of Reflecting On Mental Processes". Science Daily – sourced from university of Georgia. 9 March 2007. Consultado o 2 August 2007.
- ↑ Smith, J. David; Beran, M. J.; Couchman, J. J.; Coutinho, M. V. C. (2008). "The Comparative Study of Metacognition: Sharper Paradigms, Safer Inferences". Psychonomic Bulletin & Review (en inglés) 15 (4): 679–691. doi:10.3758/pbr.15.4.679.
- ↑ Brunelli, Susan A.; Shair, Harry N.; Hofer, Myron A. (1994). "Hypothermic vocalizations of rat pups (Rattus norvegicus) elicit and direct maternal search behavior". Journal of Comparative Psychology 108 (3): 298–303. doi:10.1037/0735-7036.108.3.298.
- ↑ White, N; Adox, R; Reddy, A; Barfield, R (1992). "Regulation of rat maternal behavior by broadband pup vocalizations". Behavioral and Neural Biology 58 (2): 131–137. doi:10.1016/0163-1047(92)90363-9.
- ↑ Takahashi, L. K. (1992). "Developmental expression of defensive responses during exposure to conspecific adults in preweanling rats (Rattus norvegicus)". Journal of Comparative Psychology 106 (1): 69–77. PMID 1313347. doi:10.1037/0735-7036.106.1.69.
- ↑ Brudzynski, Stefan M. (2005). "Principles of Rat Communication: Quantitative Parameters of Ultrasonic Calls in Rats". Behavior Genetics 35 (1): 85–92. doi:10.1007/s10519-004-0858-3.
- ↑ Blanchard, RJ; Agullana, R; McGee, L; Weiss, S; Blanchard, DC (1992). "Sex differences in the incidence and sonographic characteristics of antipredator ultrasonic cries in the laboratory rat (Rattus norvegicus)". Journal of Comparative Psychology 106 (3): 270–277. PMID 1395496. doi:10.1037/0735-7036.106.3.270.
- ↑ Haney, M.; Miczek, K.A. (1993). "Ultrasounds during agonistic interactions between female rats (Rattus norvegicus)". Journal of Comparative Psychology 107 (4): 373–379. PMID 8112049. doi:10.1037/0735-7036.107.4.373.
- ↑ Thomas, D. A.; Barfield, R. J. (1985). "Ultrasonic vocalization of the female rat (Rattus norvegicus) during mating". Animal Behaviour 33 (3): 720–725. doi:10.1016/S0003-3472(85)80002-6.
- ↑ "Search Content". Science News.
- ↑ Panksepp, J; Burgdorf, J (2003). ""Laughing" rats and the evolutionary antecedents of human joy?" (PDF). Physiology & Behavior 79 (3): 533–47. PMID 12954448. doi:10.1016/S0031-9384(03)00159-8.
- ↑ Schein, Martin W.; Holmes Orgain (1 November 1953). "A Preliminary Analysis of Garbage as Food for the Norway Rat". Am. J. Trop. Med. Hyg. 2 (6): 1117–30. PMID 13104820. Consultado o 4 April 2007.
- ↑ Cottam, C.; Stickel, W. H.; Stickel, L. F.; Coleman, R. H.; Mickey, A. B.; Schellbach, L.; Schorger, A. W.; Negus, N. C.; Polderboer, E. B. (1948). "Aquatic habits of the Norway rat". Journal of Mammalogy 29 (3): 299. JSTOR 1375396.
- ↑ Gandolfi, G.; Parisi, V. (1972). "Predazione su Unio Pictorum L. da parte del ratto, Rattus norvegicus (Berkenhout)". Acta Naturalia 8: 1–27.
- ↑ Parisi, V.; Gandolfi, G. (1974). "Further aspects of the predation by rats on various mollusc species". Bollettino di Zoologia 41 (2): 87–106. doi:10.1080/11250007409430096.
- ↑ Galef, Jr.; Bennett, G. (1980). "Diving for Food: Analysis of a Possible Case of Social Learning in Wild Rats (Rattus norvegicus)" (PDF). Journal of Comparative and Physiological Psychology 94 (3): 416–425. doi:10.1037/h0077678.
- ↑ Steiniger, Fritz (1950). "Beitrage zur Sociologie und sonstigen Biologie der Wanderratte". Zeitschrift für Tierpsychologie 7 (3): 356–79. doi:10.1111/j.1439-0310.1950.tb01630.x.
- ↑ Grota, L. J.; Ader, R. (1969). "Continuous recording of maternal behavior in Rattus norvegicus". Animal Behaviour 17 (4): 722–29. doi:10.1016/S0003-3472(69)80019-9.
- ↑ "Social behaviour of fancy rat". madasafish.com.
- ↑ "Rats: Fancy Rat Behavior". Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2017. Consultado o 02 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Norway Rat Behavior Repertoire". ratbehavior.org.
- ↑ 33,0 33,1 Barnett, S. (1975). The Rat: a study in behavior (pp. 52–115). Chicago, MI: The University of Chicago Press.
- ↑ 34,0 34,1 "Why Rats Need Company". National Fancy Rat Society. Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2016. Consultado o 11 December 2014.
- ↑ 35,0 35,1 35,2 35,3 Boice, R. (1977). "Burrows of Wild and Albino Rats: Effects of Domestication, Outdoor Raising, Age, Experience, and Maternal State". Journal of Comparative and Physiological Psychology 91 (3): 649–661. PMID 559696. doi:10.1037/h0077338.
- ↑ Calhoun, J. B. (1962) Bethesda, MD: U.S. Department of Health, Education, and Welfare.
- ↑ Price, A. O. (1977). "Burrowing in Wild and Domestic Norway Rats". Journal of Mammalogy 58 (2): 239–240. JSTOR 1379585. doi:10.2307/1379585.
- ↑ Kitaoka, A. (1994). "Defensive aspects of burrowing behavior in rats (Rattus norvegicus): A descriptive and correlational study". Behavioural Processes 31: 13–28. doi:10.1016/0376-6357(94)90034-5.
- ↑ Tate, G.H.H. (1936). "Some muridae of the Indo-Australian region". Bulletin of the American Museum of Natural History 72: 501–728. hdl: 2246/834.
- ↑ Silver, J. (1941). "The house rat". Wildlife Circ. 6: 1–18.
- ↑ Southern, H.N. (1964). The Handbook of the British Mammals. Oxford: Blackwell Scientific.
- ↑ Yoshida, T.H. (1980). Cytogenetics of the Black Rat: Karyotype Evolution and Species Differentiation. University of Tokyo Press. ISBN 0-8391-4131-9.
- ↑ 43,0 43,1 Freye, H.A., and Thenius, E. (1968) Die Nagetiere. Grzimeks Tierleben. (B. Grzimek, ed.) Volume 11. Kindler, Zurich. pp. 204–211.
- ↑ 44,0 44,1 Suckow et al. (2006) The Laboratory Rat, 2nd ed. Academic Press. pp. 74. ISBN 0-12-074903-3.
- ↑ 45,0 45,1 Amori, G. & Cristaldi, M. (1999). Mitchell-Jones, Anthony J., ed. The Atlas of European Mammals. London: Academic Press. pp. 278–279. ISBN 0-85661-130-1.
- ↑ Nowak, Robert M. (1999) Walker's Mammals of the World. JHU Press. pp. 1521. ISBN 0-8018-5789-9.
- ↑ Teisha Rowland. "Ancient Origins of Pet Rats" Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine., Santa Barbara Independent, 4 December 2009.
- ↑ 48,0 48,1 "New Yorkers vs. the Rat". Consultado o 15 March 2008.
- ↑ Sullivan, Robert (2003). Rats: observations on the history and habitat of the city's most unwanted inhabitants. New York: Bloomsbury. ISBN 1-58234-385-3.
- ↑ Handwerk, Brian (31 March 2003). "Canada Province Rat-Free for 50 Years". National Geographic News (National Geographic Society). Consultado o 30 November 2007.
- ↑ "beehive.govt.nz – Campbell Island conservation sanctuary rat free". beehive.govt.nz.
- ↑ Perrow, Martin and A. J. Davy. (2002) Handbook of Ecological Restoration. Cambridge University Press. pp. 362–363. ISBN 0-521-79128-6.
- ↑ "Rattus norvegicus (mammal) – Details of this species in Alberta". Global Invasive Species Database. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2014. Consultado o 18 October 2014.
- ↑ "Rat Control in Alberta". Government of Alberta – Department of Agriculture and Rural Development. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2014. Consultado o 18 October 2014.
- ↑ "The History of Rat Control In Alberta". Government of Alberta – Department of Agriculture and Rural Development. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2014. Consultado o 18 October 2014.
- ↑ Bourne, John (1 October 2002). "The History of Rat Control In Alberta". Agriculture and Food. Alberta Department of Agriculture. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2014. Consultado o 1 December 2007.
- ↑ Holbrook AM, Pereira JA, Labiris R, McDonald H, Douketis JD, Crowther M, Wells PS (May 2005). "Systematic overview of warfarin and its drug and food interactions". Arch. Intern. Med. 165 (10): 1095–106. PMID 15911722. doi:10.1001/archinte.165.10.1095.
- ↑ J. Bourne; P. Merril (28 November 2011). "Rat Control in Alberta". The Canadian Encyclopedia. Consultado o 30 March 2014.
- ↑ Rose Sanchez (6 February 2014). "Alberta maintains its rat-free status for another year". Prairie Post. Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2017. Consultado o 29 March 2014.
- ↑ "Rat Control in Saskatchewan". Saskatchewan Agriculture, Food and Rural Revitalization. 1 October 2003. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 31 de maio de 2013. Consultado o 1 December 2007.
- ↑ "NZ routs island rats". BBC News. 26 May 2003. Consultado o 2 August 2007.
- ↑ Meerburg BG, Singleton GR, Kijlstra A (2009). "Rodent-borne diseases and their risks for public health". Crit Rev Microbiol 35 (3): 221–70. PMID 19548807. doi:10.1080/10408410902989837.
- ↑ Webster, JP; Lloyd, G; Macdonald, DW. (1995). "Q fever (Coxiella burnetii) reservoir in wild brown rat (Rattus norvegicus) populations in the UK.". Parasitology 110: 31–55. doi:10.1017/S0031182000081014.
- ↑ Dubeya, J. P.; Frenkel, J. K. (1998). "Toxoplasmosis of rats: a review, with considerations of their value as an animal model and their possible role in epidemiology". Veterinary Parasitology 77 (1): 1–32. PMID 9652380. doi:10.1016/S0304-4017(97)00227-6.
- ↑ Berdoy, M; Webster, JP; MacDonald, DW (2000). "Fatal attraction in rats infected with Toxoplasma gondii." (PDF). Proceedings of the Royal Society B 267 (1452): 1591–1863. JSTOR 2665707. PMC 1690701. PMID 11007336. doi:10.1098/rspb.2000.1182.
- ↑ Samuel et al. (2001) Parasitic Diseases of Wild Mammals. Blackwell Publishing. pp. 380–393. ISBN 0-8138-2978-X.
- ↑ Leiby, D. A.; Duffy, C. H.; Darwin Murrell, K.; Schad, G. A. (1990). "Trichinella spiralis in an Agricultural Ecosystem: Transmission in the Rat Population". The Journal of Parasitology 76 (3): 360–364. JSTOR 3282667. doi:10.2307/3282667.
- ↑ Stojcevic, D; Zivicnjak, T; Marinculic, A; Marucci, G; Andelko, G; Brstilo, M; Pavo, L; Pozio, E (2004). "The Epidemiological Investigation of Trichinella Infection in Brown Rats (Rattus norvegicus) and Domestic Pigs in Croatia Suggests That Rats are not a Reservoir at the Farm Level". Journal of Parasitology 90 (3): 666–670. PMID 15270124. doi:10.1645/GE-158R.
- ↑ Ranque, S; Faugère, B; Pozio, E; La Rosa, G; Tamburrini, A; Pellissier, JF; Brouqui, P (2000). "Trichinella pseudospiralis outbreak in France." (PDF). Emerging Infectious Diseases 6 (5): 543–547. PMC 2627956. PMID 10998388. doi:10.3201/eid0605.000517. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de outubro de 2010. Consultado o 02 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Merck Veterinary Manual". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 11 January 2010.
- ↑ See e.g.,
- John M. Last. "Black Death", Encyclopedia of Public Health, eNotes website. Retrieved 31 December 2010.
- Ethne Barnes. Diseases and Human Evolution, University of New Mexico Press, 2007, ISBN 978-0-8263-3066-6, p. 247.
- ↑ See e.g.:
- Alfred J. Bollet. Plagues & Poxes: The Impact of Human History on Epidemic Disease, Demos Medical Publishing, 2004, ISBN 978-1-888799-79-8, p. 23.
- Tracy Hamler Carrick, Nancy Carrick, Lawrence Finsen. The Persuasive Pen: An Integrated Approach to Reasoning and Writing, Jones and Bartlett Learning, 1997, ISBN 978-0-7637-0234-2, p. 162.
- J. N. Hays. Epidemics and Pandemics: Their Impacts on Human History, ABC-CLIO, 2005, ISBN 978-1-85109-658-9, p. 64.
- ↑ Baker, Henry J.; Lindsey, J. Russel; Weisbroth, Steven H. (1979). The laboratory rat: volume I – biology and diseases. Orlando, FL: Academic Press.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Rata común |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Rata común |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editarResumos
- Comportamento e bioloxía da rata - Información detallada da bióloga Anne Hanson
- Rattus norvegicus no Museo de Zooloxía da Universidade de Míchigan
- Datos do ciclo vital de Rattus norvegicus escrito polo biólogo João Pedro de Magalhães
- Ratas a ratos: Resumo Versión en liña do manual Merck de veterinaria
Xenoma de Rattus norvegicus e uso como animal modelo