Ramon Casanellas
Ramon Casanellas Lluch, nado en Barcelona en 1897 e finado no Bruc (Anoia) en 1933, foi un político e sindicalista catalán.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de marzo de 1897 Barcelona, España |
Morte | 24 de outubro de 1933 (36 anos) El Bruc, España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Comunista de España |
Descrito pola fonte | Diccionari biogràfic del moviment obrer als Països Catalans (pt) , (sec:Casanellas Lluch, Ramon, p.349-350) |
Traxectoria
editarAfiliado desde moi novo á Confederación Nacional do Traballo, tivo un papel moi activo nas folgas revolucionarias do 1918, polas que tivo que exiliarse para evitar represalias do Estado. Máis tarde volveu a Barcelona no 1919. Xunto con Pedro Mateu e Luis Nicolau participou no atentado contra o Presidente do Goberno Eduardo Dato e Iradier o 8 de marzo do 1921, disparándolle máis de 20 tiros desde unha motocicleta con sidecar, causándolle a morte. O atentado foi preparado coma resposta do sindicalismo barcelonés á dura represión e terrorismo branco, coñecidos como pistoleirismo, exercidos polo gobernador civil de Barcelona Martínez Anido e a patronal catalá, contra o movemento obreiro.
Aínda que os seus compañeiros foron detidos, el conseguiu fuxir e refuxiarse na URSS, desde onde escribiu unha carta exculpatoria dos seus compañeiros. Ficando na URSS, foi recrutado coma axente bolxevique e mandado a América latina para axudar na organización de movementos comunistas.
No 1931 volveu a España para reorganizar o Partido Comunista de Cataluña e máis o Partido Comunista de España, prohibido naquel intre, polo que o dirixiu desde o estranxeiro, a pesar de que fora expulsado e despois readmitido.
O 28 de xuño do 1931 foi presentado coma cabeza da candidatura do Partido Comunista de Cataluña por Barcelona, colleitando un pobre resultado. No 1932 volveu a España para participar no congreso do PCE en Sevilla, co gallo do cal se rexistraron fortes presións para que non fose obrigado a cumprir a condena imposta polo asasinato de Dato. Estas presións lograron o seu froito e Casanellas puido pasearse ceibe pola cidade.
Pasamento
editarMorreu en 1933 nun accidente de moto, cando se dirixía a Madrid na compaña de Francisco Barrio para asistir a unha reunión do partido. Existiron sospeitas de que o accidente fora un atentado, e Manuel Trueba Miramontes acusou directamente á dirección do Partido de facelo.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Història de la cultura catalana. Edic. 62, 1997.
- Manuel Moreno Historia del Partit Comunista de Catalunya, 1932-1936.
Ligazóns externas
editar- Ramon Casanellas (en catalán)