Ramón Verea
Ramón Silvestre Verea García, nado en Curantes (A Estrada) o 11 de decembro de 1833 e finado en Buenos Aires o 6 de febreiro de 1899, foi un xornalista, escritor e inventor galego. Ideou a primeira calculadora mecánica capaz de realizar multiplicacións directamente.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de decembro de 1833 Curantes, España |
Morte | 6 de febreiro de 1899 (65 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Causa da morte | Afección pulmonar |
Lugar de sepultura | Cemiterio do Oeste, Buenos Aires |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor, inventor, enxeñeiro |
Traxectoria
editarFillo de Juan Verea e Florentina García, recibiu clases na súa aldea dun tío cura, Francisco de Porto. En 1847 trasladouse a Santiago de Compostela e ingresou na Facultade de Filosofía e Letras, porén suspendeu case tódalas materias.[Cómpre referencia] Ingresou no seminario, que tamén abandonou, con 20 anos.[2] Emigrou a Cuba, onde traballou como mestre e escribiu dúas novelas: La cruz de piedra e Una mujer con dos maridos e aprendeu inglés. Tamén, estando na cidade cubana de Colón, inventou unha máquina para pregar periódicos, cuxa patente vendería máis tarde en Nova York.
En 1865, tras unha breve estancia en Porto Rico, trasladouse a Nova York, onde traballou como tradutor. Alí, creou a "Agencia industrial para la compra de maquinaria y efectos de moderna invención" e enxeñou a súa máquina de calcular: a Verea Direct Multiplier, primeira que realizaba multiplicacións de forma directa, en vez de empregar múltiples voltas de manivela. A oficina de patentes estadounidense concedeulle a patente número 207.918 o 10 de setembro de 1878[3], o mesmo ano no que gañou unha medalla da Exposición Mundial de Inventos de Cuba, en Matanzas. Despois dedicouse ás tarefas literarias e a divulgar as súas ideas de librepensador. En 1880 mercou a imprenta El Polígloto, fundou e dirixiu El Cronista e en 1884 fundou El Progreso, publicación primeiro mensual e despois quincenal, que se sostiña sen publicidade para manter a súa independencia e que divulgaba nuns 20 países os adiantos e invencións que se producían polo mundo.[4]
Librepensador, defendía a igualdade entre razas e entre homes e mulleres, a abolición da escravitude, a liberdade de expresión e criticaba o colonialismo estadounidense. Traduciu os escritos dos defensores da Lei natural Thomas Paine, Robert G. Ingersoll e Henry Ward Beecher; e recomendou aos seus lectores suscribirse a publicacións librepensadoras como Las Dominicales del Libre Pensamiento de Madrid, El Pensamiento de México ou La Razón de Cuba. Tamén se proclama antimonárquico, denuncia a inoperabilidade da embaixada española nos Estados Unidos e enfrontouse particularmente contra o embaixador e escritor Juan Valera, capaz de reunir cuantiosos fondos para homenaxes espectaculares e esquecerse de facelo para auxiliar ás vítimas do cólera en España.[5]
En 1895 trasladouse a Guatemala, exiliado pola súa forte oposición á política colonialista americana, onde publica unha serie de cartas contra a lenda negra española, e en 1897 a Buenos Aires. Alí escribiu en La Patria Española e continuou coa labor de El Progreso, na liña do de Nova York. Morreu só e pobre na capital arxentina, sendo soterrado nun panteón anónimo do cemiterio do Oeste.
A calculadora
editarA súa calculadora era unha máquina duns 23 quilos de peso, 35 centímetros de longo, 30 centímetros de ancho e 20 de alto, capaz de sumar, restar, multiplicar e dividir números de nove cifras, admitindo ata seis números no multiplicador e quince no produto. A multiplicación resolvíaa mediante un método directo baseado nun mecanismo patentado por Edmund D. Barbour en 1872, que empregaba un sistema que obtiña valores dunha táboa de multiplicar codificada de xeito similar ao sistema braille. O aparello podía resolver 698.543.721 × 807.689 en vinte segundos, unha velocidade sorprendente para a época. Porén, Verea non perseguía máis que demostrar que os españois podían inventar igual que os americanos, polo que o seu invento só deixou pegada na historia da computación como base para futuras máquinas, como a de Otto Steiger.
A súa máquina consérvase nos depósitos da sede central de IBM, en White Plains (Nova York) formando parte da colección iniciada en 1930 por Thomas J. Watson Sr., presidente fundador de IBM.
Obra literaria
editar- La cruz de piedra. Colón, Cuba: El Progreso. [ca. 1860].
- La mujer con dos maridos. Colon, Cuba: El Progreso. [ca 1860].
- Contra el altar y el trono: artículos varios publicados en El Progreso de 1884-85. Nova York: Imp. El Polígloto. 1890.
- La religión universal: articulos, criticas y polemicas, publicados en El Progreso en 1886-87. Dios y la creación. Nova York: Imp. El Polígloto. 1891.
- La razón, la fe y la religión universal. Buenos Aires: Maucci Hnos. e Hijos. [ca. 1891].
- Catecismo libre-pensador: cartas a un campesino. Nova York: Imp. El Polígloto. 1894. [6]
- En defensa de España. Cuestiones de Cuba y Venezuela. América para los americanos. Guatemala: Tip. Sanchez y de Guise. 1896. [7]
- Cartas cruzadas. Guatemala: Tipografía Nacional. 1897.
Notas
editar- ↑ "Suma y sigue, la vida de Ramón Verea". Faro de Vigo (en castelán). 8 de agosto de 2009. Consultado o 5 de xullo de 2018.
- ↑ "Verea García, Ramón Silvestre". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- ↑ Improvement in Calculating-Machines EE.UU, patente, 207918. 1878-09-10 [consultada 8 de novembro de 2014]
- ↑ "El Progreso (Nueva York)". Hemeroteca Digital (en castelán). Consultado o 5 de xullo de 2018.
- ↑ "La aritmética y los principios". El País (en castelán). 4 de agosto de 2013. Consultado o 5 de xullo de 2018.
- ↑ VEREA GARCÍA, Ramón (1894). Catecismo libre-pensador: cartas a un campesino. Imp. El Polígloto. Consultado o 8 de novembro de 2014.
- ↑ VEREA GARCÍA, Ramón (1896). En defensa de España. Cuestiones de Cuba y Venezuela. América para los americanos. Guatemala: Tip. Sanchez y de Guise. Consultado o 8 de novembro de 2014.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ramón Verea |
Bibliografía
editar- Arca Caldas, Olimpio (1998). Emigrantes sobranceiros. Pontevedra: Caixa de Pontevedra.Arca Caldas&rft.btitle=Emigrantes sobranceiros&rft.date=1998&rft.genre=book&rft.place=Pontevedra&rft.pub=Caixa de Pontevedra&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- Arca Caldas, Olimpio (2009). Ramón Silvestre Verea García: inventor, xornalista, estradense (PDF). A Coruña: Pío García. Consultado o 8 de novembro de 2014.Arca Caldas&rft.btitle=Ramón Silvestre Verea Garc�a: inventor, xornalista, estradense&rft.date=2009&rft.genre=book&rft.place=A Coruña&rft.pub=P�o Garc�a&rft_id=http://www.galeguizargalicia.com/archivos_editor/file/Verea.pdf&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-54). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 494.Couceiro Freijomil&rft.btitle=Diccionario bio-bibliográfico de escritores&rft.date=1951/1954&rft.genre=book&rft.pages=494&rft.pub=Bibliófilos Gallegos&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- "Don Ramón Verea y García". El eco de Galicia : órgano de los gallegos residentes en las Repúblicas Sud-Americanas (229): 1. 1898. Consultado o 8 de novembro de 2014.
- "Index of inventions". Scientific American (39): 299–300. 1878.
- Kidwell, Peggy Aldrich (1995). "Ideology and invention: The calculating machine of Ramón Verea". Rittenhouse: Journal of the American Scientific Instrument Enterprise (9 (2)): 33–41.Kidwell&rft.date=1995&rft.genre=article&rft.issue=9 (2)&rft.jtitle=Rittenhouse: Journal of the American Scientific Instrument Enterprise&rft.pages=33-41&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:journal" class="Z3988">
- Losada Sanmartín, María Luisa (1997). "A máquina de calcular de R. Verea". Estudios Migratorios (CCG) (3): 285–294.Losada Sanmart�n&rft.date=1997&rft.genre=article&rft.issue=3&rft.jtitle=Estudios Migratorios&rft.pages=285-294&rft_id=https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=4051091&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:journal" class="Z3988">
- Silva Álvarez, Emilio (2010). "O curruncho da ciencia: Ramón Verea, un personaxe esquecido". Casa da gramática (35): 17–19.Silva Álvarez&rft.date=2010&rft.genre=article&rft.issue=35&rft.jtitle=Casa da gramática&rft.pages=17-19&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:journal" class="Z3988">
Ligazóns externas
editar- Losada Sanmartín, María Luisa (2013). Ramón Verea García. Álbum da Ciencia CCG.
- Verea Direct Multiplier en IBM Archives (en inglés).
- Verea Calculating Machine Model National Museum of American History (en inglés)