Rally de Ourense de 1992
O Rally de Ourense de 1992 foi a 25ª edición de dito rally. Foi puntuable para a tempada 1992 do Campionato de Galicia de Rally, así como para o Campionato de España de Rallys. Celebrouse entre o 16 e o 18 de outubro e o vencedor foi o cántabro Chus Puras.[1]
Tipo | edición de rally |
---|---|
Parte de | Rally de Ourense, Tempada 1992 do Campionato de Galicia de Rally e Tempada 1992 do Campionato de España de Rally |
Localización e Datas | |
País | España |
Intervalo de tempo | 16 de outubro de 1992 – 18 de outubro de 1992 |
Número de edición | 25 (1992) |
Competición | |
Primeiro posto | Jesús Puras |
Itinerario
editarO rally constou de 634 quilómetros, dos cales 212 corresponderon aos 20 treitos cronometrados. A saída e a chegada, así como o parque pechado situáronse no parque de San Lázaro. Nas primeira dúas seccións fixéronse dúas pasadas polos treitos de Tríos-Esgos, Chandrexa, Castro Caldelas, Canón do Sil e Pradomao. Na segunda metade do rally os treitos a percorrer foron A Peroxa, Os Peares, Luíntra, Puga e Ramirás-Toén, tamén con dúas pasadas a cada un deles.[2]
Inscritos
editarInscribíronse 60 pilotos, incluídos os primeiros clasificados no Campionato de España, do que o Rally de Ourense era unha das últimas probas. O canario Ricardo Avero, cuarto no campionato, foi o único dos primeiros clasificados que non se inscribiu. Tanto Chus Puras como Luis Monzón e José María Ponce chegaron á proba ourensá con opcións para se proclamaren campións de España. Respecto ao campionato galego participaron tamén os principais pilotos (Castrillón, Piñeiro, Paz, Magdaleno, Blach), destacando a ausencia de Manolo Senra, máis centrado nos rallys de terra.[2]
Resumo
editarOs Lancia Delta HF Integrale de Chus Puras e Luis Monzón foron os máis rápidos con moita diferenza, ata que este último tivo que abandonar no segundo paso por Castro Caldelas por un problema mecánico, polo que Puras chegou á meta de xeito despreocupado con máis de 5 minutos de vantaxe sobre o BMW M3 de Chema Ponce, que rematou segundo, e máis de 11 sobre o terceiro, Luis Climent. O líder do campionato galego, Germán Castrillón abandonou antes de comezar a sección nocturna, cando ía en quinta posición. Con todo, incluso co abandono rematou o rally como campión galego.[3] Tamén abandonaron Daniel Alonso, Oriol Gómez e Javier Piñeiro. Sergio Vallejo e José María Banga aproveitaron estes abandonos para metérense entre os cinco primeiros.[4]
Clasificación final
editarPos | Piloto | Copiloto | Automóbil | Tempo |
---|---|---|---|---|
1 | Jesús Puras | Álex Romaní | Lancia Delta HF Integrale | 2:20:43 |
2 | José María Ponce | José Carlos Déniz | BMW M3 | 2:26:32 |
3 | Luis Climent | José Antonio Muñoz | Opel Corsa GSI | 2:32:16 |
4 | Sergio Vallejo | Diego Vallejo | Peugeot 309 GTI 16V | 2:37:29 |
5 | José María Banga | Modesto González | Citroën AX Sport | 2:46:20 |
6 | Juanjo Pérez | Rubén Comesaña | Peugeot 309 GTI 16V | 2:50:00 |
7 | Germán Linares | Ignacio Pardo | Renault 5 GT Turbo | 2:55:36 |
8 | Germán Gómez | Juan Barros | Citroën AX Sport | 2:56:37 |
9 | Jaime Azcona | Julius Billmaier | Peugeot 205 Rallye | 2:57:15 |
10 | Sergio García | José Ramón Andrés | Peugeot 205 Rallye | 2:58:18 |
Abandonos | ||||
- | Luis Monzón | Gaspar León | Lancia Delta HF Integrale | - |
- | Daniel Alonso | Salvador Belzunces | Ford Sierra Cosworth | - |
- | Germán Castrillón | Estrella Castrillón | Ford Sierra Cosworth | - |
- | Oriol Gómez | Marc Martí | Peugeot 309 GTI 16V | - |
- | Kiko Cima | Jacinto Martínez | Renault Clio 16v | - |
- | Javier Piñeiro | Carlos Cascallar | Lancia Delta Integrale | - |
- | Iñigo Lilly | Mario Saguillo | Opel Corsa GSI | - |
Notas
editar- ↑ Javier Figueiredo Pérez. "Rallye de Ourense 1967-2003": 227.
- ↑ 2,0 2,1 Arévalo, Fernando (17 de outubro de 1992). "Puras, Monzón y Ponce se juegan en Orense el campeonato nacional" (en castelán). 49.
- ↑ Arévalo, Fernando (14 de novembro de 1992). "Con el Rally Mil Vistas concluye el campeonato gallego de asfalto". La Voz de Galicia (en castelán). p. 49.
- ↑ Míguez, Luis J. (19 de outubro de 1992). "Ponce siente el aliento de Puras". La Voz de Galicia (en castelán).
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Clasificación final do rally en ewrc-results.com (en inglés).
- Reportaxe en vídeo sobre o rally en Canal 33 (en catalán).
Predecesor: Rally da Coruña |
Campionato de Galicia de Rally Tempada 1992 |
Sucesor: Rally Mil Vistas |