Rally da Coruña de 2019

23ª edición do Rally da Coruña


O Rally da Coruña de 2019 foi a 23ª edición de dito rally e a primeira proba da tempada 2019 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse entre o 1 e o 2 de marzo e o vencedor foi Iván Ares.

Modelo:Competición deportivaRally da Coruña de 2019
Tipoedición de rally Editar o valor en Wikidata
Parte deRally da Coruña e Tempada 2019 do Campionato de Galicia de Rally Editar o valor en Wikidata
Número de participantes115 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo1 de marzo de 2019 – 2 de marzo de 2019 Editar o valor en Wikidata
Data2019 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoIván Ares Editar o valor en Wikidata

2018 Editar o valor en Wikidata
2020 Editar o valor en Wikidata

Presentación e inscritos

editar

O rally presentouse ante a prensa e os afeccionados pola Escudería One Seven, organizadora do evento, o 16 de febreiro de 2019 en Expocoruña.[1] O director da proba, Álvaro Muñiz, acompañado polo piloto invitado Iago Caamaño, relatou os detalles do rally, e desvelou que o itinerario sería o mesmo do ano pasado, aínda que inicialmente se dixera que sería outro.[2] A lista final de inscritos foi de 115 pilotos, entre os que destacaban as presenzas de Víctor Senra, Iván Ares, Alberto Meira, Iago Caamaño, Manolo Senra, Tino Iglesias, Ricardo Costa ou o campión do mundo de tríatlon, Iván Raña.[3]

Itinerario

editar

Constaba inicialmente de oito tramos entre os concellos de Coirós, Aranga, Arteixo, Culleredo, A Laracha e Cerceda, sumando 77,72 km e estando situado o parque pechado no Parrote.[4] Con todo, o primeiro tramo tivo que ser neutralizado pola evacuación dun espectador cun amago de infarto, igual que o sétimo tramo, este por unha saída de pista de Jorge Cagiao, na que a súa copiloto, Amelia Blanco, tivo que ser atendida polas asistencias. Tamén tiveron que atender a Lorena Maroño, copiloto de Manuel González, tras un accidente.[5]

Resumo

editar

O defensor do título galego, Víctor Senra, que acudiu con Moncho López como copiloto, pois David Vázquez rompera dúas costelas.[6] estreaba un novo Citroën C3 R5. Viuse superado no primeiro tramo por Iván Ares pero púxose líder no segundo, aproveitando os problemas de dirección do piloto de Cambre.[7] Con todo, unha picada de roda no cuarto tramo, en Aranga,[6] decantou a vitoria a favor de Iván Ares, que deste xeito gañou xunto a José Pintor por segundo ano consecutivo a proba coruñesa. Completou o podio do Parrote Iago Caamaño, que gañou o seu duelo particular con Alberto Meira, despois de que este perdera moito tempo ao realizar un trompo e non puidera remontar.[8] Por detrás chegaron o portugués Ricardo Costa, Antonio Fernández e os veteranos Tino Iglesias e Manolo Senra.[9]

Clasificación

editar
Pos Piloto Copiloto Vehículo Equipo Tempo
1   Iván Ares   José Pintor Hyundai i20 R5 Ares Racing 46:48.247
2   Víctor Senra   Moncho López Citroën C3 R5 Yacar Racing 47:22.585
3   Iago Caamaño   Alberto Rodríguez Ford Fiesta R5 Lalín-Deza 48:16.626
4   Alberto Meira   José Murado Citroën DS3 R5 Recalvi Team 48:28.115
5   Ricardo Costa   Rui Vilaça Citroën DS3 R5 Dona Urraca 50:04.717
6   Antonio Fernández   Alejandro López Mitsubishi Lancer Evo IX Miño-Lugo 51:33.530
7   Tino Iglesias   Jorge Iglesias Ford Fiesta R5 Desguaces Tino Racing 51:38.064
8   Manuel Senra   Faustino Suárez Peugeot 306 Maxi Senra Sport 51:49.966
9   José Manuel Lista   Iván Carmona Mitsubishi Lancer Evo IX J. Lista Competición 52:15.348
10   Jorge Pérez Oliveira   Juan Gándara Renault Clio R3 Evo Max Galicia Motorsport 52:22.264
11   Daniel Castro   Sergio Martínez Peugeot 208 R2 Meira 52:47.818
12   Francisco Dorado   Roi Torrente Peugeot 208 R2 Miño-Lugo 53:25.065
13   Iván Raña   Antón Pérez Mitsubishi Lancer Evo IX PTC Escuela 53:25.065
14   Domingo Molinos   Avelino Martínez Peugeot 208 T16 R5 Berberecho 53:42.179
15   Rubén Barreiro   Daniel Berdomás Peugeot 208 R2 La Coruña 54:24.392
16   Iago Gabeiras   Diego Vázquez Peugeot 208 R2 Automóvil Club As Pontes 54:28.849
17   Gorka Antxustegi   Alberto Iglesias Pin Suzuki Swift Sport Suzuki Motor Ibérica 54:35.611
18   David García Sanjuán   Emilio José Varela Peugeot 106 As Pontes Motorsport 54:37.324
19   Alberto Bermúdez   José Cañas Peugeot 206 Troncomóvil Sport 54:46.230
20   Rubén López   Damián Outón Citroën C2 GT Sarria Motor 54:47.917
21   José Manuel Pazos   David Calvo Ford Fiesta R2 Cuntis V.T. 55:03.510
22   Pablo Aneiros   Rubén López Citroën Saxo VTS Moeche 55:16.554
23   José Manuel Cabezas   Luis Miguel Prego Peugeot 106 RVS Motorsport 55:35.082
24   José Luis González   Víctor González Ford Fiesta R2 One Seven 55:57.032
25   Jorge Garnelo   Javier Martínez Peugeot 106 One Seven 56:19.178
26   Francisco Pazos   Daniel Iglesias Citroën Saxo VTS Leiro Desguaces 56:30.982
27   Daniel Anido   Adrián Núñez Citroën Saxo VTS PTC Escuela 56:43.227
28   José Manuel Lamela   Mario González Suzuki Swift Sport Yacar Racing 56:56.440
29   Diego Sánchez   Jorge Martínez Seat Ibiza 1.8 Turbo One Seven 57:04.377
30   Miguel Ángel Sánchez   Iván Ferreiro Porsche 997 GT3 Moeche 57:04.835
31   Miguel Ángel Caeiro   Sergio Iglesias Peugeot 106 Cuntis V.T. 57:12.204
32   Daniel Gandoy   María Sueiras Peugeot 106 GTI Siroco Narón 57:20.724
33   Pablo Gómez   Manuel Barreiro BMW 318 Berberecho 57:16.080
34   Diego González   Diego García Díaz Citroën Saxo VTS Moeche 57:42.075
35   Rubén Puime   Ezequiel Salgueiro Peugeot 206 XS Pontevedra 1984 Team 57:51.849
36   Brais García   Adrián Filgueira Citroën Saxo VTS Berberecho 58:09.201
37   David González   Rubén Brea Peugeot 106 Touro Motor 58:23.255
38   Manuel Sandamil   Adrián Varela Suzuki Swift R N5 A Pontenova 58:57.294
39   Alejandro Rega   Alberto Romero Peugeot 208 R2 Arteixo Motorsport 59:14.404
40   Miguel Ángel Chas   José Antonio Carro Peugeot 106 One Seven 59:19.131
  1. "Presentado el 23º Rally de A Coruña 2019" (en castelán). 16 de febreiro de 2019. Consultado o 31 de xaneiro de 2020. 
  2. "Presentado el Rallye de A Coruña" (en castelán). 16 de febreiro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2020. Consultado o 31 de xaneiro de 2020. 
  3. "Lista de inscritos" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 31 de xaneiro de 2020. Consultado o 31 de xaneiro de 2020. 
  4. "23º Rally de A Coruña 2019" (en castelán). 2 de marzo de 2019. Consultado o 31 de xaneiro de 2020. 
  5. "Iván Ares prolonga su dominio en el rali de A Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de marzo de 2019. Consultado o 31 de xaneiro de 2020. 
  6. 6,0 6,1 "Iván Ares: «Cuando pinchó Senra pensé: 'Qué faena, el rali queda descafeinado'»" (en castelán). 4 de marzo de 2019. Consultado o 31 de xaneiro de 2020. 
  7. "Iván Ares lidera el Rallye de A Coruña con su Hyundai sobre Senra y Caamaño" (en castelán). 2 de marzo de 2019. Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2020. Consultado o 31 de xaneiro de 2020. 
  8. "Iván Ares y José Pintor se imponen en el 23º Rally de A Coruña 2019" (en castelán). 2 de marzo de 2019. Consultado o 30 de xaneiro de 2020. 
  9. "Clasificación final Rally da Coruña" (PDF). TemposFGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de xaneiro de 2020. Consultado o 31 de xaneiro de 2020. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar


Predecesor:
-
 Campionato de Galicia de Rally 
Tempada 2019
Sucesor:
Rally de Noia