Rainiero V de Hainaut
Rainiero V, finado en 1039, foi conde de Hainaut e Mons desde 1013 ata 1039. Era fillo de Rainiero IV de Mons, conde de Hainaut e Mons, e de Hedwiga de Francia.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 995 |
Morte | Despois de 1039 |
Actividade | |
Ocupación | político |
Outro | |
Título | Conde |
Familia | Reginarid dynasty (en) |
Cónxuxe | Matilde de Verdun (1015 (Gregoriano)–) Matilde de Verdun |
Fillos | Herman of Mons, Count of Hainaut () Matilde de Verdun |
Pais | Rainier IV de Hainaut e Hedwig of France, Countess of Mons |
Traxectoria
editarCasou ao redor de 1015 con Matilde de Verdún, filla de Herman, conde de Verdún e de Ename (ducado de Brabante). Tiveron a Herman (morto en 1051), conde de Mons e da parte sur do condado de Brabante, máis tarde (1048) marqués de Valenciennes.
Non tiña máis de quince anos á morte do seu pai e Godofredo I de Baixa Lorena, conde de Verdún e duque de Baixa Lorena, intentou retomar Hainaut, que fora propiedade de seu pai e que fora adquirido por Rainiero IV de Mons. Rainiero foi axudado polo seu tío Lamberto I de Lovaina. A guerra rematou coa batalla de Florennes (na que morreu Lamberto), pero o emperador Henrique II intentou reconciliar os rivais, e negociou o matrimonio de Rainiero IV cunha sobriña de Godofredo.
Marchou en 1018 en campaña con Godofredo contra Teodorico III de Holanda, conde de Holanda, pero a operación rematou nun desastre e Godofredo e Rainiero permaneceron durante algún tempo prisioneiros do conde de Holanda.
En 1024, seguiu ao duque Gotelón I de Lorena, irmán e sucesor de Godofredo, que se opuxo ao novo emperador, Conrado II, pero tivo que se someter.
A diferenza dos seus antepasados, mostrouse piadoso e converteuse no protector de abadías e igrexas.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- L. Vanderkindere, Dictionaire de Biographie de Belgique, Régnier V