Rúa de Colón (Vigo)
A rúa de Colón é unha vía urbana da cidade de Vigo. Constitúe unha das principais arterias que conectan a centro urbano co mar. Comeza na praza de Compostela e remata en Urzaiz, e no seu percorrido cruza coas rúas, Areal, Rosalía de Castro, Policarpo Sanz, García Barbón e do Uruguai. Consta, segundo os tramos, de entre tres e catro carrís, un deles carril bus.
Rúa de Colón | |
---|---|
Lonxitude | 0,5 km |
Localización | |
Localidade | Vigo |
Código postal | 36201 |
Historia
editarConstruíuse en 1875 como conexión cos terreos gañados ao mar e o dique construídos por aquel entón. Denominouse inicialmente rúa do Ramal, mais en 1892 pasou a chamarse rúa de Colón, ao facerse 400 anos da chegada a América de Cristovo Colón, feito que propiciou a recuperación do nome nos rueiros de todo o Estado. A rúa reinaugurouse co nome actual nun acto solemne celebrado o 12 de outubro dese mesmo ano.[1]
Edificios singulares
editar- Edificio Banco de Vigo ou do Banco Pastor, facendo chafrán entre a rúa Policarpo Sanz e Colón, foi deseñado polo arquitecto Manuel Gómez Román. É un edificio de estilo eclecticista e modernista.
- Colón, 30. Construído polo arquitecto Jenaro de la Fuente, fillo de Jenaro de la Fuente Domínguez. Foi sede do xornal vigués Faro de Vigo.[2]
- Edificio Ribas, entre Colón e Marqués de Valladares.
- Colón, 28. Construído por Jenaro de la Fuente.
Notas
editar- ↑ "O concello da o nome de rúa de Colón á rúa do Ramal.". La Voz de Galicia. Consultado o 15 de xullo de 2024.
- ↑ "Colón recuperará un edificio centenario.". Faro de Vigo. Consultado o 15 de xullo de 2024.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Plan Especial de Protección do Ensanche e a Cidade Central Concello de Vigo, 2007.
- Álvarez Blázquez, Xosé María (1960). La Ciudad y los días. Calendario histórico de Vigo.[cómpre nº de páxina] Editorial Monterrey.