Río Willamette
O río Willamette (Willamette River) é un afluente do río Columbia, de 301 km de lonxitude, no noroeste de Oregón, nos Estados Unidos.
Tipo | río | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
Continente | América do Norte | |||
País da cunca | Estados Unidos de América | |||
División administrativa | Condado de Linn, Estados Unidos de América (pt) e Condado de Marion, Estados Unidos de América (pt) | |||
Final | ||||
División administrativa | Columbia Británica, Canadá | |||
Localización | Río Columbia | |||
| ||||
Afluentes | 24 | |||
Conca hidrográfica | Willamette River basin (en) | |||
Características | ||||
Dimensións | 301 () km | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 29.730 km² | |||
Medicións | ||||
Caudal | 900 m³/s | |||
Flúe cara ao norte encaixado entre os contrafortes do Coastal Range e Cascade Range. O río e os seus tributarios forman a conca hidrográfica denominada Willamette Valley, que contén o 70% da poboación de Oregón,[1], incluíndo a maior cidade do estado, Portland, que se acha nas beiras do río antes de se xuntar co Columbia.
Posúe un val moi produtivo, formando unha das rexións agrícolas máis fértiles de Norteamérica, sendo un destino soñado para os emigrantes da ruta de Oregón. O río foi unha ruta de transporte moi importante durante gran parte da historia temperá do estado, sendo o medio de transporte do gran volume de madeira e dos recursos agrícolas do estado ao mundo exterior.
Partes da ribeira do río (Willamette Floodplain) foi estabelecida como un National Natural Landmark en 1987; dez anos máis tarde o río foi nomeado como un dos dez American Heritage Rivers a nivel nacional.
Notas
editar- ↑ "Willamette Basin Alternative Futures Analysis" (PDF) (en inglés). U.S. Environmental Protection Agency. Agosto, 2002.