O río Neva ou río Nevá[1] (en ruso: Река Нева́ ) é un río situado ó noroeste de Rusia. Ten 74 km de lonxitude e nace no Lago Ladoga (Ладожское Озеро - Ládozhskoye Ózero) e tras pasar polo istmo de Carelia (Карельский Перешеек - Karelskii Pereshéyek) a través da parte occidental do óblast de Leningrado (región histórica de Ingria) e a cidade de San Petersburgo desemboca no golfo de Finlandia. A pesar da súa pequena lonxitude, é o terceiro río máis caudaloso de Europa, só detrás do Volga e do Danubio.

Modelo:Xeografía físicaRío Nevá
(ru) Нева Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Parte deUnified Deep Water System of European Russia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Inicio
País da cuncaRusia Editar o valor en Wikidata
División administrativaÓblast de Leningrado, Rusia e San Petersburgo, Rusia Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónLago Ladoga Editar o valor en Wikidata
Final
LocalizaciónNeva Bay (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 59°57′24″N 31°02′44″L / 59.9567, 31.0456
59°56′41″N 30°18′34″L / 59.9447, 30.3094
Afluentes
21
DistributarioObvodny Canal (en) Traducir, Great Nevka (en) Traducir, Kronverksky Strait (en) Traducir, Fontanka (pt) Traducir, Malaya Neva (en) Traducir e Ekateringofka (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Conca hidrográficaNeva basin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións74 (lonxitude) km × 70 (lonxitude) verst
Superficie da cunca hidrográfica281.000 km² Editar o valor en Wikidata
Pendente0,058 Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal2.500 m³/s (Volodarsky Bridge (en) Traducir) Editar o valor en Wikidata

Historia

editar

Durante a Idade Media, o río tiña unha grande importancia, posto que ó ser ancho e navegable constituía unha canle de comunicación entre o Mar Báltico e o río Volga. A confluencia do Neva e o río Izhora foi o escenario da famosa Batalla do Nevá (1240)[1] entre os suecos e rusos. Alexandre Iaroslávich, príncipe de Nóvgorod, gañou dita batalla e asumiu o sobrenome de «Nevski», que significa «do Neva».

Durante o século XVI, a desembocadura do Neva, albergou a fortaleza sueca de Nyen, e un entrante de terra no Ladoga, a fortaleza rusa de Oréshek, logo chamada Shlisselburg. A fortaleza de Nyen foi destruída por Pedro o Grande, despois de fundar a Fortaleza de San Pedro e San Paulo (Петропавловская Крепость - Petropávlovskaya Krépost'), en 1703. Situada na Illa de Liebre (Зайчии Остров - Zaichii Óstrov), a fortaleza é considerada coma a primeira estrutura do actual San Petersburgo.

O monxe ruso Grigori Rasputín foi guindado ó río Neva en 1916 onde morreu afogado.

  1. 1,0 1,1 "Nevá". Diciopedia do século 21 3. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1458. ISBN 978-84-8288-942-9. Río do NO de Rusia (74 km). Nace no lago Ladoga e desemboca no Báltico. • Batalla do Nevá Vitoria de Alexandre Nevski sobre os suecos (1240) 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar