O topónimoCarregal é un fitónimo que fai referencia, tanto en galego como en portugués,[3] a un terreo pantanoso no cal abunda a «cárrega» ou «carrega», planta gramínea tamén denominada carriza[4][5] que nace nese tipo de lugares húmidos ou brañas. Procede do latínCarex (de raíz *Carric) co sufixo derivativo -ale[6].
Nace e morre na parroquia e concello de Curtis. O seu nacemento prodúcese a carón da N-634, á altura de Teixeiro, ó se uniren o rego de Abaixo e o rego do Medio.[7] Atravesa en dirección norte a parroquia de Curtis, deixando á marxe esquerda os lugares do distrito de Santaia e á marxe dereita os do distrito de Teixeiro. No seu camiño recibe as augas dalgún regato menor. Preto da Ponte, no límite entre as parroquias de Curtis e Fisteus, forma o río Deo xunto co río Carballido. Mentres que algúns autores consideran que o Carregal é o curso alto do río Deo,[8] outros consideran que é o Carballido.[9]
Unha ruta de sendeirismo chamada Paseo Fluvial do Carregal acompaña parte do curso do río. Conecta co Centro Etnográfico do Río Mandeo, situado en Teixeiro.[10]
↑Guégués, Helder (1 de outubro de 2019). "Léxico: «carrega»". Linguagista(en portugués).Guégués&rft.chron=1 de outubro de 2019&rft.genre=unknown&rft.jtitle=Linguagista&rft_id=https://linguagista.blogs.sapo.pt/lexico-carrega-3120896&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:journal" class="Z3988">
↑Carré Alvarellos, Leandro (1979). "Carregal". Diccionario galego-castelán e Vocabulario castelán-galego (5.ª ed.). A Coruña: Moret.Carré Alvarellos&rft.btitle=Diccionario galego-castelán e Vocabulario castelán-galego&rft.date=1979&rft.edition=5.�&rft.genre=bookitem&rft.place=A Coruña&rft.pub=Moret&rft_id=http://sli.uvigo.es/DdD/ddd_pescuda.php?lang=gl&pescuda=carregal&tipo_busca=lema#Carr%C3%A9Dicc%205%C2%AA1979&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988"> Carré Alvarellos, Leandro (1979). "Cárrega". Diccionario galego-castelán e Vocabulario castelán-galego (5.ª ed.). A Coruña: Moret.Carré Alvarellos&rft.btitle=Diccionario galego-castelán e Vocabulario castelán-galego&rft.date=1979&rft.edition=5.�&rft.genre=bookitem&rft.place=A Coruña&rft.pub=Moret&rft_id=http://sli.uvigo.es/DdD/ddd_pescuda.php?lang=gl&pescuda=c%C3%A1rrega&tipo_busca=lema#Carr%C3%A9Dicc%205%C2%AA1979&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
↑Dalda González, Jenaro (1972). Vegetación de la cuenca del río Deo (Cuenca alta del Mandeo)(en castelán). Universidade de Santiago de Compostela. p. 12.Dalda González&rft.btitle=Vegetación de la cuenca del r�o Deo (Cuenca alta del Mandeo)&rft.date=1972&rft.genre=book&rft.pages=12&rft.pub=Universidade de Santiago de Compostela&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
↑Fichas de Curtis(PDF) (Informe). Estudo "Proxecto Mandeo": Estado cero. Panorámica actual da conca hidrográfica dos ríos Mandeo e Mendo no que respecta aos obxectivos do proxecto Mandeo (en castelán). Deputación da Coruña. 2009. p. 108. Arquivado dende o orixinal(PDF) o 19 de maio de 2019. Consultado o 27 de setembro de 2020.
García Roldán, Alberto (marzo de 2018). "SM - O2 Paseo Fluvial de Carregal, Curtis". Galicia Pueblo a Pueblo(en castelán).Garc�a Roldán&rft.chron=marzo de 2018&rft.genre=unknown&rft.jtitle=Galicia Pueblo a Pueblo&rft_id=https://galiciapuebloapueblo.blogspot.com/2018/03/sm-o2-paseo-fluvial-de-carregal-curtis.html&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:journal" class="Z3988">