Río Ardèche
O Ardèche (en occitano Ardecha) é un río do sur de Francia, afluente pola dereita do Ródano, e cunha lonxitude de 120 km. Dá o seu nome ao departamento que baña: Ardèche; mais a súa conca abrangue tamén os departamentos de Lozère e do Gard.
Tipo | río | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
Altitude inicial | 1.430 m | ||||
División administrativa | Ardèche, Francia e Francia | ||||
Localización | monts du Vivarais (en) | ||||
Final | |||||
División administrativa | Gard, Francia | ||||
Localización | Pont-Saint-Esprit | ||||
Desembocadura | Río Ródano | ||||
| |||||
Afluentes | Volane (en) , Luol (en) , Auzon (en) , Beaume (en) , Rio Chassezac (pt) , Ligne (en) , Fontolière (en) , Ibie (en) , Lignon (en) , Auzon (en) , Sandron (en) (marxe esquerda) | ||||
Conca hidrográfica | Rhône basin (en) | ||||
Características | |||||
Altitude | 39 m | ||||
Dimensións | 125,1 () km | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 2.430 km² | ||||
Medicións | |||||
Caudal | 65 m³/s | ||||
Xeografía
editarNasce no Vivarais, preto do Col de la Chavade (Macizo Central), no bosque de Mazan no concello de Astet, a uns 1.200 m de altitude. Logo de Aubenas e Ruoms, recibe as augas do Chassezac; despois afúndese, a partir de Vallon-Pont-d'Arc, na célebre garganta homónima durante algúns quilómetros. Xúntase ao Ródano en Pont-Saint-Esprit.
Afluentes e conca
editarEntre os tributarios maiores do Ardèche cómpre citarmos:
A conca do Ardèche cobre 2.430 km2.
Réxime
editarO Ardèche está suxeito a un réxime extremadamente torrencial. Con 65 m3/s de caudal na desembocadura, é o principal tributario pola beira dereita do baixo Ródano. As súas augas corren moi baixas no verán estate e impoñentes durante o outono, cando polas grandes chuvias da estación pode atinxir valores de case 8.000 m3/sec, influenciando de modo notorio as cheas do mesmo Ródano.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Ardèche |