Rántaro, o ninja pequeno
Rántaro, o ninja pequeno (忍たま乱太郎, Nintama Rantaro?) é unha serie xaponesa de manga e anime de Amako Soube. Pertence ao xénero de aventuras e acción (shonen).
Rántaro, o ninja pequeno 忍たま乱太郎 (Nintama Rantarō) | |
---|---|
Formato | Aventuras, Acción, Comedia, Drama, Shōnen |
Creado por | Amako Soube |
Intérpretes | Animación |
Tema de apertura | Yuuki 100% |
País de orixe | Xapón |
Episodios | 1.660 |
Produción | |
Duración | 24 minutos |
Distribuidor | Motion Pictures |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Fuji TV |
Formato de imaxe | 4:3 |
Primeiro episodio | 10 de abril de 1993 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
En Galicia a serie foi estreada na tvG2 o 8 de marzo do 2013. Dobráronse ao galego 104 episodios nos estudios de SDI Media.
Sinopse
editarRántaro é o fillo dun ninja, o mesmo cós seus avós e tataravós. Seu pai, que pertence a unha familia de ninjas comúns, envía a Rántaro a unha escola especial para que se converta nun ninja de elite e lle dea honra á súa familia. Pero na escola, ademais de haber nenos, hai nenas e isto ha provocar situacións divertidas entre eles.
Unha vez iniciado o adestramento, Rántaro cae na conta do duras que son as ares ninjas. Os seus mestres hanse emperrar en que el e mais os seus dous mellores amigos, Ximbé e Kirimaru, poidan pasar todas as probas. Xuntos formarán o grupo dos ninjas landra. Ademais, as rapazas landra kunoichi aportarán moitas tramas e diversión na escola.
Isto e moitos inimigos que tentarán botar a escola abaixo crearán as tramas da serie.
Episodios
editarEsta é unha listaxe dos episodios da serie Rántaro, o ninja pequeno, segundo a numeración establecida na tvG2, que nalgúns casos se corresponde coa orixinal xaponesa. Dobráronse e emitiranse un total de 104 episodios.
# | Título | Data de emisión en Galicia | Data de emisión no Xapón |
---|---|---|---|
01 | "O primeiro día na escola ninja / As terribles rapazas kunoichi" | 8 de marzo de 2013 | 10 de abril de 1993 |
02 | "Un ninja moi estraño / O director e as súas ideas" | 11 de marzo de 2013 | 17 de abril de 1993 |
03 | "Ximbé desaparece / O ninja gracioso" | 12 de marzo de 2013 | 24 de abril de 1993 |
04 | "Unhas vacacións emocionantes / Ximbé sospeitoso" | 13 de marzo de 2013 | 1 de maio de 1993 |
05 | "Maki o samurai / Quen é o máis forte de todos?" | 14 de marzo de 2013 | 8 de maio de 1993 |
06 | "Entrando na escola Kunoichi / Onde está Ximbé?" | 15 de marzo de 2013 | 15 de maio de 1993 |
07 | "O ninja xenial / Alá imos" | 18 de marzo de 2013 | 22 de maio de 1993 |
08 | "O torneo de artes marciais / Unha fermosa amizade" | 19 de marzo de 2013 | 29 de maio de 1993 |
09 | "O mensaxeiro secreto / Cara ao castelo da cebola" | 20 de marzo de 2013 | 5 de xuño de 1993 |
10 | "O pirata que sabía nadar / Enfermos de amor" | 21 de marzo de 2013 | 12 de xuño de 1993 |
11 | "Un asasino persegue o mestre Denzo / Clase coas Kunoichi" | 22 de marzo de 2013 | 19 de xuño de 1993 |
12 | "Adestramento no monte do Cogomelo / Outra vez Maki o espadachín" | 25 de marzo de 2013 | 26 de xuño de 1993 |
13 | "A vinganza do pai / Sen vacacións de verán" | 26 de marzo de 2013 | 3 de xullo de 1993 |
14 | "O pergamiño do director / Unha mensaxe de Deus?" | 27 de marzo de 2013 | 10 de xullo de 1993 |
15 | "O rei do Castelo da Pasa / Roubémoslles toda a comida" | 28 de marzo de 2013 | 17 de xullo de 1993 |
16 | "O barco novo de Hiogo III / O señor Hipohietta" | 29 de marzo de 2013 | 24 de xullo de 1993 |
17 | "A desculpa de Ximbé / Varias maneiras de pasar o outono" | 1 de abril de 2013 | 31 de xullo de 1993 |
18 | "Xente con problemas / A espada máxica" | 2 de abril de 2013 | 7 de agosto de 1993 |
19 | "A cunca desaparecida / A residencia do señor Hashiro" | 3 de abril de 2013 | 14 de agosto de 1993 |
20 | "O irmán superior / O cogomelo fantasma" | 4 de abril de 2013 | 21 de agosto de 1993 |
21 | "Demasiada diversión nas vacacións / O alumno do que máis se falou" | 5 de abril de 2013 | 28 de agosto de 1993 |
22 | "Os irmáns Ten e Xu / O frío vento do outono" | 8 de abril de 2013 | 4 de setembro de 1993 |
23 | "Jun e Junko / Que é Uve Be Efe Eme?" | 9 de abril de 2013 | 11 de setembro de 1993 |
24 | "O vaso do tesouro / Traballando por nada... Outra vez" | 10 de abril de 2013 | 18 de setembro de 1993 |
25 | "Axudando na vinganza / Sopa de polo" | 11 de abril de 2013 | 25 de setembro de 1993 |
26 | "Demasiada diversión nas vacacións / O alumno do que máis se falou" | 12 de abril de 2013 | 2 de outubro de 1993 |
27 | "O ninja tranquilo/ O ninja impaciente" | 15 de abril de 2013 | 9 de outubro de 1993 |
28 | "Eu non son o típico amarrado / O boneco de vodú" | 16 de abril de 2013 | 16 de outubro de 1993 |
29 | "Temos que protexer a nosa clasa / Kirimaru o alborotador" | 17 de abril de 2013 | 23 de outubro de 1993 |
30 | "O cartel da porta roubado / O segredo do cartel da porta" | 18 de abril de 2013 | 30 de outubro de 1993 |
31 | "Onde está a princesa? / O bandido traballador" | 19 de abril de 2013 | 30 de outubro de 1993 |
32 | "O novo cociñeiro / O anaco de alfombra" | 22 de abril de 2013 | 6 de novembro de 1993 |
33 | "Ven mamá á escola / Ascenden a papá" | 23 de abril de 2013 | 13 de novembro de 1993 |
34 | "A apócema do veleno / O erro de Kirimaru" | 24 de abril de 2013 | 20 de novembro de 1993 |
35 | "O concurso de Shurikens / O menú queimado" | 25 de abril de 2013 | 27 de novembro de 1993 |
36 | "Moedas falsas / Quen é o verdadeiro delincuente?" | 26 de abril de 2013 | 4 de decembro de 1993 |
37 | "O rifle roubado / Combate no castelo do veleno" | 29 de abril de 2013 | 25 de decembro de 1993 |
38 | "O exame de recuperación / Onde están os peixes?" | 30 de abril de 2013 | 15 de xaneiro de 1994 |
39 | "Alguén ocupou a cafetería / Augas termais" | 1 de maio de 2013 | 22 de xaneiro de 1994 |
40 | "Hem Hem desapareceu / Devolvédenos a Hem Hem" | 2 de maio de 2013 | 29 de xaneiro de 1994 |
41 | "O templo da salchicha / Hai que vencerlles aos de segundo" | 3 de maio de 2013 | 5 de febreiro de 1994 |
42 | "Os catro magníficos / Encontrade o punto débil" | 6 de maio de 2013 | 12 de febreiro de 1994 |
43 | "Estou farto de máis / Todos finximos" | 7 de maio de 2013 | 19 de febreiro de 1994 |
44 | "O catarro da cociñeira / Ben feito, Kirimaru" | 8 de maio de 2013 | 12 de marzo de 1994 |
45 | "Quero ser mestre / Un amencer fermoso" | 9 de maio de 2013 | 19 de marzo de 1994 |
46 | "O ninja do bebé / Quero botar unha soneca / O quincalleiro" | 10 de maio de 2013 | 3, 4 e 5 de outubro de 1994 |
47 | "O gran delegado da clase / A forma verdadeira da mestra Shina / Maki non escarmenta" | 13 de maio de 2013 | 6, 7 e 13 de outubro de 1994 |
48 | "Un ninja de elite / Quen é o da mirada penetrante? / Un ninja con sorte" | 14 de maio de 2013 | 10, 11 e 12 de outubro de 1994 |
49 | "Non imos deixar que as Kunoichi nos gañen / Adoro as cousas escorregadizas / O exame de Kirimaru" | 15 de maio de 2013 | 14, 20 e 21 de outubro de 1994 |
50 | "A clase suplementaria / Díxenllo eu / O ninja ten que ser guapo" | 16 de maio de 2013 | 17, 18 e 19 de outubro de 1994 |
50 | "Ensalada de herbas / Habitake e Koretake" | 20 de maio de 2013 | 24 e 25 de outubro de 1994 |
52 | "A marcha do diretor / Corazón de muller" | 21 de maio de 2013 | 27 e 28 de outubro de 1994 |
Dobraxe
editar- Estudio: Soundub (Santiago de Compostela).
- Data: 2012-2013.
- Dirección: Xoán Carballido.
- Tradución:
- Elenco da dobraxe:
Música
editarPara interpretar os diferentes temas do anime os responsábeis da serie levan contratando desde os seus inicios a diferentes grupos de pop xaponés moi aclamados no seu país. Este é o tema de apertura e peche que se emitiu na versión galega, que se corresponde coa primeira apertura da versión xaponesa,[1] e os capítulos nos que soa:
- 1. "Yuuki 100%" de Hikaru Genji. (Eps. 1-104).
"Estás triste, pero antes sorriches.
Todo pode cambiar.
A esperanza vive no teu corazón.
Incluso a podes tocar
..."
Notas
editar- ↑ Debido ás restricións do copyright e a incompatibilidade coa licenza da Wikipedia só se presenta, como cita, o comezo do texto de cada canción.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rántaro, o ninja pequeno |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficial (en xaponés)