Queensrÿche
Queensrÿche é unha banda estadounidense de heavy metal formada no ano 1980 en Bellevue, Washington a partir do conxunto local The Mob.[1] Nos seus máis de 40 anos de carreira o grupo publicou 15 álbums de estudio, un EP, e varios DVDs, e continúa xirando e gravando. A formación orixinal estaba composta polos guitarristas Michael Wilton e Chris DeGarmo, o batería Scott Rockenfield, o baixista Eddie Jackson, e o vocalista Geoff Tate.
Queensrÿche | |
---|---|
A banda nos London Bridge Studios en 2012 | |
Orixe | Bellevue, Washington, |
Período | 1980 - presente |
Xénero(s) | heavy metal, metal progresivo |
Selo(s) discográfico(s) | 206, EMI, Atlantic, Atco, Sanctuary, Rhino, Roadrunner, Century Media |
Membros | Michael Wilton Eddie Jackson Mike Stone Todd La Torre Casey Grillo |
Antigos membros | Chris DeGarmo Geoff Tate Scott Rockenfield Kelly Gray Parker Lundgren |
Artistas relacionados | Slave to the System, Operation: Mindcrime, Sledgeback, Ronnie James Dio |
Na rede | |
queensrycheofficial.com | |
Queensrÿche vendeu máis de 20 millóns de álbums en todo o mundo, 6 deles nos Estados Unidos. A banda está considerada uha das líderes da escena do metal progresivo de mediados e finais dos anos 80, e adoita a considerarse unha das "tres grandes" do xénero, xunto con Dream Theater e Fates Warning.[2] A banda foi aclamada en todo o mundo tras o lanzamento do seu álbum de 1988 Operation: Mindcrime, que adoita a ser considerado un dos mellores álbums conceptuais do heavy metal. O seu seguinte traballo, Empire (1990), tamén tivo moito éxito e incluía o famoso sinxelo "Silent Lucidity". A banda foi nomeada a tres premios Grammy por cancións destes dous discos.
En 1998 o guitarrista e principal compositor Chris DeGarmo deixou a banda por motivos persoais, regresando brevemente en 2003 para compoñer e gravar o álbum Tribe. En distintos momentos DeGarmo foi substituído polos músicos Kelly Gray, Mike Stone, e Parker Lundgren. Tras un altercado moi soado nos camerinos antes dun concerto en São Paulo en abril de 2012, Tate foi despedido e substituído polo entón cantante de Crimson Glory Todd La Torre. Como resposta ao seu depido, Tate e a súa muller Susan (que foi a representante da banda de 2005 a 2012) presentaron unha demanda nun tribunal de Washington, alegando que fora despedido inxustamente. O fallo das medidas cautelares ditou que as dúas partes podían usar o nome Queensrÿche ata que un fallo xudicial ou un acordo decidiran quen usaría o nome.[3] O 17 de abril de 2014 chegouse ao acordo polo cal os membros fundadores Wilton, Rockenfield e Jackson quedaban cos dereitos do nome da banda, continuando as actuacións coa formación que incluía ademais ao vocalista La Torre e ao guitarrista Lundgren.[4]
Durante o tempo que as dúas partes puideron usar o nome Queensrÿche, Tate creou a súa propia formación co antigo guitarrista Kelly Gray e músicos de bandas como Blue Öyster Cult, Ozzy Osbourne, Whitesnake, Dio, AC/DC e Quiet Riot.[5] Esta versión de Queensrÿche con Geoff Tate publicou o álbum Frequency Unknown o 23 de abril de 2013,[6] mentres que Queensrÿche (con La Torre substituíndo a Tate) publicou o seu álbum epónimo o 24 de xuño dese mesmo ano.[7] As dúas banda estiveron de xira en 2013 e 2014.[8][9]
Discografía
editarÁlbums
editarÁlbum | Ano | Selo |
---|---|---|
The Warning | 1984 | EMI |
Rage for Order | 1986 | EMI |
Operation: Mindcrime | 1988 | EMI |
Empire | 1990 | EMI |
Promised Land | 1994 | EMI |
Hear in the Now Frontier | 1997 | EMI |
Q2K | 1999 | Atlantic Records |
Tribe | 2003 | Sanctuary Records |
Operation: Mindcrime II | 2006 | Rhino Entertainment |
Take Cover | 2007 | Rhino Entertainment |
American Soldier | 2009 | Rhino Entertainment |
Dedicated to Chaos | 2011 | Roadrunner Records |
Queensrÿche | 2013 | Century Media Records |
Condition Hüman | 2015 | Century Media Records |
The Verdict | 2019 | Century Media Records |
Digital Noise Alliance | 2022 | Century Media Records |
Notas
editar- ↑ "Queensrÿche Biography, Songs, & Albums". AllMusic (en inglés). Consultado o 2022-01-08.
- ↑ "Progressive Metal, a progressive rock music sub-genre". Progarchives.com (en inglés). Consultado o 2022-01-08.
- ↑ Childers, Chad. "Geoff Tate Wins Court Ruling to Continue Using Queensryche Name". Loudwire (en inglés). Consultado o 2022-01-08.
- ↑ Blabbermouth (2014-04-28). "It's Official: JACKSON, ROCKENFIELD And WILTON Will Be Sole Entity Recording And Touring As QUEENSRŸCHE". BLABBERMOUTH.NET. Consultado o 2022-01-09.
- ↑ "Geoff Tate's Queensryche Signs With Cleopatra Records; Announces New Lineup". VVN Music. Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2022. Consultado o 2022-01-09.
- ↑ Blabbermouth (2013-03-04). "GEOFF TATE's QUEENSRŸCHE: New Album Details Revealed". BLABBERMOUTH.NET. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2022. Consultado o 2022-01-09.
- ↑ "Queensrÿche - Facebook". www.facebook.com. Consultado o 2022-01-09.
- ↑ "queensrycheofficial.com - Tour". web.archive.org. 2013-01-03. Archived from the original on 03 de xaneiro de 2013. Consultado o 2022-01-09.
- ↑ "QUEENSRYCHE TO EMBARK ON 25TH ANNIVERSARY TOUR OF BAND’S EPIC RELEASE, OPERATION: MINDCRIME, WITH NEWLY ANNOUNCED LINE-UP | Queensryche". web.archive.org. 2013-01-06. Archived from the original on 06 de xaneiro de 2013. Consultado o 2022-01-09.