Queen Latifah

músico e actriz estadounidense

Dana Elaine Owens, nada en Newark, o 18 de marzo de 1970, é unha cantante, rapeira e actriz estadounidense, coñecida como Queen Latifah. O seu traballo na música, na televisión e no cinema outorgoulle un Grammy, unha candidatura aos Emmy e unha candidatura ao Óscar á mellor actriz secundaria.

Modelo:BiografíaQueen Latifah

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Dana Elaine Owens Editar o valor en Wikidata
18 de marzo de 1970 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
Newark, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Outros nomesQueen Latifah Editar o valor en Wikidata
ResidenciaEast Orange (pt) Traducir
Wayne (pt) Traducir
Colts Neck Township (en) Traducir
Beverly Hills Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor en Wikidata
EducaciónIrvington High School (en) Traducir
Borough of Manhattan Community College (en) Traducir - mercadotecnia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Nova York Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncantante, presentadora de programa de entrevistas, presentadora de televisión, empresaria, produtora, rapeira, actriz, produtora de televisión Editar o valor en Wikidata
Período de tempoSéculo XXI Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1987 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoR&B contemporáneo, Soul, Jazz, música hip hop, progressive jazz (en) Traducir e Gospel Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoVerve Records
Motown
PolyGram
Interscope Records
A&M Records
Tommy Boy Records (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Notable Black American Women Editar o valor en Wikidata
Sitio webqueenlatifah.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0001451 Allocine: 20202 Rottentomatoes: celebrity/queen_latifah Allmovie: p40714 184425 Metacritic: person/queen-latifah TV.com: people/queen-latifah
Facebook: QueenLatifah Twitter: IAMQUEENLATIFAH Instagram: queenlatifah MySpace: queenlatifah Youtube: UC3B1B8gAPwsPwIg8LE-hCDw BNE: XX831239 Bandcamp: queenlatifahSouncloud: queenlatifahofficial Spotify: 5m7wCUhYhBh7A3A3YMxrbt iTunes: 352428 Last fm: Queen Latifah Musicbrainz: 7a305f29-539a-456e-93b7-61b0e2ba3ef2 Songkick: 200809 Discogs: 14488 Allmusic: mn0000372229 WikiTree: Owens-11479 Deezer: 7958 Genius: Queen-latifah Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Primeiros anos

editar

Dana Elaine Owens naceu en Newark, Nova Jersey, en 1970 e viviu principalmente en East Orange. É a filla de Rita Lamae (de solteira Bray), profesora no Irvington High School (onde estudou Latifah), e de Lancelot Amos Owens, oficial de policía.[1][2][3]

Owens asistiu ao Essex Catholic Girls' High School en Irvington,[4][5] mais graduouse en Irvington High School.[6][7] Os pais de Latifah divorciáronse cando ela tiña dez anos.[8] Latifah foi criada na fe baptista.[9] Atopou o seu nome artístico, Latifah (árabe: لطيفة laţīfa), que significa "delicada" e "moi amable" en árabe, nun libro de nomes árabes cando tiña oito anos.[8] Sempre alta, formou parte do equipo de baloncesto do instituto.[10][11] Interpretou o número "Home" do musical The Wiz nunha obra escolar.[12] Despois do instituto, Queen Latifah asistiu a clases no Borough of Manhattan Community College.[13]

Carreira musical

editar

Latifah iniciou a súa carreira musical como membro de Flavor Unit, (selo discográfico que actualmente lle pertence) que, naquel momento, eran un grupo de intérpretes que se reunían arredor do produtor DJ Mark the 45 King. Tamén foi membro de Nation of Gods and Earths e de Faradian Islam, formada polos musulmáns afroamericanos. Despois de lograr o éxito, DJ Mark the 45 King comezou a abusar das drogas, e Latifah saíu do equipo, formando a súa propia empresa de management con axuda de Jake Abrams. Latifah comezou a súa carreira facendo o beatboxing ao grupo de rap Ladies First. En 1988, DJ Mark the 45 King ouviu unha demo dun sinxelo de Latifah ("Princess of the Posse") e deulla a Fab Five Freddy, que era o produtor de Yo! MTV Raps. Freddy axudou a Latifah a asinar con Tommy Boy Records, que produciu o seu primeiro álbum, All Hail the Queen, en 1989, cando tiña 19 anos. No mesmo ano, cantou como convidada para a gravación no Reino Unido do disco en vivo 1989—The Hustlers Convention (Live). O seu debut tivo éxito comercial e por parte da crítica, e seguírono os álbums Nature of a Sista e Black Reign, conseguindo un Grammy polo seu sinxelo, "U.N.I.T.Y." En 1998, realizou o seu cuarto álbum de hip hop, Order in the Court. En 2004 cambiou o seu rexistro publicando un disco onde fusionaba o soul e o jazz, The Dana Owens Album.

O 11 de xullo de 2007, debutou en Hollywood Bowl nos Ánxeles cunha actuación nun concerto de jazz ante un público de 12400 persoas, apoiada por unha orquestra de dez instrumentos e tres vocalistas, chamada The Queen Latifah Orchestra. No concerto, interpretou novas versións de clásicos como "California Dreaming" de The Mamas & the Papas.

Carreira interpretativa

editar
 
Queen no Festival Internacional de Cine de Toronto de 2008.

Desde 1993 a 1998, tivo un papel protagonista en Living Single, unha sitcom da Fox; onde interpretou parte da banda sonora. En 1991 debutou no cinema con papeis secundarios en filmes como House Party 2, Juice e Jungle Fever.

Interpretou a Cleopatra "Cleo" Sims, unha delincuente lesbiana no éxito de público, Set It Off, xunto a Jada Pinkett e Vivica A. Fox e, outro papel no filme de Holly Hunter Living Out Loud (1998) ano en que tamén apareceu no filme Mama Flora's family. Posteriormente, fixo o papel de Thelma na adaptación ao cinema da novela de Jeffrey Deavers O coleccionista de ósos xunto a Denzel Washington e Angelina Jolie. Aínda que recibiu boas críticas polo seu traballo, aumentou o éxito e o respecto da industria co papel de Matron "Mama" Morton, no musical Chicago. Latifah recibiu unha candidatura ao Óscar á mellor actriz secundaria por este papel. En 2003 coprotagonizou con Steve Martin o filme Montouse a gorda!, que foi un éxito comercial. Dende entón, realizou multitude de papeis con variados resultados de público e crítica, incluídos Scary Movie 3, Barbershop 2: Back in Business, Taxi, Kung Faux, e Beauty Shop.

A finais de 2006 participou na traxicomedia Last Holiday. O crítico de cine Richard Roeper declarou que "é o que esperaba de Queen Latifah dende os seus primeiros traballos".[14] Tamén por esas datas, deu voz a Ellie, un amigable mamut no filme de animación, Ice Age: The Meltdown. Tamén apareceu no drama Stranger the Fiction, e no remake Hairspray, interpretando a Motormouth Maybelle xunto a John Travolta. Tamén protagonizou unha versión televisiva de Steel Magnolias e un terceiro proxecto en que sorprendeu ao público Joyful Noise filme en que compartiu pantalla con Dolly Parton.

Outros traballos

editar
 
Queen na presentación inaugural do presidente Barack Obama.

Latifah é a imaxe da compañía de cosméticos Cover Girl, de roupa interior Curvation Ladies Underwear, e Pizza Hut. Deseñou a súa propia liña de cosméticos para mulleres de cor chamada Queen Collection e protagonizou numerosos anuncios para a marca. Tivo o seu propio programa de confesións, The Queen Latifah Show, dende 1999 a 2001. En 2012 lanzou a súa liña de roupa "Queen Collection" con deseños exclusivos creados por ela mesma, e a súa liña de fragrancias "Queen" e "Queen of Hearts" dispoñibles no mercado dende anos anteriores.

Vida privada

editar

Queen é de ascendencia afroamericana e indioamericana. O irmán máis vello de Latifah, Lance, morreu nun accidente cunha moto que ela lle regalara.[8] Latifah levou a chave da moto arredor do pescozo durante anos, como se observa claramente no videoclip musical da súa canción "U.N.I.T.Y". Tamén lle dedicou o seu tema Black Reign. En 1993, Latifah foi vítima dun asalto ao seu coche, co resultado dun disparo a un amigo seu que ía no asento do copiloto.[15] En 1996, foi arrestada por posesión dunha pequena cantidade de marihuana e unha pistola cargada,[16] tendo como resultado unha multa e liberdade condicional durante dous anos.

Na súa autobiografía, Ladies First: Revelations of a Strong Woman (1999), Latifah explicou como a morte do seu irmán a levara a unha forte depresión e ao consumo de drogas, do que se rehabilitou.

Debido ao seu papel de lesbiana en Set It Off e o seu gran sentido da privacidade, varios tabloides discutiron sobre a súa orientación sexual. Latifah respondeu aos rumores na súa autobiografía "É un insulto que alguén che diga Es gai? Non sería unha muller forte e independente se isto me afectase".[17] Queen Latifah avoga polo matrimonio entre persoas do mesmo sexo e os dereitos do colectivo LGBT.

A finais de 2003, Latifah realizouse unha redución de peito debido a que o seu tamaño e peso lle provocaban dores no lombo. Practica kickboxing.[18]

En xuño de 2009 confesou que sufrira abusos sexuais de nena.[19]

En agosto de 2010 foi fotografada cunha suposta noiva (Jeannete Jenkings) mentres estaba de vacacións.[20] Finalmente en 2012 confirmou a súa homosexualidade.[21]

Discografía

editar

Filmografía

editar
Ano Filme Papel Notas
1991 Jungle Fever Camareira
1991 House Party 2 Zora
1992 Juice Ruffhouse M.C.
1993 Who's the Man? Ela mesma Cameo
1993 My Life Theresa
1996 Set It Off Cleopatra 'Cleo' Sims
1997 Hoodlum Sulie
1998 Living Out Loud Liz Bailey
1998 Sphere Alice "Teeny" Fletcher
1999 O coleccionista de ósos Thelma
1999 Bringing Out the Dead Dispatcher Love
2002 Chicago Matron "Mama" Morton
2002 Brown Sugar Francine
2002 Country Bears, TheThe Country Bears Cha-Cha
2003 Scary Movie 3 Aunt Shaneequa/The Oracle
2003 Bringing Down the House Charlene Morton Produtora
2004 Taxi Belle
2004 Cookout, TheThe Cookout Security Guard Tamén produtora
2004 Barbershop 2: Back in Business Gina Norris
2005 Beauty Shop Gina Norris Produtora
2006 Stranger than Fiction Penny Escher
2006 Ice Age: The Meltdown Ellie Voz
2006 Last Holiday Georgia Byrd
2007 Hairspray Motormouth Maybelle
2007 Perfect Holiday, TheThe Perfect Holiday Mrs. Christmas Produtora
2008 Mad Money Nina Brewster
2008 What Happens in Vegas... Dr. Twitchell
2008 Secret Life of Bees, TheThe Secret Life of Bees August Boatwright
2009 Ice Age: Dawn of the Dinosaurs Ellie Voz
2010 Historias do San Valentín Paula Thomas
2010 Just Wright Leslie Wright Produtora
2011 Dilemma, TheThe Dilemma Susan Warner
2012 Ice Age: Continental Drift Ellie e unha serea Voz
2012 Joyful Noise Vi Rose Hill
2013 House of Bodies Nicole Produtora executiva
2014 22 Jump Street Mrs. Dickson
2016 Miracles from Heaven Angela
2016 Ice Age: Collision Course Ellie Voz
2017 Girls Trip Sasha Franklin
TBD Hustle
  1. "Monitor". Entertainment Weekly (1251): 25. 22 de marzo de 2013. 
  2. Jason Buchanan, Allmovie (2008). "Queen Latifah:Biography". MSN. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2009. Consultado o 4 de setembro de 2008. 
  3. On Da Come Up with Clap Cognac Arquivado 17 de agosto de 2011 en Wayback Machine. de HipHopRuckus.com, 24 de febreiro de 2009. Consultado o 13 de xuño de 2009.
  4. Winfrey, Oprah (15 de xullo de 2007). "Queen Latifah's Aha! Moment". The Oprah Winfrey Show. Arquivado dende o orixinal o 1 de marzo de 2011. Consultado o 16 de setembro de 2010. 
  5. Rochlin, Margy (outubro de 2008). "Queen Latifah: Queen Bee". Reader's Digest. Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2010. Consultado o 19 de setembro de 2010. 
  6. Hyman, Vicki (18 de xullo de 2007). "The Queen holds court". The Star-Ledger. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 21 de xullo de 2007. 
  7. Witchel, Alex (5 de outubro de 2008). "Her Highness Still Rules". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 1 de agosto de 2017. Consultado o 18 de febreiro de 2017. 
  8. 8,0 8,1 8,2 Afirmado nunha entrevista en Inside the Actors Studio, 2006
  9. Queen Latifah Discusses God, Jesus, Rap, and Her New Movie, 'Last Holiday,' in this Beliefnet Interview – Arquivado 3 de febreiro de 2006 en Wayback Machine.. Beliefnet.com. Consultado o 1 de outubro de 2011.
  10. "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 1 de xuño de 2009. Consultado o 23 de setembro de 2009. . People. Consultado o 1 de outubro de 2011.
  11. "'Queen' Of Many Hats". CBS News. 8 de xaneiro de 2003. Arquivado dende o orixinal o 3 de novembro de 2013. Consultado o 31 de marzo de 2018. 
  12. [interview on Access Hollywood Live]. Consultado o 6 de outubro de 2016.
  13. "Queen Latifah | Biography, Music, Movies, & Facts". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 2019-02-26. 
  14. Ebert, Roger; Roeper, Richard (9 de xaneiro de 2006). "Reviews for the Weekend of January 7-8 2006". Movies.com. Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2006. Consultado o 16 de febreiro de 2007. 
  15. "Two Teen-Agers Arrested in Carjacking Involving Rap Star", The New York Times, 18 de xullo de 1995. Consultado o 1 de setembro de 2013.
  16. Slater, Eric (4 de febreiro de 1996). "Rap Singer Arrested on Drug, Weapons Charges". Los Angeles Times. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 2 de xullo de 2014. 
  17. Queen Latifah, Karen; Hunter (1998). Ladies First: Revelations of a Strong Woman. HarperCollins. ISBN 0688156231. 
  18. Rozdeba, Suzanne; Widdicombe, Ben (22 de xuño de 2003). "To 'C' the Queen". New York Daily News. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2006. Consultado o 16 de febreiro de 2007. 
  19. Yahoo entretenimiento "Jamás se lo dije a nadie" - actualizado xuño de 2009
  20. "Queen Latifah paparazzi". Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2010. Consultado o 06 de agosto de 2010. 
  21. Famosos que salieron del closet Arquivado 13 de febreiro de 2021 en Wayback Machine./22843

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar