Marcos Aboal Vázquez
Marcos Aboal Vázquez, é un músico galego, coñecido artisticamente como Pulpiño Viascón[1] ou Bravúboy[2].
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX |
Actividade | |
Ocupación | músico |
Traxectoria
editarDurante a súa carreira formou parte de grupos como Os verjalludos, Skupe Skapa, Irmáns bochechiñas, Os Diplomáticos de Monte Alto, Teck pileck (Frankfurt) ou O Jarbanzo Negro. Ademais, durante este tempo desenvolveu a súa faceta de pallaso en circos de Barcelona e Suíza, entre outros. Tamén colaborou co artista Manu Chao no seu álbum Sibérie m'était contéee e con Susana Seivane.
Compuxo o tema "In the Ocean", ao que pon voz e no que toca o serrón musical. O tema, que pecha o álbum de Bonovo, gañou a primeira edición do concurso A polo ghit en 2006.[3]
No 2012 publicou o seu primeiro álbum en solitario co nome The Very Best of Pulpiño Viascón, onde recopila algúns das cancións que interpreta nos seus espéctaculos na rúa. Do mesmo xeito, na súa canle de YouTube e en SoundCloud tamén publica cancións como Xa vén a Neve[4] ou o seu álbum chiptune Chiptune Bravúboy[2]. Durante a pandemia compuxo cancións de concienciación como Don Covid[5] ou Salvemos a Hostalaría.[6]
Discografía
editar- The Very Best of Pulpiño Viascón (LP) (2012)
- Chiptune Bravúboy (LP) (2014)
- Eu Quero Vir ao San Xoán (Single) (2018)
Notas
editar- ↑ Rodri García (31 de marzo de 2019). "El «primo» del último pirata atlántico". La Voz de Galicia.
- ↑ 2,0 2,1 "BRAVÚBOY-Pulpiño Viascón". SoundCloud (en inglés). Consultado o 2023-05-18.
- ↑ "A Polo Ghit! Un ano máis, na procura da canción do verán". ctnl.gal. Consultado o 2023-05-18.
- ↑ "XA VÉN Á NEVE, PULPIÑO VIASCÓN". Consultado o 2023-05-18.
- ↑ "DON COVID A MUSICLETA E OS INSTRUMENTOS MÁXICOS (DOLMEN DE DOMBATE)". Consultado o 2023-05-18.
- ↑ "Salvemos la Hostelería, Salvemos a Hostalaría". Consultado o 2023-05-18.