Provincia de Salamanca

Salamanca é unha provincia española, situada no suroeste da Comunidade Autónoma de Castela e León.

Modelo:Xeografía políticaProvincia de Salamanca
provincia de Salamanca (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 40°50′N 6°00′O / 40.83, -6
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León Editar o valor en Wikidata
CapitalSalamanca Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación333.603 (2017) Editar o valor en Wikidata (27,01 hab./km²)
Xeografía
Superficie12.349 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Douro, Tormes, Río Alagón, Río Águeda e Rio Huebra (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoCalvitero (pt) Traducir (2.425 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoRío Douro (130 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
Órgano executivoDiputación de Salamanca (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Q56189734 Traducir Editar o valor en WikidataFrancisco Javier Iglesias García (pt) Traducir (2011–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal37 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
ISO 3166-2ES-SA Editar o valor en Wikidata
Código NUTSES415 Editar o valor en Wikidata
Código INE37 Editar o valor en Wikidata

Sitio webdipsanet.es Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4575412

A súa capital é a cidade de Salamanca. Limita ao norte coa provincia de Zamora, ao nordeste coa de Valladolid, ao leste coa provincia de Ávila, ao sur coa de Cáceres e polo oeste confina con Portugal. A súa supeficie é de 12.336 km², o que a converte na terceira provincia de Castela e León, despois de León e Burgos. Consonte con datos do (INE 2005), a provincia conta con 352.414 habitantes, dos cales 160.331 (un 45%) vive na capital.

División administrativa

editar

A provincia está dividida en 362 municipios, dos que máis da metade teñen unha poboación inferior a trescentos habitantes (é a segunda provincia española a respecto do número de municipios, por detrás de Burgos). Os municipios máis poboados da provincia son, á parte da capital, Béjar, Ciudad Rodrigo, Santa Marta de Tormes, Peñaranda de Bracamonte, Guijuelo, Alba de Tormes e mais Vitigudino.
Está organizada en cinco partidos xudiciais: Béjar, Ciudad Rodrigo, Peñaranda, Salamanca e Vitigudino, cos escudos dos cales se compón o escudo provincial.

Xeografía física

editar

A altitude media da provincia é de 830 m sobre o nivel do mar.

O clima é de tipo continental, con invernos fríos e secos e veráns calorosos. A temperatura media é de 3'7 °C en xaneiro (podendo baixar, en días de fortes nevadas, a varios graos baixo cero). En verán a temperatura media é de 24'2 °C, aínda que pode atinxir ata os 35° ou 40 °C.

Comarcas

editar

Gastronomía

editar

Da súa gastronomía, cabe destacar, entre outros, o pernil de Guijuelo, con Denominación de Origen Protegida, e máis unha empanada típica denominada hornazo. Menos coñecidos, fóra da rexión, son o lechazo, cochinillo ou tostón asado, o farinato (procedente de Ciudad Rodrigo), o bollo maimón e mais os chochos de yema. En Salamanca é típica a sopa de allo.