Provincia de Calatayud
A Provincia de Calatayud foi unha provincia española creada o 27 de xaneiro de 1822, durante o Trienio liberal. Comprendía as comarcas zaragozanas de Comunidade de Calatayud, Campo de Daroca, Aranda, e sur de Valdejalón, o norte da turolense Comarca do Jiloca, así como municipios limítrofes das actuais provincias de Soria e Guadalaxara. Nun principio debateuse en Cortes si a maior parte destas poboacións debían radicar na futura provincia de Teruel ou constituír unha propia.
A súa poboación era de 105.947 habitantes, o que representaba o 0,9% da poboación total española da época. A capital era Calatayud.
Coa restauración do absolutismo, revógase esta división territorial o 1 de outubro de 1823, volvendo á división anterior. A Reforma de Javier de Burgos en 1833 recuperará a división de 1822, excepto as provincias de Calatayud, o Vierzo e Xàtiva.
En 1842 abriuse de novo o debate sobre a provincia de Calatayud, pero contou cunha firme oposición das provincias veciñas de Guadalaxara, Soria e Zaragoza, enterrándose finalmente a reclamación.
Concellos
editarA provincia de Calatayud estaba formada polos seguintes concellos: