Marie-Anne de La Trémoille

Diplomática francesa
(Redirección desde «Princesa dos Ursinos»)

Marie-Anne de La Trémoille, princesa dos Ursinos, nada en París en 1642 e finada en Roma o 5 de decembro de 1722, foi unha nobre francesa da corte de Filipe V de España. Era prima de Bonne de Pons (1641-1709), marquesa de Heudicourt e amante de Lois XIV de Francia.

Modelo:BiografíaMarie-Anne de La Trémoille

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1642 Editar o valor en Wikidata
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte5 de decembro de 1722 Editar o valor en Wikidata (79/80 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de San Xoán de Latrán Editar o valor en Wikidata
Camareira maior de palacio María Luísa de Savoia
1706 – 1714
Camareira maior de palacio María Luísa de Savoia
1702 – 1704 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndiplomática, política Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloPrincesa Editar o valor en Wikidata
FamiliaHouse of La Trémoille (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeFlavio Orsini (1675–1698), morte do cónxuxe
Adrien Blaise de Talleyrand, Prince de Chalais Editar o valor en Wikidata
PaisLouis II de La Trémoille Editar o valor en Wikidata  e Renée Julie Aubery de Tilleport Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
BNE: XX971180

Traxectoria

editar

Marie-Anne era filla do aristócrata francés Lois II de La Trémoïlle, duque de Noirmoutier (1612–1666) e da súa esposa, Renée Julie Aubery de Tilleport. Casou en primeiras nupcias en 1659 con Adrien Blaise de Talleyrand-Périgord, príncipe de Chalais, que ingresou ao servizo do rei de España, aínda que despois foi feito prisioneiro en Portugal e morreu pouco despois da súa liberación en Italia.

Volveu casar en segundas nupcias (febreiro de 1675) co príncipe romano Flavio degli Orsini, duque de Bracciano (1620–1698).[1] O príncipe era o xefe da poderosa familia Orsini, era príncipe de Nerola e duque de Bracciano e tiña a esperanza de obter favores financeiros de Lois XIV co seu matrimonio, a pesar das súas moitas posesións.

Ao enviuvar por segunda vez, decidiu gardar loito ao seu esposo en morado, polo que o cardeal de Bouillon, Emmanuel-Théodose de La Tour d'Auvergne, que se atopaba en Roma e era achegado seu, se opuxo enerxicamente a ela. O motivo do afastamento foi que Bouillon instaurara a moda de que só o rei e os cardeais podían levar loito en morado; porén, tras un desacordo coa familia real só puido conseguir que os cardeais non volvesen levar loito. O seu irmán, o abade Joseph-Emmanuel de La Trémoille, adheriuse a esta oposición e a certos problemas da herdanza de Orsini, polo que a duquesa decidiu denuncialo ante a Inquisición. O cardeal de Bouillon apoiou o abade e enviouno a Nápoles ata poñelo a salvo. Foi nese tempo en que a duquesa mantiña un litixio cun sobriño do papa Inocencio XI, Livio Odescalchi, que pretendía ser herdeiro do difunto duque e a quen finalmente tivo que vender as propiedades e o ducado,[2] asumindo así o título de Princesa dos Ursinos (Princesa Orsini).

Lois XIV, de quen gozaba de plena confianza, encargoulle acompañar o mozo Filipe V a España cando este asumiu a coroa aos dezasete anos de idade, en 1700.[2] Ela intrigara coa súa amiga, a duquesa Marie Christine de Noailles, para que puidese obter o favor do rei. Foi nomeada camareira maior de palacio da raíña María Luísa Gabriela coa encarga de dirixila e tutelala. Mostrou entón unha enorme ambición sen escrúpulos e interveu en numerosas intrigas con camarillas francesas establecidas na corte. Lois XIV ordenoulle regresar a Francia en 1704, mais axiña volveu á península e converteuse, xunto co ministro Orry, nunha das personaxes máis decisivas da política española.

Todos os negocios do Estado pasaban polas manos desta hábil e discreta axente do Rei Sol, que impulsou a Filipe V a manterse firme na Guerra de Sucesión e interveu nas negociacións que precederon aos tratados de Utrecht (1713) e Rastatt (1714). Negociou tamén as segundas nupcias do primeiro dos Borbóns españois con Isabel de Farnesio, considerada unha beata nula e submisa e, como descendente dunha pequena dinastía semirreal da feble Italia, sen ningún valor político propio. Esta decisión foi tomada sen ser nin consultada con Versalles, o que molestou abondo a Lois XIV e a madame de Maintenon para afastar a princesa do rei de España.

O 23 de decembro de 1714, en vésperas do Nadal e ao pouco da chegada a España de Isabel, a princesa foi a recibila a Jadraque (Guadalajara) e aí, en lugar de recibir as grazad da nova raíña, foi expulsada de España ata a fronteira con Francia escoltada por cincuenta membros da Garda de Corps. Á súa saída déronse grandes cambios en España, o seu posto de camareira maior foi ocupado pola condesa viúva de Altamira, o de caballerizo maior da raíña por Antonio del Giudice, o de embaixador de España en Francia polo duque de Saint-Agnan e outros tantos postos polo cardeal Francesco del Giudice, o duque de Veragua e o conde de Frigiliana.

Cando chegou a París, hospedouse na casa do seu irmán, Antoine-François de La Trémoille, duque de Royan, para posteriormente, en marzo de 1715, visitar en Versalles a Lois XIV, quen a pesar de todo lle concedeu unha pensión vitalicia. O 6 de agosto dese mesmo ano foi despedirse do moribundo rei de Francia en Marly, motivada pola rápida ascensión do seu inimigo, o duque de Orleáns.

O 14 de agosto de 1715, partiu de París sen rumbo fixo impulsada polo temor a Orleáns. Primeiro pensou en emigrar a Holanda, logo a Roma ou a Utrecht, mais finalmente se decidiu por Xénova. Logo de permanecer en Xénova, instalouse en Roma, onde estreitou a relación co seu irmán, o cardeal La Trémoille, e se achegou ao triste intento de corte de Xacobe Francisco Eduardo Estuardo, pretendente xacobita ao trono inglés.

Legado

editar

A princesa dos Ursinos está recoñecida por comezar a controlar o poder da igrexa e da inquisición, e por tratar de ordenar as finanzas.[2] Tamén se considera a introdutora da esencia de laranxa amarga como fragrancia de moda por empregala para perfumar as súas luvas e o seu baño. Dende entón, o nome de Neroli (ela era princesa de Nerola, no Lacio) usouse para describir esta esencia.

editar
  1. O apelido degli Orsini traduciuse como des Ursins en francés e como de los Ursinos en castelán.
  2. 2,0 2,1 2,2 Chisholm 1911.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar