Primeira división española 1930/31


A tempada 1930/31 da Primeira división española foi a terceira edición do torneo. Celebrouse entre o 7 de decembro de 1930 e o 5 de abril de 1931. O Athletic de Bilbao revalidou o título conseguido a tempada anterior e converteuse no primeiro club en encadear dúas ligas consecutivas. Tamén por primeira vez na historia do torneo o título se decidiu por goal average, ao rexistrarse un triplo empate na primeira posición.

Modelo:Competición deportivaPrimeira división española 1930/31
TipoPrimeira División Española Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
OrganizadorReal Federación Española de Fútbol Editar o valor en Wikidata
Liga inferiorSegunda división española 1930/31 Editar o valor en Wikidata
Número de participantes10 Editar o valor en Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Período de tempotempada 1930-1931 Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo7 de decembro de 1930 – 5 de abril de 1931 Editar o valor en Wikidata
Número de edición3 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoAthletic Club Editar o valor en Wikidata
Datos estatísticos
Partidos90 Editar o valor en Wikidata
Goles384 Editar o valor en Wikidata

Tomaron parte na competición dez clubs. Por primeira vez desde a súa fundación, a Primeira División española acolleu a un debutante: o CD Alavés, que se converteu no primeiro equipo en lograr ascender á máxima categoría. Ningún equipo galego disputou a categoría.

Clasificación final

editar
Pos Equipo X G E P GF GC DG GA Ptos
1 Athletic Club de Bilbao 18 11 0 7 73 33 40 2,2 22
2 Real Santander RC 18 10 2 6 49 37 12 1,3 22
3 Real Sociedad 18 10 2 6 42 39 3 1,0 22
4 FC Barcelona 18 7 7 4 40 43 -3 0,9 21
5 Arenas Club de Getxo 18 8 2 8 35 38 -3 0,9 18
6 Real Madrid 18 7 4 7 24 27 -3 0,8 18
7 Real Unión Club 18 6 4 8 41 45 -4 0,9 16
8 CD Alavés 18 5 4 9 25 39 -14 0,6 14
9 RCD Español 18 6 2 10 32 45 -13 0,7 14
10 CD Europa 18 6 1 11 23 38 -15 0,6 13
Descenso a Segunda División

Ascenso a Primeira División

editar

O Valencia FC ascende a Primeira División tras resultar campión de Segunda División.

Resultados

editar
Are Ath Bar DAl Esp Eur Rac RMa RSo RIr
Arenas 3:2 5:0 1:1 1:0 1:0 4:2 4:1 1:3 1:2
Athletic Club 5:2 12:1 7:1 5:1 4:1 7:1 2:4 6:1 1:2
FC Barcelona 2:0 6:3 1:1 6:2 0:2 1:1 3:1 5:1 5:3
Alavés 3:2 1:4 1:1 4:1 2:0 2:5 2:0 1:2 3:1
Español 5:0 0:4 4:4 2:0 4:0 4:1 1:1 1:0 4:2
Europa 1:4 2:1 2:2 1:0 3:1 1:2 0:3 2:1 2:1
Racing 4:1 4:1 0:1 4:0 4:0 2:1 3:0 2:5 4:1
Real Madrid 1:2 0:6 0:0 1:0 2:0 3:1 0:0 2:0 3:0
Real Sociedad 4:1 1:0 4:1 2:2 2:1 3:1 4:7 2:1 3:3
Real Unión 2:2 2:3 1:1 4:1 6:1 4:3 4:3 1:1 2:4

Premios individuais

editar

Máximos goleadores

editar
 
Bata estableceu a marca de goles marcados por un futbolista nun partido de Primeira División, grazas aos sete tantos que lle fixo ao FC Barcelona.

Con 27 goles -29 segundo algunhas fontes- en 17 partidos, Agustín Sauto, 'Bata' estableceu unha nova marca goleadora na Primeira División, que se mantivo vixente durante unha década. O refacho goleador do dianteiro vasco tivo o seu punto álxido no histórico 12-1 do Athletic Club ao FC Barcelona, partido no que marcou sete goles, unha marca que aínda segue vixente e que só Ladislao Kubala puido igualar anos máis tarde.

Pos. Xogador Equipo Goles Partidos
  Agustín Sauto, 'Bata' Athletic Club 27[1] 17
  Guillermo Gorostiza Athletic Club 17[2] 18
  Ángel Arocha FC Barcelona 16 15
  Santiago Urtizberea Real Unión Club 15[3] 17
  Ignacio María Alcorta, 'Cholín' Real Sociedad 13[4] 17
  Luis Regueiro Real Unión Club 11 18

Porteiro menos goleado

editar
  1. A LFP e o Diario Marca conceden a Bata 27 goles; outras fontes, como a obra Historia y estadística del fútbol español concédenlle 29 tantos.
  2. A LFP concede a Gorostiza 17 goles; outras fontes, como a obra Historia y estadística del fútbol español concédenlle 15 tantos.
  3. A LFP concede a Urtizberea 15 goles; outras fontes, como a obra Historia y estadística del fútbol español concédenlle 13 tantos.
  4. A LFP concede a Cholín 13 goles; outras fontes, como a obra Historia y estadística del fútbol español concédenlle 11 tantos.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar